Fundación CEO e Fundación Meniños. Catro escolas de teatro estrearán unha obra no Principal a favor da Fundación Meniños

Pretenden recaudar fondos para sufragar programas asistenciais

Catro escolas de teatro –Obradoiro municipal de teatro de Palas de Rei, Aula de Teatro do IES de Melide, Aula de Teatro do CPI de Touro e Avelaiñas Teatro, do IES Antón Losada de A Estrada-, estrearán o próximo día 27 de febreiro no Teatro Principal de Ourense, a obra Gorentosadas. A iniciativa ten un carácter solidario co que se pretenden recaudar fondos para levar a cabo programas de axuda a nenos en grave situación socioeconómica ou de vulnerabilidade, segundo apuntou Yudit González, delegada da Fundación Meniños en Ourense. O custe do espectáculo será de dous euros e en palabras de González a cantidade recadada irá destinada iste ano a rapaces que sufren violencia de xénero na sua familia.

Haberá dous pases: un ás 12 do mediodía para escolares e outo ás 20,30 para o público en xeral.
Yudit González agradeceu especialmente aos actores a sua solidariedade con Meniños, “que asumen a axuda como unha causa propia a favor de nenos e familias necesitadas e en risco de exclusión”. Tamén agradecu a colaboración da Fundación CEO, así como das aulas de teatro participantes na iniciativa.

Xosé Eixo, profesor, actor e representante da Aula de Teatro da Estrada fixo fincapé en que a solidaridade non só se produce “hacia fóra, neste caso con Meniños, senon que vai tamén cara dentro”, pois o teatro permite crear “un gran grupo humano”, obxectivo que situou antes que o de lograr grandes actores de teatro entre os rapaces. “A visión da solidariedade fainos ser mellores a todos”.
Afonso García, director de Metátese Teatro, que coordina o proxecto artístico acollido baixo “Gorentosadas”, manifestou que se trata “dun espectáculo moi variado” que trata temas actuais e describe situacións da vida real. O seu método, dixo, susténtase “na valoración do individuo para lograr logo un traballo coral”. A obra será estrea no próximo Teatro Principal o día 27, dende onde arrancan as representacións que os levarán por varios puntos de Galicia.

Más información…

teatro27feb

IMG_7477_