ABANCA e Fepega alíanse cun convenio para recuperar a actividade comercial

  • O banco e a federación de perruqueiros asinan un convenio de colaboración para reactivar a actividade económica e facilitar o acceso ao crédito dos asociados
  • Os clientes destes comercios poderán aprazar o pago dos seus servizos grazas ao novo servizo de financiamento instantáneo no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS

24.07.2015. ABANCA e a Federación de Empresarios de Perruquería e Estética de Galicia (Fepega) veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración. O obxectivo está posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes deste sector.

O presidente da Federación de Empresarios de Perruquería e Estética de Galicia, Jesús Saiz Vidal, e o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, rubricaron hoxe un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co pequeno comercio de Galicia.

O documento asinado recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Ademais, e para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes dos negocios accederán ao novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos.

Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Desta maneira, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa catro deputacións galegas, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR.

Fepega xa agrupa os intereses de perto de medio millar de establecementos deste sector en Galicia, que xeran arredor de mil cincocentos postos de traballo na nosa comunidade. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

20150724 Convenio Fepega