Unhas xornadas debatirán en Trives sobre o futuro da comarca dende iniciativas para o aproveitamento dos recursos propios

O “Foro Trives” pretende promover o cooperativismo entre os xóvenes como medio de vida e para crear novos postos de traballo

 O Foro Trives 2015 quere apuntalar o futuro da comarca a través da promoción, aproveitamento e comercialización dos productos propios e tradicionais do entorno, segundo puxeron de manifesto os promotores da iniciativa na sua presentación pública. Asistiron Ascensión Fernández, presidenta da cooperativa “TuTrives”; o alcalde de Manzaneda, David González; o de Trives, Francisco José Fernández; o vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Virxilio Rodríguez; e Miguel Vázquez Durán, representante da CEO, entidade anfitriona.

A presidenta de “TuTrives”, entidade promotora do Foro, que se desenvolverá os días 10 e 11 de decembro en Trives, destacou que se trata da “primeira cooperativa rural de turismo de Galicia”, que abarca a empresas e persoas das Terras de Trives e que abarcan sectores diversos pero vencellados aos productos da terra e os recursos naturais do entorno, como a elaboración de queixos, viños, hoteis, bicas ou servizos, por exemplo. O programado foro incluirá xornadas de estudo sobre a situación actual do medio rural, iniciativas de desenvolvemento sostible, turismo, innovación tecnolóxica e cooperativismo e colaboración.

Referíndose concretamente ao Foro Trives, Ascensión apuntou que trata de ser un punto de encontro e un altavoz para a comarca, pero sobre todo, pretende “fomentar o cooperativismo entre os xóvenes” para garantir a sustentabilidade das iniciativas e xerar postos de traballo para os xoves da comarca fomentando o asentamento poboacional.

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, sinalou que o Foro Trives pretende ser “un punto de encontró para buscar solución” aos retos da degradación do rural, a base de “aproveitar os recursos propios da comarca e crear emprego”. Nese senso, sinalou que “o turismo de montaña” de Manzaneda “ten que ser primordial”. “Os promotores queren que iste proxecto serva para debater experiencias e presentar ferramentas que sirvan para dinamizar o noso entorno”. Agradeceu a Tutrives, ao concello trivés, así como á CEO e á Universidade o seu respaldo á iniciativa.

Pola sua banda Francisco José Fernández, alcalde de Trives, anunciou que no foro daránse cita “iniciativas públicas e privadas”, coas que se xerará debate e se coñecerán experiencias interesantes. Asimiesmo, sostuvo que “ao final das xornadas haberá un documento de conclusións”, para tratar de polas en marcha. Subliñou o rexedor trivés a unidade de acción entre o seu concello e o de Manzaneda, trascendendo os localismos, “pois non ten futuro; hai que traballar en común”.

O vicerreitor Virxilio Rodríguez puxo énfase na consideración da Universidade “como un instrumento ao servizo da sociedade” na aportación de saber e coñecemento. “É a idea fundamental que nos move e nos sitúa no mundo, engadindo nise senso que “a universidade debe ser ‘instrumentalizada’” por parte da sociedade na que vive para aproveitar toda a sua capacidade.

Virxilio Rodríguez amosou a sua convicción de que “o futuro do rural non vai vir polas reduccións de persoal ou de prezos, senon polo coñecemento aplicado. Deu a coñecer que a universidade ingresa anualmente en torno a medio millón de euros de renda polo seu labor de investigación, insistindo en que “estamos ao servizo de quen acuda a nós”.

Na mesma línea se pronunciou Miguel Vázquez da CEO, amosando a dispoñibilidade e a vocación da organización empresarial para contribuir e impulsar proxectos de desenvolvemento na provincia e en particular das Terras de Trives. Apuntou a Oficina de Inversións da CEO, recentemente posta en marcha, como instrumento para pór en contacto a potenciais inversores con xente de Ourense que teña ideas ou empresas para emprender é precisen financiación.

Todos coincidiron na importancia que ten a estación de montaña de Manzaneda para a comarca, pois exerce como polo de atracción de visitantes que “consumen mais que neve”. Nise senso, tamén coincidiron os alcaldes e mais a presidenta e TuTrives, que o papel da estación de montaña debe ser contemplado como un elemento estratéxico no que “o seu rendemento ou rendibilidade vai mais alá da conta de resultados ao final de cada exercicio”.

IMG_6563_

IMG_6555_

FORO_TRIVES_1_

FORO_TRIVES_2_