Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil: GALEUROPA. 2016

A Confederación Empresarial de Ourense é beneficiaria do Programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil: GALEUROPA. 2016

Obxectivos:
• Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
• Complementar a competencia profesional e persoal.
• Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
• Fomentar a autonomía persoal.

Estadías de 2 meses e 15 días de prácticas formativas non remuneradas en Portugal.

Requisitos:
• Entre 18 e 30 anos.
• DNI ou pasaporte válido en vigor para poder viaxar.
• Estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil
• Tarxeta sanitaria Europea.
• Non ter traballado no último mes.
• Non ter realizado ningún curso de máis de 40 horas nos últimos 3 meses.
• Ter a motivación para vivir a experiencia de 2 meses e 15 días en Portugal..
Presentación de solicitudes: enviando por correo electrónico a europeos@ceo.es cos seguintes datos: CV, copia do DNI e Certificado actualizado de estar de alta no SNGX. Indicando o perfil de empresa para a realización das prácticas .
Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14 horas do día 2 de agosto.
Para máis información: 988 391 110 / europeos@ceo.es

xunta

unioneuropea