O comercio ourensán pon en marcha a segunda edición da campaña “Días azuis”

Desenvolveráse entre o 7 e o 21 de maio e destinará máis de 4.000 € en premios para estimular as vendas nos establecementos de proximidade da provincia

A Federación de Comercio de Ourense e as súas asociacións e comerciantes, participan activamente na segunda edición da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”; organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración con Abanca, que aporta o importe dos premios para os agraciados. A presentación tuvo lugar esta mañán nas instalacións da CEO, coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; a presidenta dos comerciantes ourensáns, Beatriz Gómez; o director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, xunto con outros representantes do comercio ourensán.

Trátase dunha iniciativa que busca dinamizar o comercio de proximidade, incentivando as compras e premiando ós consumidores, desenrolándose entre o 7 e o 21 de maio. As compras realizadas durante este tempo poden entrar no sorteo de 16.200 euros para toda Galicia (4.000 por provincia), repartidos en 80 tarxetas prepago regalo de 300 e 150 euros, cedidas por Abanca. O sorteo terá lugar ante notario o día 25 de maio, segundo dixo o presidente da Federación Galega de Comercio.

José María Seijas engadiu que nesta ocasión “o comercio vístese de azul durante esta campaña, identificándose cun círculo azul grande, imaxe da iniciativa, e outros elementos corporativos. Ademáis, búscase promover o emprego das novas tecnoloxías tanto polos consumidores como por parte dos comerciantes. Deste xeito, os clientes dos establecementos que desexen participar, poden facelo rexistrando a compra a través da web da campaña www.diasazuis.com ou solicitando que o rexistre o comerciante en www.diasazuis.com/comercios”.

O presidente dos comerciantes suliñou que “Días Azuis” é “unha homenaxe ós clientes, aos que queremos premiar con esta campaña”. A cuantía dos premios deberá ser invertida nos establecementos comerciais” adheridos á entidade convocante. O ano pasado participaron no sorteo 70.000 tickets de compra, porén José María Seijas amosouse convencido de que “este ano superemos os 100.000”, quen apuntou que esta campaña non será “unha solución para o comercio galego, pero sí un estímulo”.

A directora xeral, pola sua parte, tamén se amosou convencida de que a campaña “vai a ser un completo éxito”. Manifestou que con ela “queremos reivindicar o comercio galego e persuadir a comprar en establecementos locais e produtos de proximidade para xerar emprego e crear actividade económica”. “Queremos que se visualice singularmente o comercio galego e tamén homenaxear aos profesionais que cada mañán abren a porta para vender produtos de calidade e do noso entorno.

Na edición do ano pasado, na provincia de Ourense, as agrupacións de Verín e Carballiño foron das máis activas na campaña, segundo informou a presidenta provincial, Beatriz Gómez.