ABANCA impulsa o crédito dos profesionais e autónomos de Ourense con la firma de un convenio con AEPA (Asociación Empresarial de Profesionales y Autónomos de Ourense)

O banco pon a disposición dos integrantes de AEPA un plan de financiamento integral

  • O documento inclúe vantaxes como o Programa Cero Comisións de ABANCA, o servizo ‘Appúntame’ ou o Sistema Aplazos
  • Con este convenio ABANCA apoiará en colaboración con AEPA, o plan Afiador 2020-2022 para o lanzamento do seu proxecto FNV ó obxecto de potenciar a Formación, Networking e Visivilidade do autónomo ourensán.


ABANCA firma un novo convenio de colaboración coa Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA), amosando así o seu apoio aos empresarios, a través de seu compromiso directo coa súa viabilidade e o seu crecemento en Ourense.

O convenio foi subscrito esta mañá en Ourense polo presidente da asociación, David Martínez Alonso, e o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román.

Grazas a este convenio, o banco pon a disposición dos empresarios pertencentes á asociación un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. Os profesionais e autónomos terán á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou corfirming segundo as súas necesidades. O convenio tamén reserva un espazo ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a súa disposición a banca electrónica, o Bróker Online ou ABANCA Pay. Tamén o servizo ‘Appúntame’, para xestionar de xeito sinxelo calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións tanto para eles como para seus clientes.

Os profesionais tamén se poderán beneficiar de TPVs físicos e virtuais con grandes vantaxes, así como dispor do Sistema Aplazos co que aumentar as súas vendas ao ofrecer a posibilidade de financiar compras de xeito sinxelo, rápido e económico; e o servizo ‘Applázame’, que permite unha financiación inmediata e segura dende o móbil.