A Confederación Empresarial de Ourense co financiamento do Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ven de poñer en marcha o Programa para o Fomento da Inclusión Social o Acceso e a Permanencia no Mercado Laboral, destinado fundamentalmente a persoas en exclusión social ou en risco de sufrila.
Do 01 de xullo do 2018 ata o 30 de xuño 2020 a CEO desenvolverá unha serie de actuacións coas que apoiará e axudará a estas persoas con problemas, con cursos, actividades, charlas, busca de ofertas, intermediación co tecido empresarial, e moitas máis accións, co fin de que teñan máis posibilidades de incorporarse ao mundo laboral.
Se eres unha destas persoas e queres participar non o dubides e ponte en contacto con nós no 988 391 110 ou en conborumbo@ceo.es
—
![]() |
|
ConBoRumbo
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020) Operación cofinanciada pola Unión Europea Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social O FSE invirte no teu futuro
|