Exposición a axentes químicos no sector industrial.
Factores de risco relacionados co xénero da persoa traballadora



EXPOSICIÓN A AXENTES QUÍMICOS NO SECTOR INDUSTRIAL. FACTORES DE RISCO RELACIONADOS CO XÉNERO DA PERSOA TRABALLADORA



CONSELLO EDITORIAL DA CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE

Presidenta

María Sol Nóvoa Rodríguez

Vicepresidentes

Alejandro Cruz Iglesias

Rosa María Sánchez Gándara

Beatriz Gómez Valcárcel

César Blanco Gómez

Tesoreiro

Juan Manuel Piñeiro Rivas

Contador

David Martínez Alonso

Secretario Xeral

Jaime L. Pereira Novoa

Realiza

Confederación Empresarial de Ourense

IDEARA INVESTIGACIÓN

Edita

Confederación Empresarial de Ourense

Praza das Damas, 1, 32005 Ourense

Tfno. 988 391 110

Correo electrónico: prevencion@ceo.es

Co financiamento da Xunta de Galicia

Acción desenvolvida segundo a Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de
fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020.

Expediente nº TR852A 2020/17-0




1.    PRESENTACIÓN

Existen riscos laborais que afectan de xeito desigual a homes e mulleres debido a múltiples factores e isto débese ter en conta á hora de xestionar os riscos laborais.

É necesario contar con estudos de PRL desde a perspectiva de xénero, co fin de analizar os efectos de determinados riscos sobre a seguridade e saúde das mulleres traballadoras, como é neste caso na exposición a axentes químicos no sector industrial.

Na actualidade hai escasa ou ningunha información sobre os diferentes riscos de exposición a certos produtos químicos con enfoque de xénero.

Polo xeral, os estudos realizados para analizar a exposición das persoas traballadoras a produtos ou contaminantes químicos baseáronse en investigar os seus efectos sobre os homes, sen ter en conta o seu impacto nas mulleres. Incluso a investigación médica realízase normalmente en suxeitos masculinos.

Sen embargo homes e mulleres teñen diferenzas biolóxicas, fisiolóxicas e físicas que teñen especial importancia na exposición aos riscos químicos. Os diferentes sistemas inmunes e influencias hormonais poden desempeñar un papel determinante en como son absorbidos os químicos no corpo e os seus efectos. Ademais, as mulleres, polo xeral, teñen menor corpulencia que os homes e unha pel máis fina, o que pode reducir o nivel de toxinas ás que poden expoñerse de maneira segura. Doutra banda, o limiar de tolerancia inferior agrávase pola maior porcentaxe de graxa corporal que existe nas mulleres, no que algúns químicos poden acumularse. A isto hai que engadir as desigualdades de xénero, que condicionan o tipo de riscos e exposición.

Conscientes da importancia de integrar o enfoque de xénero en todas as medidas e actuacións preventivas e así detectar todas as particularidades existentes concretamente no sector industrial e enfocar de maneira adecuada as importantes desigualdades que se constatan nas condicións de traballo entre mulleres e homes e na exposición aos riscos químicos, a Confederación Empresarial de Ourense, a través do seu Gabinete de Prevención, impulsou o desenvolvemento deste estudo, co financiamento da Xunta de Galicia.

No documento analízanse estas e outras cuestións, co fin expoñer os factores intrínsecos á persoa traballadora e outros factores de risco químico aos que están expostas as mulleres no sector industrial, así como se é tido en conta o enfoque xénero nas avaliacións de riscos químicos realizadas nas empresas do sector Tamén se presentan unha serie de medidas preventivas e propostas para integrar o enfoque de xénero na xestión da PRL.

María Sol Nóvoa Rodríguez

Presidenta da Confederación Empresarial de Ourense



2.    OBXECTIVO E ALCANCE DO ESTUDO

2.1.       OBXECTIVO

O obxectivo xeral do estudo é analizar os factores de risco químico aos que están expostas as mulleres traballadoras no sector industrial e coñecer se nas avaliacións de riscos e outras actuacións realizadas nas empresas galegas do sector para xestionar estes riscos se ten en conta a perspectiva de xénero, para finalmente propoñer unha serie de medidas e recomendacións preventivas nas que se teña en conta o factor xénero.

2.2.       ALCANCE

O estudo céntrase no sector industrial galego, especialmente naquelas actividades nas que existe unha maior exposición das persoas traballadoras a axentes químicos ou tóxicos, como son a industria química ou farmacéutica, téxtil e calzado, de alimentación, automoción, ou na elaboración de pinturas, plásticos, etc.

O procedemento de análise enfócase no estudo e descrición, desde o punto de vista da seguridade e saúde laboral, das necesidades de inclusión do enfoque de xénero no sector industrial en Galicia, especialmente para previr a exposición aos riscos químicos.

Así contribuirase a obter postos e espazos de traballo seguros para todas as persoas traballadoras tendo en conta as súas necesidades específicas, reducindo a sinistralidade laboral no ámbito industrial e mellorar a sensibilización e concienciación do persoal directa ou indirectamente vinculado ao ámbito da prevención de riscos laborais.

Esta publicación está dirixida a:

·         Empresarios/as e traballadores/as do sector industrial.

·         Técnicos/as de prevención de riscos laborais e outros profesionais do ámbito da seguridade e saúde no traballo.

·         Axentes económicos e sociais.

·         Calquera persoa interesada neste tema.



3.    METODOLOXÍA DE TRABALLO EMPREGADA

Para acadar o obxectivo marcado no estudo definiuse unha metodoloxía baseada na combinación de distintas fontes de recompilación de datos, tanto primarias (entrevistas en profundidade con expertos/as e focus group) como secundarias (consulta de fontes documentais e arquivísticas).





R  CONSULTA DE FONTES DOCUMENTAIS

A consulta de fontes documentais foi clave para o desenvolvemento do estudo. Centrouse principalmente na consulta de:

·         Normativa de PRL e laboral, NTP, informes, estudos e guías de PRL  (INSST, ISSGA, servizos de prevención alleos, institutos de PRL, etc.).

·         Estudos de epidemioloxía e sinistralidade laboral.

·         Fichas e guías de produtos químicos.

·         Estatísticas laborais e estudos económicos e sectoriais.

·         Artigos científicos e de prensa.

·         Outra documentación relevante para o desenvolvemento do proxecto.


R  ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

A principal ferramenta para a recollida de datos de carácter primario foi a entrevista en profundidade a persoas expertas na materia.





Coas entrevistas obtívose información, tanto sobre os aspectos analizados na consulta de fontes documentais, como sobre experiencias, recomendacións e outras apartacións que permitiron profundar no tema.


R  FOCUS GROUP CUN PANEL DE PERSOAS EXPERTAS

Outra das principais técnicas de recollida de información foi o focus group a través dun panel composto por persoas expertas, ao que se lles presentou algunhas das informacións ou conclusións obtidas nas entrevistas co obxectivo de contrastar estes resultados e obter o consenso do grupo participante.





4.    MARCO NORMATIVO DE REFERENCIA

Actualmente no ámbito laboral segue a estar patente a necesidade de analizar e avaliar a afectación particular das mulleres no seu traballo, sexa o que sexa, tendo en conta as singularidades que lles son propias, por exemplo, no caso de embarazo e lactación ou por diferenzas físicas, biolóxicas ou fisiolóxicas cos homes. Por estas diferenzas as mulleres poden verse expostas a diferentes niveis de risco laboral polas condicións do lugar de traballo, polo medio ambiente, polo equipamento empregado ou polas materias primas ou os produtos que están presentes ou se manipulan no posto de traballo, cunha especial consideración aos axentes químicos.

Por esta razón desenvólvense normativas en todo o mundo que tratan de facer visible a muller e as súas circunstancias.

O regulamento a considerar emana a nivel internacional de organizacións como a ONU (Organización das Nacións Unidas) ou a OIT (Organización Internacional do Traballo), mediante convenios e recomendacións que España ratificou e ratifica, habitualmente, na súa práctica totalidade.

O mesmo ocorre coas entidades a nivel comunitario, das que España traspón e trasporá as distintas normativas, adaptándoas á lexislación española, tales como a Unión Europea, a través das súas Directivas, o Consello de Europa ou a Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA).

A nivel nacional tamén se está a considerar a situación particular das mulleres no ámbito laboral. Ademais da lexislación nacional e de cada comunidade autónoma, entidades de referencia como o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST)[1] tamén teñen en conta a perspectiva de xénero nas súas publicacións; incluso as empresas e os sindicatos nos seus acordos, os convenios colectivos, inclúen as medidas expresadas nos niveis superiores, cos matices que entre eles consideren adecuados á especificidade do seu sector de actividade.

En calquera caso e logo da consulta co panel de persoas expertas participantes no estudo, non hai evidencia da existencia de normativas que inclúan a perspectiva de xénero á hora de tratar o tema dos contaminantes químicos e os diferentes efectos sobre as mulleres ou os homes máis alá da específica para a situación de embarazo ou lactación. Todo isto a pesar de que hai datos estatísticos que evidencian a diferenza de incidencia na exposicións aos riscos en ambos os dous sexos, onde as mulleres son máis afectadas por enfermidades profesionais que os homes.

As persoas expertas consideran que o enfoque de xénero é clave nos estudos sobre contaminantes químicos no lugar de traballo, porque as diferenzas son claras e evidentes.

"Considero que deberían existir eses estudos porque somos diferentes (…) e os nosos corpos responden de diferente maneira a eses axentes”

(persoa experta entrevistada)

Ademais, o enfoque da normativa sobre prevención de riscos laborais é xeralmente neutro, sen diferenciar entre homes e mulleres, fóra desas referencias á situación de embarazo ou lactación que poidan existir.


4.1.       NORMATIVA INTERNACIONAL

Antes de analizar o marco establecido pola Unión Europea, é importante lembrar as normas que emanan dos organismos internacionais.

Por parte de Nacións Unidas:

·       Carta das Nacións Unidas. Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 1945. Reafirma a fe nos dereitos fundamentais, na dignidade e o valor da persoa humana, na igualdade de dereitos de homes e mulleres e das nacións grandes e pequenas.



o       A igualdade de xénero está no núcleo central dos dereitos humanos e dos valores das Nacións Unidas. Un principio fundamental da Carta das Nacións Unidas é a "igualdade de dereitos entre homes e mulleres" e a protección e promoción dos dereitos humanos das mulleres como responsabilidade de todos os Estados.

·       Pacto Internacional de 19 de decembro de 1966 sobre dereitos económicos, sociais e culturais. Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 1966.

·       Proxecto de convención sobre a eliminación da discriminación contra a muller. Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 1977.

·       Programa interorganizativo para a década das nacións unidas para as mulleres. Asemblea Xeral das Nacións Unidas. 1977.

 

No caso da OIT, a visión que ten da igualdade entre mulleres e homes baséase na promoción da igualdade de oportunidades entre ambos os dous sexos para acceder a un traballo digno, é dicir, un traballo ben remunerado, produtivo e realizado en condicións de liberdade, equidade, seguridade e dignidade humana. A OIT considera que a igualdade de xénero constitúe un elemento decisivo das actividades destinadas á consecución dos seus catro obxectivos estratéxicos:



·      Promover e cumprir as normas e os principios e dereitos fundamentais no traballo.
·      Xerar maiores oportunidades para que mulleres e homes teñan emprego e ingresos dignos.
·      Mellorar a cobertura e a eficacia da seguridade social para todas as persoas.
·      Fortalecer o tripartismo e o diálogo social.

A OIT establece as súas propostas a través dos diferentes Convenios e Recomendacións. A continuación recollemos unha lista de convencións e recomendacións que reflicten a situación particular das mulleres e as relacionadas cos axentes químicos con respecto á afectación ou relación coas mulleres e á súa singularidade biolóxica:

·       Convenio nº 3. Relativo ao emprego das mulleres antes e despois do parto. OIT.1919.
·       Convención nº 4. No traballo nocturno das mulleres. OIT.1919.
·       Recomendación nº4. Protección contra a intoxicación por chumbo. OIT.1919.
·       Convención nº 13. Prohibición do traballo con chumbo ás mulleres. OIT.1921.
·       Convenio nº 103. Relativo á protección da maternidade. OIT.1952.
·       Recomendación nº 95. Relativa á protección da saúde da muller embarazada durante a prestación do traballo. OIT.1952.
·       Recomendación nº128. Sobre o peso máximo. OIT.1967.
·       Convenio nº 136. Acerca do benceno. OIT.1971.
·       Recomendación nº 157. Sobre o persoal de enfermaría. OIT.1977.
·       Recomendación nº177. Sobre os produtos químicos. OIT.1990.

Ademais temos que ter en conta a lexislación relativa a igualdade de oportunidades:

o   Convenio nº 100. Sobre igualdade de remuneración. OIT.1951.

o   Recomendación nº 90.  Sobre igualdade de remuneración. OIT.1951.

o   Convenio nº 111 sobre discriminación (emprego e ocupación). OIT.1958.

o   Recomendación nº 111. Sobre a discriminación (emprego e ocupación). OIT.1958.

4.2.       NORMATIVA EUROPEA

Partindo da Carta Social Europea, do Consello de Europa (1961), que na súa sección 8 da parte I fai explícito que as traballadoras, en caso de maternidade, teñen dereito a unha protección especial; e que na revisión do ano 1996 fóronse incorporando novos dereitos e emendas aprobadas polos Estados, pouco a pouco foi evolucionando o tratado inicial de 1961, garantindo os dereitos e liberdades de todas as persoas na súa vida diaria, algunhas relacionadas directa e explicitamente coa muller, como de novo, a protección da maternidade, condicións de traballo dignas, protección contra a explotación sexual e o acoso psicolóxico, prohibición de todas as formas de explotación (sexual ou non) e protección legal da familia, especialmente, dereitos relacionados con a non discriminación:



·       Dereito de mulleres e homes a igualdade de trato e igualdade de oportunidades laborais.

·       Unha garantía de que todos os dereitos establecidos na Carta son aplicables independentemente da raza, sexo, idade, cor, idioma, relixión, opinións, orixe nacional, antecedentes sociais, estado de saúde ou asociación cunha minoría nacional.

·       Prohibición da discriminación por razóns familiares.

Ademais, Europa regula, a través de directivas, decisións e regulamentos que elaboran as distintas organizacións. Enuméranse a continuación, por exemplo. as relacionadas coa igualdade de xénero e o ámbito laboral e a exposición a axentes químicos:



·       Directiva 89/391/CEE do Consello, do 12 de xuño de 1989, relativa a aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e saúde das persoas traballadoras no traballo.

·       Directiva 92/85/CEE do Consello, do 19 de outubro de 1992, relativa a aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e saúde no traballo da muller embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

·       Directiva 80/1107/CEE do Consello, do 27 de novembro de 1980, sobre protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes químicos, físicos e biolóxicos durante o traballo e as súas modificacións.

·       Directiva 83/477/CEE do Consello, do 19 de setembro de 1983, sobre protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto no traballo (segunda Directiva separada segundo o artigo 8 da Directiva 80/1107 / CEE) e as súas modificacións.

·       Directiva 90/394/CEE do Consello, do 28 de xuño, sobre protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos no traballo (sexta directiva específica segundo o artigo 16, apartado 1, da Directiva 89/391 / CEE) e as súas modificacións.

·       Directiva 91/322/CEE da Comisión, do 29 de maio de 1991, sobre o establecemento de valores límite de carácter indicativo, mediante a aplicación da Directiva 80/1107 / CEE do Consello, sobre protección das persoas traballadoras contra riscos relacionados coa exposición a axentes químicos, físicos e biolóxicos durante o traballo e máis alá.

·       Directiva 96/82/CE do Consello, do 9 de decembro de 1996, sobre o control dos riscos inherentes a accidentes graves con substancias perigosas e as súas modificacións.

·       Directiva 98/24/CE do Consello, do 7 de abril de 1998, sobre a protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos no traballo (décimo cuarta Directiva específica segundo o artigo 16, número 1 da Directiva 89/391 / CEE).

·       Directiva 2000/39/CE da Comisión, do 8 de xuño de 2000, pola que se establece unha primeira lista de valores límite indicativos de exposición profesional en aplicación da Directiva 98/24 / CE do Consello sobre a protección do saúde e seguridade das persoas traballadoras contra riscos relacionados con axentes químicos durante o traballo (texto pertinente aos fins do EEE) e seguintes.

·       Directiva 2004/37/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos no traballo (Sexta Directiva específica segundo a sección 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello) (versión codificada)

·       Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e preparados químicos (REACH), polo que o Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos e seguintes modificacións e desenvolvemento.

·       Directiva 2008/47/CE da Comisión do 8 de abril de 2008 pola que se modifica, para adaptala ao progreso técnico, a Directiva 75/324 / CEE do Consello, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre xeradores de aerosois, e as súas modificacións e desenvolvemento.

Tamén hai que ter en consideración, polo que implica respecto aos axentes químicos, a lexislación reguladora relativa a outros aspectos como:

·      Clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas.
·      Substancias activas.
·      Plásticos.
·      Envasado.
·      Residuos.
·      Lugares de traballo.
·      Libre circulación de mercadorías.
·      Transporte.

Por outro lado, o Marco estratéxico da Unión Europea en materia de saúde e seguridade no traballo 2014-2020 que, aínda que sen o rango de norma xurídica dos tratados ou as directivas, contén as liñas mestras da política europea e as indicacións para seguir polos Estados membros nun ámbito concreto das súas competencias. Así pois, España asumiu, entre outros, o compromiso de integración da perspectiva de xénero nas políticas xerais para reflectir mellor os riscos específicos aos que están expostos os traballadores e as traballadoras” a través da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2015-2020 que comparte a práctica totalidade dos obxectivos definidos pola Unión Europea.

Así pois, dito Marco Estratéxico ten en conta en gran medida a importancia da perspectiva de xénero, introducindo mesmo na súa definición un capítulo de especificacións da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero, recoñecendo que “a segregación laboral, a fenda salarial, os horarios e os lugares de traballo, a precariedade das condicións laborais, o  sexismo e a discriminación de xénero, así como as diferenzas relativas aos aspectos físicos específicos da maternidade, son factores que poden afectar ás condicións laborais das mulleres”. Ademais, afirma que as mulleres “rexistran un maior número de problemas de saúde relacionados co traballo que os homes, independentemente do tipo de traballo de que se trate, e que son especialmente vulnerables ás enfermidades relacionadas coa idade; considerando que, por tanto, as medidas de saúde e seguridade no traballo requiren un enfoque baseado no xénero e no ciclo vital”. Mesmo establece a necesidade de que a propia Comisión Europea teña en conta nas súas investigacións e estatísticas a variable xénero para avaliar a prevención con miras a determinar os riscos específicos do colectivo no lugar de traballo.


4.3.       LEXISLACIÓN NACIONAL E AUTONÓMICA

R  LEXISLACIÓN NACIONAL

Toda a lexislación estatal existente vén ordenada polo principio recollido no art. 14 da Constitución Española, que institúe o dereito de igualdade ante a lei e non discriminación por razón de sexo. Tamén o artigo 9.2 marca a obriga, para os poderes públicos, de promover as condicións para a igualdade entre os individuos.

En relación ao ámbito laboral, o Estatuto das persoas traballadoras no seu artigo 17 establece a non discriminación nas relacións laborais, baseada na esixencia do cumprimento do principio de igualdade de trato e non discriminación e a Lei 14/1986, de 25 de abril, xeral de saúde, esixe a vixilancia das mulleres traballadoras durante os períodos de embarazo e a lactación materna e as súas condicións de traballo.

Pola súa parte, a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (en diante, LPRL) recolle o principio de adaptación do traballo á persoa no seu artigo 15, no artigo 25 pon especial énfase na necesidade de atender ás características persoais ou ao estado biolóxico coñecido, e no artigo 26 recolle a particularidade de protexer a maternidade e o feto pero, sen embargo, apenas ten en conta as diferenzas de xénero no resto do seu articulado.

Relacionado coa saúde laboral, é a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes a que profunda por vez primeira na inclusión da perspectiva de xénero nesta materia, introducindo importantes modificacións na LRPL, como a consagración do principio de transversalidade de xénero. Dispón, no seu artigo 27, que “as políticas, estratexias e programas de saúde teñen que integrar, na súa formulación, desenvolvemento e avaliación, as diferentes necesidades das mulleres e os homes, así como as medidas necesarias para abordalas adecuadamente”. En consonancia con isto, introduciu entre os obxectivos xerais da política de prevención, a través do art. 5 da  LPRL, a promoción do principio de igualdade entre mulleres e homes, tendo en conta este aspecto tamén nas variables relacionadas co sexo, tanto nos sistemas de recollida e tratamento de datos como nos estudos e investigacións xerais en materia de prevención de riscos laborais.

Outras novidades salientables da Lei de Igualdade son a ampliación da protección da saúde das mulleres embarazadas ao período de lactación natural e a referencia ao acoso sexual e por razón de sexo, definido como unha conduta discriminatoria.

Mención aparte e pola súa importancia na PRL merece a achega que a Lei de Igualdade realiza ao dotar de obrigatoriedade (configurado como un “deber de negociar”) a inclusión das medidas de igualdade na negociación colectiva, “de acordo cos representantes legais das persoas traballadoras na forma que se determina na lexislación laboral”. Deste xeito, instrumentos como os plans de igualdade serán obrigatorios para empresas con máis de 50 traballadores/as (de conformidade coa reforma introducida no Real Decreto-Lei 6/2019, de 1 de marzo, de Medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación e, en calquera caso, na negociación dun convenio colectivo deben incluírse medidas dirixidas ás condicións de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, ordenación do tempo de traballo para favorecer a conciliación persoal, laboral e familiar, a prevención do acoso sexual ou a utilización de linguaxe inclusiva.

En relación ás disposicións específicas relacionadas cos axentes químicos destacan as seguintes:

·       Real Decreto 363/1995, do 10 de marzo, polo que se dita a normativa sobre notificación de novas substancias e clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas.

·       Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

·       RD 485/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas en materia de sinais de seguridade e saúde no traballo.

·       Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas ao uso por parte das persoas traballadoras de equipos de protección individual.

·        Real decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre protección das persoas traballadoras contra riscos relacionados coa exposición a axentes de cancro durante o traballo. Modificado por RD 1124/2000 e RD 349/2003.

·       Real Decreto 1389/1997, do 5 de setembro, polo que se aproban as disposicións mínimas destinadas a protexer a seguridade e a saúde das persoas traballadoras nas actividades mineiras.

·       Real decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

·       Real Decreto 255/2003, do 28 de febreiro, polo que se aproba a normativa sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de preparados perigosos.

·       Real decreto 681/2003, do 12 de xuño, sobre protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras expostas aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo.

·       Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

·       Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.

·       Regulamento (CE) 1907/2006, do 18 de decembro de 2006, regula o rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e preparados químicos (REACH) e as súas modificacións posteriores.

·       Orde ITC/2585/2007, de 30 de agosto, pola que se aproba a Instrución técnica complementaria 2.0.02 "Protección das persoas traballadoras contra o po, en relación coa silicose, nas industrias extractivas", do Regulamento xeral de normas Conceptos básicos de seguridade mineira.

·       Real Decreto 717/2010, do 28 de maio, polo que se modifica o RD 363/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas e o RD 255/2003 deo 28 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe dos preparados perigosos.

·       Orde ITC/933/2011, de 5 de abril, pola que se aproba a Instrución técnica complementaria 2.0.03, "protección das persoas traballadoras contra o po, nas actividades mineiras de sales solubles de sodio e potasio" do Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira.

R  LEXISLACIÓN AUTONÓMICA

No caso de Galicia pártese do Estatuto de Galicia: Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril, no que se afirma que “É responsabilidade dos poderes públicos de Galicia promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos aos que pertencen sexan reais e efectivas, eliminen os obstáculos que impiden ou dificulten a súa plenitude e faciliten a participación de todas as persoas galegas na vida política, económica, cultural e social”.

En Galicia, nun principio había unha lexislación en materia de igualdade, en xeral e especificamente no ámbito laboral:

·         Lei galega 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.

·         Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo igualitario das mulleres galegas.

Pero en 2015 decidiuse elaborar un texto consolidado que reunise as distintas disposicións legais da comunidade autónoma en materia de igualdade: o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, que reforza o compromiso coa eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade, dándolle a maior eficacia posible.

Dita norma inclúe un capítulo específico dedicado exclusivamente á prevención de riscos laborais, no que se obriga aos poderes públicos autonómicos a integrar nos seus obxectivos e actuacións en materia de prevención o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes “coa finalidade de evitar que, polas súas diferenzas físicas ou os estereotipos sociais asociados, se produzan desigualdades entre ambos os dous sexos”. Ademais, fai especial fincapé en dirixir estudos e investigacións a paliar a deficiencia que existiu ata o de agora ao ser dirixidos de forma practicamente exclusiva a un dos dous sexos. Do mesmo xeito, incide na importancia de establecer programas formativos nos que se inclúa a perspectiva de xénero, e en adaptar equipos, mobiliario e todas as condicións que rodean ao posto de traballo ás circunstancias físicas e anatómicas que veñen determinadas polos condicionantes de xénero.

Especialmente é importante os seguintes artigos:

·         artigo 35 que fala da integración do principio de igualdade nas competencias autónomas na área de Prevención de Riscos Laborais.

·         artigo 36 que considera os efectos negativos das condicións de traballo sobre o embarazo, o parto e a lactación natural.

Pola súa banda, a  Estratexia  Galega de  Seguridade e  Saúde non  Traballo 2017-2020 recolle estes principios, dedicando unha liña estratéxica completa a potenciar as actuacións dirixidas a colectivos especialmente expostos a riscos laborais,  establecendo a importancia de “considerar os riscos específicos das mulleres e impulsar a integración da perspectiva de xénero en todos os aspectos da prevención de riscos laborais”. Doutra banda,  intégrase a xa mencionada necesidade de orientar os estudos e investigacións  de acordo coa perspectiva de xénero e promover a formación e asesoramento do persoal técnico relacionado coa prevención de riscos laborais para transmitir a importancia de incorporar os instrumentos de xénero na súa actividade.



5.    FACTORES QUE FAN NECESARIA A INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA PRL

Na contorna laboral é fundamental a inclusión da perspectiva de xénero para mellorar as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras e evitar as desigualdade de xénero na saúde laboral.

É necesario ter en conta as diferenzas biolóxicas, fisiolóxicas e físicas entre ambos os dous sexos e que teñen especial importancia no desenvolvemento da actividade laboral. As condicións do lugar de traballo, do posto, terán diferentes repercusións ou efectos sobre unha ou outro e é necesario valoralo para deseñalos e facelos realmente seguros.

Así, calquera estudo que actualmente queira ser completo e verdadeiramente transversal debe incluír a perspectiva de xénero, é dicir, avaliar as consecuencias sobre mulleres e homes de calquera actividade a desenvolver, sendo unha estratexia dirixida a considerar as experiencias, os efectos e os coñecementos de ambos os dous sexos: mulleres e homes.


5.1.       FACTORES INTRÍNSECOS OU BIOLÓXICOS DA PERSOA TRABALLADORA

O transcurso do tempo fixo que cada vez máis mulleres desempeñen postos moi diferentes no ámbito laboral, en todas as ramas de actividade, pero a igualdade aínda non chegou na súa plenitude. Hoxe en día as mulleres acceden a postos deseñados para homes, nos que non se contemplan en absoluto as diferenzas básicas que existen entre eles e elas, diferenzas baseadas na fisioloxía e anatomía de ambos.

O sexo como conxunto de características físicas e biolóxicas do individuo é algo inherente e propio e que marca a diferenza entre homes e mulleres, polo que non se pode deixar de considerar en todas as facetas da vida.

Hai razóns para abordar a actividade das mulleres na contorna laboral desde unha perspectiva de xénero, xa que bioloxicamente existen diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas entre ambos dous sexos que non se valoran, podendo desempeñar un papel determinante en como son absorbidos os químicos no corpo e os seus efectos:

·       Diferenzas cromosómicas: XX para a muller, XY para o home, o que repercute nunha síntese diferenciada de proteínas e hormonas.

·      Diferentes sistemas inmunes e diferenzas hormonais, especialmente significativas en determinados momentos na vida da muller (período fértil, menopausa). Por exemplo, a muller sintetiza máis estróxenos.

·       Diferenzas nos órganos reprodutivos (atributos sexuais).

·       A capacidade de xestación, lactación.

·       Diferenzas físicas, morfolóxicas. Por exemplo: peso, altura, masa ósea e muscular, distribución da graxa, diferenzas na pel (grosor, número de glándulas sudoríparas, poros,…).

En prevención de riscos laborais, a propia Lei, na súa exposición de motivos, especifica que é preciso ter en conta para poder coñecer e actuar “(…) as peculiaridades de cada centro de traballo, as características das persoas que desenvolven os seus servizos laborais alí e a actividade específica que realizan,(...)”.

Polo tanto, ao facer calquera estudo das condicións de traballo é necesario coñecer á persoa e todo o que isto implica, como lle afectan os riscos en función da súa antropometría, do seu sexo, ... en definitiva, as súas diferenzas biolóxicas e físicas, que son reais e transcendentes, respecto dos riscos aos que está exposta cada persoa no seu traballo. Especificidades relacionadas co sexo, tales como os procesos hormonais, ciclo menstrual, menopausa, graxa corporal ou masa muscular, o espesor da pel ou o proceso de desintoxicación, adquirirán especial repercusión.

A poboación feminina ten unha diferente susceptibilidade fisiolóxica aos efectos da exposición a produtos químicos, tóxicos debido, a por exemplo, diferenzas na fisioloxía e en relación cos seus ciclos reprodutivos. Algúns estudos demostraron que as mulleres son máis susceptibles á asma ocupacional durante a fase premenstrual.

A muller, debido a que en xeral ten unha maior proporción de graxa corporal, almacena máis facilmente os contaminantes químicos e ten entre un 15 ou 20 % máis de células graxas que o home, polo que os efectos das substancias liposolubles nelas, a longo prazo, serán máis prologados e intensos.

Tamén como é común que a poboación feminina teña menos corpulencia que a masculina e unha pel máis fina, baixo as mesmas condicións de exposición ao risco, os efectos son maiores sobre elas. Redúcese o nivel de toxinas ás que poden expoñerse de maneira segura.

Outro punto importante a ter en conta son os cambios hormonais, especialmente importantes nos momentos da vida dunha muller, como o embarazo, a lactación materna ou a menopausa. As mulleres pasan por cambios fisiolóxicos rápidos que as fan vulnerables a moitos produtos químicos e que son especialmente tóxicos para elas.

Hai estudos que traballan para demostrar que certos produtos químicos teñen un impacto diferente sobre as mulleres respecto aos homes. Por exemplo, no caso do cadmio, elemento que se emprega na industria do plástico, da fabricación de baterías, de produtos fertilizantes, coma pigmento de pinturas, etc. A súa principal vía de entrada no organismo en ambiente laboral é a respiratoria, no que é absorbido e pasa ao sangue, aos pulmóns, riles e fígado, onde se almacena. Conclúese que a súa absorción polo corpo humano é maior cando hai baixos niveis de ferro e son as mulleres e o feto a poboación de maior risco.

Esta situación pode explicarse baseándose en que as mulleres en idade fértil coa menstruación poden chegar a perder 2 mg de ferro/día, cando a taxa media de perda é de 1 mg/día, o que sumado a que o aporte que precisa a muller neses momentos estaría sobre os 18 mg/día, e o aporte habitual non adoita superar os 12 mg/día, evidenciase que ao final existe unha situación de deficiencia de ferro na muller.

Engadindo a isto que o período de desintegración do cadmio no corpo é moi longo (a vida media é superior a 30 anos) e que o dano á saúde é moi alto, a nivel dos riles ou ósos, está claro que a toxicidade non será a mesma para as mulleres que para os homes.

Tamén algúns tipos de cancro son específicos ou teñen unha maior incidencia en mulleres, como os de ovario ou de mama e neste senso si hai datos que o reflicten, como as follas de datos de seguridade.


R  EMBARAZO E LACTACIÓN

O embarazo e a lactación supón un período no que a muller resulta especialmente vulnerable á exposición aos riscos químicos, pois pode resultar nocivo para a súa saúde e a do feto/bebe.

A vulnerabilidade da muller e do feto/bebe ante axentes externos que lle poden supoñer un perigo reclama unha normativa e unhas medidas preventivas específicas. De feito, esta foi unha das primeiras cuestións nas que a perspectiva de xénero se reflicte na normativa de prevención de riscos laborais.

Así pois, a Directiva 92/85/CEE, relativa á aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da persoa embarazada, que dese a luz ou en período de lactación, introduciu na lexislación española criterios de referencia para promover a prevención e protección da saúde fronte aos riscos para a reprodución e a maternidade.

En concreto, o Real Decreto 298/2009, de 6 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dera a luz ou en período de lactación, proporciona incluso unha lista, aínda que non é exhaustiva, dos riscos laborais que poden afectar á traballadora embarazada. En relación aos axentes químicos distingue os seguintes que lle poden afectar:

ü     Substancias  etiquetadas como  R40,  R45,  R46,  R49,  R68,  R62 e  R63 polo RD 363/1995 ou como H351, H350, H340, H350i, H341, H361f, H361d e H361fd polo Regulamento (CE) 1272/2008.

ü     Canceríxenos que figuran nos anexos I e III do RD 665/1997.

ü     Mercurio e derivados.

ü     Medicamentos antimicóticos.

ü     Monóxido de carbono.

ü     Axentes químicos perigosos de recoñecida penetración cutánea.

Ademais, aínda que non recollidos na lexislación, destacan como riscos importantes nesta situación a substancias disruptoras endocrinas, que poden provocar alteracións na reprodución humana.


5.2.       OUTROS FACTORES DE RISCO QUÍMICO NO SECTOR INDUSTRIAL DERIVADOS DAS DESIGUALDADES DE XÉNERO


R  SEGREGACIÓN HORIZONTAL

A segregación horizontal por razóns de sexo é aquela situación que implica maiores dificultades de acceso a certas ocupacións ou profesións polo feito de ser home ou muller ou que ven condicionada polos estereotipos de xénero. Isto da lugar a sectores/ocupacións moi desequilibrados por xénero: sectores ou ocupacións moi masculinizados, fronte a outros moi feminizados.

O sector industrial é moi amplo, incluíndo desde a industria da alimentación, da pedra, da madeira, o téxtil ou calzado,... pasando polo xoguete, plástico, naval, automóbil e chegando a industria química e farmacéutica. En xeral trátase dun sector masculinizado: o 28,2% das persoas ocupadas no sector en Galicia son mulleres (datos da EPA para o ano 2019), como se recolle na gráfica 1.

Dentro do sector, na industria extractiva e nas actividades relacionadas co subministro de enerxía, auga ou xestión de residuos a representatividade feminina entre o persoal traballador é aínda máis reducida. A presenza das mulleres na industria céntranse principalmente en determinadas actividades da industria manufactureira, como a da transformación dos produtos da pesca, o téxtil e calzado (especialmente significativo en Galicia e que está moi feminizado) ou a industria farmacéutica.





Gráfico 1. Distribución de persoas ocupadas en Galicia no sector industrial por xénero. Ano 2019

Fonte: EPA (IGE)



A segregación horizontal condiciona o tipo de exposición aos riscos químico, polo que débese ter en conta  as necesidades das mulleres nas profesións masculinizadas e os riscos laborais asociados ás profesións feminizadas.


R  SEGREGACIÓN VERTICAL

A segregación vertical  ven determinada  polas  diferenzas entre  xéneros  á hora de acceder a  postos de  responsabilidade. Relaciónase co concepto “teito de cristal”, que hai que ter moi en conta na PRL, que ven determinado polas barreiras ou obstáculos invisibles que impiden ás mulleres cualificadas acceder a determinadas posicións de poder dentro das empresas ou organizacións. Algunhas destas barreiras as que se afrontan as mulleres son, por exemplo, a dificultade de conciliación laboral-familiar e a falta de corresponsabilidade no fogar, así como os estereotipos de xénero.

A segregación vertical condiciona tamén a exposición aos riscos químicos aos que están expostos mulleres e homes. Se ben a repercusión deste  feito na exposición aos riscos talvez é menos evidente que no caso da segregación horizontal, non é por iso menos importante. En  xeral, un  posto  máis cualificado ou de maior rango dentro dunha  entidade ou empresa soe implicar unha menor exposición aos riscos. Pola contra, os postos de  traballo de inferior escalafón a miúdo levan un  maior contacto con factores de risco.


R  OUTRAS DESIGUALDADES DE XÉNERO

Ademais dos factores anteriores, existen outras desigualdades derivadas dos estereotipos de xénero, a división sexual do traballo e outros condicionantes.

·       Desigualdades nas condicións laborais: as mulleres  traballan en  maior proporción que os homes en empregos temporais, a tempo parcial ou en traballos precarios, o que redunda nunha maior inestabilidade profesional, salarios máis baixos e o risco das mulleres á pobreza durante a vida laboral e na xubilación. Así, nalgúns casos a presenza de mulleres está oculta pola economía somerxida (pode ter o taller téxtil na súa propia casa, por exemplo).

Isto fainas máis vulnerables a factores de tipo psicosocial, que tamén repercutirán na exposición aos riscos químicos.

·       Desigualdades nos equipos de traballo e nalgún caso nos EPI. Habitualmente os equipos de traballo, así como os equipos de protección individual (EPI) fundaméntanse en estándares xerais, sen ter en conta os condicionantes propios da persoa que os usará (home/muller). Isto condiciona o tipo de exposición.

Aínda que algúns fabricantes teñen en conta os percentís de homes e mulleres á hora de fabricar os equipos de traballo e os EPI e obter así distintas tallaxes, non sempre é así. Hai que ter en conta as dimensións corporais de ambos os dous sexos á hora de seleccionar os equipos. Nalgunhas actividades, sobre todo nas máis feminizadas, xa se fai pero noutros ámbitos con maior presenza masculina, está cuestión non se ten en conta e avogase pola selección e disposición de tallas estándar ou mixtas para ambos os dous sexos ou máis axustadas ás características dos homes.

É necesario unha maior atención a este aspecto para que os equipos se poidan adaptar da forma adecuada ás características da poboación feminina. Os equipos non adaptados á fisionomía feminina son un factor de risco na maior exposición e incidencia dos riscos laborais na saúde laboral das traballadoras.

·       Maior exposición da muller a riscos psicosociais por múltiples factores de desigualdade: segregación vertical e horizontal, conciliación entre vida persoal e laboral, “dobre presenza/xornada”, violencia de xénero, acoso sexual ou por razón de xénero, etc.

A excesiva exposición aos riscos psicosociais pode tamén condicionar a exposición aos riscos químicos, xa que pode causar distraccións ou comportamentos inseguros no posto de traballo, que desemboquen en incidentes ou accidentes laborais.

·       Outros condicionantes a ter en conta: as mulleres presentan unha exposición continua a substancias químicas, non só no traballo, senón na vida persoal, como sucede con produtos de limpeza do fogar, cosméticos, perfumes ou outros produtos de beleza e coidado (xampús, cremas para a pel, tinguiduras de pelo,...) ou tratamentos ou medicamentos específicos, como os hormonais ou o consumo de antiinflamatorios.

O consumo de determinados antiinflamatorios é moi común naquelas actividades nas que a carga física, os sobreesforzos, os movementos repetitivos e/ou posturas forzadas son o requisito fundamental do posto. Isto é especialmente significativo nas dúas actividades industriais con maior presenza feminina en Galicia, como a da transformación dos produtos da pesca e o téxtil, nas que na maioría dos casos os empregos desenvolvidos pola muller presentan unha elevada carga física (en posición permanente estática, de pé ou sentada, con movementos repetitivos, con sobreesforzo, posturas forzadas…) que, sumado á continuación do traballo na casa cunha segunda quenda, acaba provocando o consumo deste tipo de medicamentos, para manter o ritmo de traballo.



En resumo, como destacan as persoas expertas entrevistadas, as mulleres non só están expostas no traballo, senón tamén no fogar, e incluso comparten a exposición ao mesmo axente en ambas áreas, por exemplo. lixivia, amoníaco, disolventes, ..., co resultado de que moitos deles son acumulativos e algunhas enfermidades profesionais xorden pola acumulación nun órgano diana do contaminante.



6.    EFECTOS DOS AXENTES QUÍMICOS SOBRE A SEGURIDADE E SAÚDE DAS PERSOAS TRABALLADORAS

Os axentes químicos están permanentemente na industria, nos diferentes procesos industriais.

Poden xerar diferentes riscos nas persoas segundo a súa natureza, poden ser danos que afectan á saúde, os máis significativos, e que poden ter distinta transcendencia segundo a perspectiva de xénero, pero tamén poden causar danos á seguridade das persoas.

·         Danos físicos: que poden afectar ás persoas e/ou o posto ou lugar de traballo, a través de accidentes como incendios ou explosións derivados da súa inflamabilidade ou combustibilidade. Esta situación é a mesma para mulleres e homes.

·         Danos á saúde: toxicidade, nocividade, sensibilización, irritación, corrosión, cancro, mutacións, danos á reprodución, disrupción no sistema endócrino. Aquí ten moita importancia, nalgunha situación, segundo sexa a persoa afectada muller ou home.

O dano que a substancia química xerará no corpo dependerá da toxicidade do produto e da dose. Unha vez que entra no organismo distribúese ata chegar ao chamado órgano diana ou tecido, que é aquel que reacciona a un estímulo, interno ou externo. En principio, todos os órganos son diana pero non todos reaccionan a un determinado estímulo (no caso deste estudo a unha substancia química), razón pola que os diferentes produtos químicos, debido á súa composición, afectan a un ou outro órgano e/ou de diferentes xeitos en cada caso. Un claro exemplo desta situación é o caso da hormona oxitocina, que é segregada pola hipófise ou os ovarios. Cando a muller está embarazada provoca contraccións do útero no momento do parto e, ao mesmo tempo, o peito reacciona durante a lactación materna, para axudar na correcta secreción do leite.

Os efectos sobre o órgano diana dependerán do produto. Os efectos que xeran poden ser:

o      Danos agudos: cunha alta concentración en pouco tempo causarán danos como intoxicación, asfixia ou queimaduras. O resultado é inmediato. Por exemplo, a inxestión de lixivia provoca queimaduras no tracto dixestivo, a inhalación dunha nube de gas tóxico pode causar asfixia e/ou danos nos pulmóns. Poderiamos clasificalo como accidente de traballo.

o      Danos crónicos, a longo prazo: require unha exposición continua e prolongada no tempo, aínda que sexa en baixas cantidades e/ou posibilidade de acumulación no organismo, o que leva a enfermidades profesionais, que poden ter efectos diferentes dependendo do órgano diana: ril, fígado, pulmóns,..., ou o estado biolóxico: embarazo ou lactación, con influencia no feto ou no bebé. Os efectos son tardíos e habitualmente presentan secuelas permanentes. Ademais os efectos dunha mesma substancia poden ser ao mesmo tempo agudos e crónicos, dependendo da situación. Por exemplo, un produto utilizado na empresa habitualmente no proceso, que vai acumulándose no organismo (risco de enfermidade) e que nun determinado momento prodúcese unha fuga ou un fallo no proceso, o que deriva nunha exposición a unha cantidade masiva dese tóxico (risco de accidente).



·         Danos ao medio ambiente: toxicidade ao ecosistema, contaminación das augas, dos solos, da atmosfera, dos alimentos, e aínda máis, van a ser, en moitos casos, persistentes e bioacumulativos, que acaban repercutindo de novo na persoa e que naturalmente ten especial transcendencia no sexo da persoa afecta, non vai a ter o mesmo resultado nunha muller que nun home.

Por outra banda, no uso de produtos químicos, ademais do risco da substancia empregada en si mesma ou das mesturas realizadas, é necesario considerar a posibilidade de que nos procesos de actividade da empresa se xeren produtos intermedios ou subprodutos:

·       Produtos intermedios: substancias formadas durante as reaccións químicas e que se transforman e/ou desaparecen antes de que finalice a reacción ou o proceso, derivados das condicións ás que poden estar sometidas as materias primas ou os propios produtos. Esta situación pode ser especialmente conflitiva, dada a dificultade e incluso a imposibilidade de identificalos en moitos casos, debido á escaseza da súa existencia, á variabilidade, á dificultade de captura, ás limitacións dos medios técnicos para a medición, etc.

·       Subprodutos: substancias que se forman durante as reaccións químicas e permanecen ao final da reacción ou do proceso, que poden, incluso, ter un valor económico pero que se van a converter en moitos casos nunha fonte de risco. Por exemplo, a xeración de metanol no proceso de fabricación da pasta de papel, que supón a presenza dun produto altamente inflamable co risco de producirse accidentes de traballo, incendios ou explosións e non son a finalidade da actividade da empresa.

Ademais, en ningún momento podemos esquecer que o risco químico non permanece dentro da empresa, senón que se producen emisións, vertidos e residuos, que supoñen a saída ao medio ambiente e os efectos que repercuten de novo ás persoas a través do aire, a auga, os alimentos,...


6.1.       VÍAS DE ENTRADA NO ORGANISMO


R  VÍA RESPIRATORIA (POR INHALACIÓN)

·         É a vía de entrada máis importante para a maioría dos axentes químicos.

·         Forma física da entrada:

o   De gas ou de vapor. Factor determinante é a súa solubilidade:

§  Liposolubles (substancias solubles en graxas e aceites, pero non na auga).

§  En auga (substancias solubles en auga, pero non en graxas e aceites).

§  Os produtos solubles en graxa avanzan polo sistema respiratorio sen ser absorbidos significativamente ata chegar ao alvéolo.

§  As substancias hidrosolubles comezan a ser absorbidas pola mucosa do sistema respiratorio desde o momento no que entran nel.


o       Aerosois (partículas sólidas ou gotiñas de líquido; en suspensión no aire). Ademais da solubilidade, outro factor determinante é o tamaño da partícula, relacionado coa capacidade de ser absorbida. Canto menor é a partícula, máis probable é que penetre ata o fondo do sistema respiratorio, chegando ao alvéolo pulmonar. As partículas máis grandes quedan atrapadas no camiño.


o       Fibras. As consideracións para as fibras son equivalentes ás dos  aerosois. O número de fibras que penetran no sistema respiratorio está directamente relacionado coa capacidade de producir o efecto adverso ou de aumentar a probabilidade da súa aparición.

Tamén temos que considerar para avaliar a capacidade de penetrar nas vías respiratorias:

·      A solubilidade: capacidade de ser soluble en graxa ou auga.

·      A ventilación pulmonar ou frecuencia respiratoria: canto maior sexa a cantidade de aire inspirada, maior será a cantidade de substancia que penetra no corpo.

·      A difusión pola ventá alveocapilar, no caso de gases e vapores: canto máis doado é o seu paso, máis rápida será a concentración no sangue.


R  VÍA DÉRMICA (POLO CONTACTO COA PEL)

·       É a segunda vía de entrada máis importante para os axentes químicos no corpo. Os axentes poden producir dous tipos de danos:


o    Danos locais ou tópicos, é dicir, danos na pel por contacto co axente (substancias corrosivas, ácidos fortes, substancias fortemente irritantes, etc.)

o    Danos sistémicos, é dicir, efectos tóxicos sobre tecidos afastados da vía de absorción.

·     Poden entrar no corpo directamente, atravesando as células que o compoñen (transcelular ou intracelular), a través do espazo intercelular (espazo entre as células) ou polos anexos (poros e pelos).

o    Os principais factores a ter en conta para determinar a magnitude e as consecuencias da entrada de axentes químicos por esta vía son:

§       Concentración do axente químico, o tipo de vehículo (medio) no que se atopa e a presenza doutros axentes químicos.

§       Forma física da substancia: en xeral, acéptase que a deposición dun aerosol ten lugar na pel e, a partir dese momento, comeza o proceso de penetración, que depende doutros factores. En xeral, considérase que a penetración dérmica de gases / vapores non é relevante.

§       Solubilidade: a primeira barreira da pel é unha capa protectora de graxa ácida, que pode evitar o contacto do axente químico coa pel se a substancia non está solubilizada nela.

§       Tamaño das partículas: cando a penetración realízase por difusión, o tamaño molecular é decisivo.

§       Estado da pel: se se eliminou a capa graxa ácida da pel, está mal hidratada, rachada, ten fisuras ou ten rabuñadas ou protuberancias, facilitarase a entrada de axentes químicos. Tamén depende da temperatura, do fluxo sanguíneo local, da transpiración e do grosor da pel.

§       Área exposta: a superficie da pel descuberta e exposta ao contacto co axente químico é decisiva.

§       Tipo de contacto e protección da pel. Pode ser un contacto:

ü      Directo: cando hai contacto voluntario co produto químico por manipulación directa sen protección ou en caso de accidente, por salpicaduras ou derrames.

ü      Indirecto: cando o contacto prodúcese a través de ferramentas, utensilios, superficies ou roupa contaminada.


R  VÍA DIXESTIVA (POR INXESTIÓN)

·       É un xeito de entrada menos frecuente que os anteriores. Os axentes químicos pódense inxerir tragando accidentalmente, consumindo alimentos e bebidas contaminados ou tragando partículas das vías respiratorias. A taxa de absorción do axente depende de diferentes factores:

o        As propiedades fisicoquímicas do axente químico: no caso das partículas, canto menor sexa o tamaño, maior será a solubilidade.

o        A cantidade de alimento presente no tracto gastrointestinal: cantos máis alimentos, maior será a dilución do axente químico.

o        O tempo que pasa en cada parte do tracto gastrointestinal: uns minutos na boca, unha hora no estómago e moitas horas no intestino.

o        A superficie de absorción e a capacidade de absorción do epitelio.

o        O pH local: no pH ácido do estómago certas substancias son absorbidas máis rápido.

o        Peristaltismo (movemento intestinal por acción muscular) e fluxo sanguíneo local.

o        Secrecións gástricas e intestinais, que transforman as toxinas en produtos máis ou menos solubles (a bile produce complexos máis solubles).


R  VÍA PARENTERAL (A TRAVÉS DE FERIDAS)

A través desta vía o axente químico entra en contacto directo co torrente sanguíneo. A penetración prodúcese a través dunha lesión traumática.

Os casos máis frecuentes adoitan ser a través de feridas abertas, por inxección ou por punción.



6.2.       EFECTOS DA EXPOSICIÓN A AXENTES QUÍMICOS NO SECTOR INDUSTRIAL

Os axentes químicos presentan danos cando interactúan co organismo e dependendo de como sexa esta interacción terá diferentes efectos e graos.

Entre os efectos que os axentes químicos[2] poden ter sobre a saúde das persoas traballadoras atópanse os seguintes:

·       Toxicidade aguda: efectos adversos que se manifestan trala administración por vía oral ou cutánea dunha soa dose dunha substancia ou mestura, de doses múltiples administradas ao longo de 24 horas, ou como consecuencia dunha exposición por inhalación durante 4 horas. Esta acción indícase a través das frases H, que indican o nivel de risco.

Existen catro categorías de toxicidade baseadas na toxicidade aguda por vía oral, cutánea ou por inhalación: 1 é o nivel máis alto, indica mortalidade; 2 pode implicar mortalidade, 3 indica danos importantes e 4 indica nocividade.



Categoría 1

Categoría 2

Categoría 3

Categoría 4

 Vía oral

H300 – Mortal en caso de inxestión

H301 – Tóxico en caso de inxestión

H302 – Nocivo en caso de inxestión

 Vía dérmica

H310 – Mortal en caso de contacto coa pel

H311 – Tóxico en caso de contacto coa pel

H312 – Nocivo en caso de contacto coa pel

Vía inhalatoria

H330 – Mortal en caso de inhalación

H331 – Tóxico en caso de inhalación

H332 – Nocivo en caso de inhalación



·       Corrosión: os produtos corrosivos son substancias que destrúen o tecido co que entran en contacto, a pel, producindo necrose visible. Cunha exposición de ata 4 horas orixina danos como úlceras ou hemorraxias e despois dun período de observación de 14 días, decoloración, áreas de alopecia e cicatrices.

Está clasificado en 3 subcategorías:

o      1A: a resposta corresponde a unha exposición de 3 minutos e un período de observación de ata 1 hora como máximo.

o      1B: a resposta prodúcese cunha exposición de entre 3 minutos e 1 hora e unha observación de ata 14 días.

o      1C: a resposta prodúcese con exposicións entre 1 e 4 horas e unha observación de ata 14 días.

A frase que indica a situación é H314: Provoca queimaduras graves na pel e danos graves nos ollos.

·        Irritación: o concepto de irritación da pel adoita ir acompañado de sequidade. Considérase que a pel está seca cando o seu contido de humidade baixa do 10%.

A frase que indica a situación é H315: Provoca irritación cutánea.

·       Danos oculares:

o      Corrosivos: algunhas substancias causan danos oculares graves, é dicir, danos nos tecidos do ollo ou un deterioro físico significativo da visión, como consecuencia da aplicación dunha substancia de ensaio na superficie anterior do ollo, non completamente reversible nos 21 días seguintes da aplicación.

A frase que indica a situación é H318: Provoca danos oculares graves.

o       Irritantes: substancias que causan danos oculares como consecuencia da aplicación dunha substancia de ensaio na superficie anterior do ollo, completamente reversible 21 días despois da aplicación.

A frase que indica a situación é H319: Provoca irritacións oculares graves.

·         Sensibilización: substancias que inducen unha resposta de hipersensibilidade ou alérxica

o       Respiratoria
o       Cutánea

A sensibilización:

o       Nunha primeira fase induce unha memoria inmunitaria específica no individuo pola exposición ao produto.

o       Na segunda fase prodúcese o desencadeamento, ou unha resposta, celular ou mediada por anticorpos, trala exposición do individuo sensibilizado polo alérxeno.

Inicialmente os niveis para o desencadeamento son máis baixos, que para a indución.

A frase que indica a situación dos sensibilizantes respiratorios é H334: Provoca síntomas de alerxia ou asma, ou dificultades respiratorias en caso de inhalación.

A frase que indica a situación dos sensibilizantes cutáneos é H317: Pode provocar unha reacción alérxica na pel.

·       Canceríxenos: substancias ou mesturas de substancias que inducen o cancro ou aumentan a súa incidencia. As substancias que induciron tumores benignos e malignos en animais experimentais, en estudos ben feitos, tamén considéranse supostamente canceríxenos ou sospeitosos de selo, a non ser que haxa probas convincentes de que o mecanismo de formación de tumores non é relevante para o ser humano.

Existen dúas categorías:

o       Categoría 1: substancias que poden causar cancro. Estas substancias identifícanse coa frase H350: Pode causar cancro.

o       Categoría 2: substancias susceptibles de causar cancro. Estas substancias identifícanse coa frase H351: Susceptible de causar cancro.

·       Mutáxenos: unha mutación é un cambio permanente na cantidade ou estrutura do material xenético dunha célula.

Os termos mutaxénico e mutáxeno designan aqueles axentes que aumentan a frecuencia de mutación en poboacións celulares, organismos ou ambos.

Os termos máis xerais xenotóxico e xenotoxicidade refírense a axentes ou procesos que alteran a estrutura, o contido da información ou a segregación do ADN, incluídos os que causan danos no ADN, ben interferindo cos procesos normais de replicación, ou ben por alteralo dun xeito non fisiolóxico (temporal). Os resultados das probas de xenotoxicidade adoitan tomarse como indicadores de efectos mutaxénicos.



Existen dúas categorías:

o       Categoría 1: substancias que se sabe ou se cre que inducen mutacións herdables nas células xerminais humanas. Estas substancias identifícanse coa frase H340 Pode causar defectos xenéticos.

o       Categoría 2: substancias preocupantes porque poden inducir mutacións herdadas nas células xerminais humanas. Estas substancias identifícanse coa frase H341: Sospéitase que pode causar defectos xenéticos.

·         Toxicidade para a reprodución:

A toxicidade reprodutiva inclúe tres tipos de efectos:

o       Efectos adversos sobre a función sexual e a fertilidade en homes e mulleres adultos. Son os efectos producidos por substancias que interfiren coa función sexual e a fertilidade.

Cando se fala dos efectos sobre a reprodución e a fertilidade soe pensarse soamente nas mulleres, pero tamén pode afectar á fertilidade dos homes.

“(…) fertilidad no sólo afectaría a las mujeres (…) pero lo que he vivido en mi vida como técnico de prevención es que cada vez que hablas de productos que pueden afectar a la fertilidad, incluso en alguna reunión me han respondido aquí no hay ninguna mujer, aquí trabajan todos hombres (…) se piensa como si la fertilidad sólo afectara a las mujeres (…)“

(persoa experta entrevistada)

 
 

Inclúen principalmente alteracións do sistema reprodutivo masculino e feminino, efectos adversos no comezo da puberdade, a produción e transporte de gametos, o desenvolvemento normal do ciclo reprodutivo, o comportamento sexual, a fertilidade, o parto, resultados do embarazo, senescencia reprodutiva prematura ou cambios noutras funcións que dependen da integridade do sistema reprodutivo.


o       Os efectos adversos sobre o desenvolvemento da descendencia. Inclúe calquera efecto que interfira co desenvolvemento normal do organismo, antes ou despois do nacemento e que é consecuencia da exposición dos pais e nais antes da concepción ou da exposición da descendencia durante o seu desenvolvemento prenatal ou posnatal ata o momento de madurez sexual.

Polo tanto, a efectos de clasificación, refírese, fundamentalmente, a aqueles efectos adversos inducidos durante o embarazo ou derivados da exposición dos pais e nais, polo que está dirixido a atraer a atención das mulleres embarazadas e de homes e mulleres en idade reprodutiva.

Estes efectos poden manifestarse en calquera momento da vida do organismo. Os principais signos de toxicidade no desenvolvemento son: morte do organismo en desenvolvemento, anomalías estruturais, deterioro do crecemento e deficiencias funcionais.

Nestes dos primeiros casos existen dúas categoría para os efectos descritos:

           §  Categoría 1: substancias coñecidas ou sospeitosas de ser tóxicas para a reprodución humana. Estas substancias identifícanse coa fraseH360: Pode prexudicar a fertilidade ou o feto.

           §  Categoría 2: substancias que se sospeita que son tóxicas para a reprodución humana. Estas substancias identifícanse coa frase H361: Sospeita de danar a fertilidade ou o feto.

o       Os efectos sobre a lactación. Non hai información sobre os efectos adversos que moitas substancias poden causar na descendencia durante a lactación materna. Non obstante, as substancias que as mulleres absorben e que demostran que interfiren coa lactación ou as que poden estar presentes (incluídos os seus metabolitos) no leite materno, en cantidades suficientes para ameazar a saúde dos bebés, inclúense nesta categoría de perigo.

Estas substancias identifícanse mediante a frase H362: Pode prexudicar aos nenos lactantes.

·         Toxicidade específica en determinados órganos (STOT):

o       Nunha soa exposición: Enténdese por toxicidade específica en certos órganos (por exposición única) a toxicidade non letal que se produce en certos órganos despois dunha única exposición a unha substancia ou mestura.


Inclúense todos os efectos significativos sobre a saúde que poden causar alteracións funcionais, tanto reversibles como irreversibles, inmediatos e/ou retardados.

Pódese producir por calquera vía, principalmente por vía oral, cutánea ou inhalada.

Existen tres categorías:

§     Categoría 1: substancias que causan danos a determinados órganos. Estas substancias identifícanse coa frase H370: Provoca danos nos órganos.

§     Categoría 2: substancias que poden causar danos a determinados órganos. Estas substancias identifícanse coa frase H371: Pode provocar danos nos órganos.

§     Categoría 3: substancias que poden irritar as vías respiratorias (nese caso identifícanse coa frase H335: Pode irritar as vías respiratorias) ou substancias que poden provocar somnolencia ou vertixe (nese caso identifícanse coa frase H336: Pode provocar somnolencia ou vertixe).

o   Por exposicións repetidas: a toxicidade específica en certos órganos (por exposicións repetidas) enténdese como a toxicidade que se produce en determinados órganos despois da exposición repetida a unha substancia ou mestura. Inclúense efectos significativos sobre a saúde que poden causar alteracións funcionais, tanto reversibles como irreversibles, inmediatas e/ou retardadas. Pódese producir por calquera vía, principalmente por vía oral, cutánea ou inhalada.

Hai dúas categorías:

§     Categoría 1: substancias que causan danos a certos órganos despois dunha exposición prolongada. Estas substancias identifícanse a través da frase H372: Dana certos órganos por exposición prolongada ou repetida.

§     Categoría 2: substancias que poden causar danos a certos órganos despois de exposicións prolongadas. Estas substancias identifícanse coa frase H373: Pode danar certos órganos por exposición prolongada ou repetida.

·       Dano por aspiración. Por "aspiración" enténdese a entrada dunha substancia ou unha mestura, líquida ou sólida, directamente pola boca ou o nariz, ou indirectamente por regurxitación, na traquea ou nas vías respiratorias inferiores.

Pode provocar efectos agudos graves como pneumonía química, danos pulmonares máis ou menos graves e incluso a morte por aspiración.

Estas substancias identifícanse coa frase H304: Pode ser mortal se se inxire e entra nas vías respiratorias.

·       Alteradores endócrinos: substancias ou mesturas esóxenas que alteran a función do sistema endócrino e, en consecuencia, causan efectos adversos para a saúde nun organismo intacto ou na súa descendencia ou (sub) poboacións.

Son substancias para as que hai evidencias científicas de que teñen efectos potencialmente graves sobre a saúde humana ou o medio ambiente e que orixinan un nivel de preocupación equivalente ao das substancias canceríxenas da categoría 1A ou 1B ou substancias moi persistentes e moi bioacumulables.

O efecto adverso causado pode variar segundo o tempo de exposición e do equilibrio hormonal da persoa exposta, que depende da idade e do sexo entre outros factores.

·       Danos á pel. A pel é o órgano máis extenso do corpo humano e presenta diferenzas a pel da muller e a do home. Unha das variables que inflúen na diferenciación son as hormonas, a testosterona. En xeral:

§      A pel do home é un 20 % máis grosa e o contido en coláxeno é maior.

§      A pel da muller é moito máis fina e ten menor cantidade de poros e son máis pequenos. Na muller ten moita importancia tamén a idade, xa que a perda de coláxeno é moi significativa a partir da menopausa.



A vía de entrada pola pel pode ser unha entrada do tóxico por si mesma ao contribuír á toxicidade da absorción por outras vías. Ademais súmase os efectos locais: irritativo, alérxico, corrosivo.   

En xeral absórbense máis as substancias liposolubles e conxúganse hidro e liposoluble, polo que atravesan mellor a barreira cutánea.

Moitos dos produtos cos que traballa a muller van a alterar a pel e hai que ter en conta tamén que a súa exposición é dobre en moitos casos: no traballo e no fogar:

§     Os deterxentes van a facilitar a permeabilidade a outras substancias químicas.

§     Os ácidos e as bases van a destruír a pel.

§     Os disolventes van a alterar a natureza da pel.

Factores a ter en conta:

§     A superficie de contacto coa pel.

§     A duración do contacto.

§     A concentración.

§     A temperatura do produto e do ambiente.

§     A humidade ambiental.

§     A temperatura da persoa. A muller en xeral ten maior perda de calor corporal, derivado da proporción máis grande da relación superficie corporal/masa corporal, especialmente significativo nalgúns momentos da vida da muller, como no caso da menopausa ou en función da fase do ciclo menstrual.

§     A muller ten maior contido de graxa subcutánea.

O dano xerado vai desde prurito, irritacións, pasando por alerxias e a posibilidade de cancro de pel.



Funcións da pel

Fonte: www.bbraun.es/es/pacientes/cicatrizacion-de-heridas/que-saber-sobre-la-piel.html



6.3.       DANOS ESPECÍFICOS SOBRE AS MULLERES DOS PRODUTOS QUÍMICOS PRESENTES NA INDUSTRIA

Aínda que en xeral un uso indebido destes produtos son prexudiciais para todas as persoas, a situación das mulleres é especialmente preocupante, por dous lados: por un lado, os danos que sofren derivados da súa dimensión biolóxica (por exemplo, a pel difire entre o home e a muller, diferente proceso de envellecemento, máis glándulas sebáceas no home, ...) pero por outra banda, debido á posibilidade de transmisión no proceso de embarazo ou lactación.

En Galicia, dun xeito similar ao que ocorre a nivel nacional, a exposición a produtos químicos é evidente. Úsanse en toda a industria, con todo tipo de efectos sobre as persoas, pero se nos centramos en actividades con maior presenza feminina atopamos a presenza na contorna laboral de fibras, produtos de branqueo, suavizantes; retardantes de chama, como o bisfenol A, que é un disruptor endócrino; nanopartículas; produtos de limpeza corrosivos, como o hidróxido de sodio; pigmentos ou outros compostos en colorantes, como o antimonio (canceríxeno) ou compostos azoicos (mutaxénicos), que poden danar o ADN ou ter repercusións como perturbadores hormonais ou no sistema reprodutivo.

A continuación recóllense algúns dos danos que os produtos químicos poden producir, especialmente sobre a muller:

·       Cancro de mama ou de ovario xerados polos produtos carcinóxenos.

·       Alteracións na descendencia xeradas polos produtos mutaxénicos.

·       Alteracións da reprodución derivadas da exposición aos tóxicos para a reprodución e que poden afectar á capacidade reprodutiva (tanto dos homes como das mulleres) e causar danos hereditarios.

·       Alteracións do sistema hormonal, pola exposición aos disruptores endócrinos, que poden afectar á persoa e aos seus descendentes.

·       Danos á pel, baseado nas diferenzas entre a pel da muller e o home xa comentadas anteriormente.

Algúns dos axentes químicos presente na contorna laboral e que xeran este tipo de danos son:

·       Os metais, especialmente os pesados, como o chumbo, o mercurio, cadmio, manganeso, arsénico, etc. Son axentes tóxicos naturais presentes en moitas industrias, como por exemplo na industria do metal, fabricación de baterías, procesos electrolíticos, industria sanitaria. Algúns deles teñen carácter acumulativo.



Danos dos metais tóxicos sobre a saúde

Fonte: www.servindi.org



·       Disolventes orgánicos: benceno, tolueno, xileno, tricloroetileno, cetonas, ésteres, glicois, etc.

o   Caso particular: o formaldehido. É un disolvente orgánico, composto químico simple, formado por hidroxeno, oxíxeno e carbono, que xeran os seres vivos co seu metabolismo celular e está presente na industria nunha gran variedade de actividades, como na industria da madeira (resinas, aglomerados de madeira...), nos adhesivos, na industria farmacéutica (por exemplo, inactivador de virus), industria cosmética (como conservante), automoción (en compoñentes expostos a altas temperaturas, pinturas, pastillas de freo,...). Este axente descomponse rapidamente e ten carácter canceríxeno e xerador de problemas reprodutivos.

·       Axentes esterilizantes, como o óxido de etileno.

·       Gases asfixiantes simples (desprazan o oxíxeno): nitróxeno, metano, acetileno, etc.

·       Gases asfixiantes químicos (substitúen ao oxíxeno impedindo o seu transporte na sangue): monóxido de carbono, cianuro e os seus compostos volátiles. 

·       Gases asfixiantes, anestésicos, narcóticos ou outros danos: éter, cloroformo, óxido nitroso, bisulfuro de carbono, amoníaco, cloro,...

·       Compostos organoclorados, organofosforados, etc. O dano xerase na fabricación e despois na aplicación. Poden presentar efecto sinérxico no uso simultáneo de dous ou máis compostos.

·       Produtos alérxenos: látex, encimas, madeira, caucho, etc.

·       Monómeros: cloruro de vinilo, entre outros. Poden ser canceríxenos.

·       Po e fibras: partículas sólidas en suspensión no aire, presentes no posto de traballo pola mecanización dun sólido. Poden ter orixe animal (lá, coiro), vexetal (algodón, madeira.) ou mineral (amianto, sílice). Causan todo tipo de danos, podendo ser canceríxenos.



Ademais, moitos dos axentes químicos que xeran este tipo de danos están presentes tamén na vida da muller fóra do ámbito laboral:

·         Tratamentos hormonais: anticonceptivos.

·         Nos cosméticos:

o    Metais pesados.

o    Formaldehídos: canceríxenos e xeradores de problemas reprodutivos.

o    Parabenos: sospeita de canceríxenos, como o cancro de mama.

o    Triclosán: afecta ás funcións hormonais.

o    Ftalato de dibutilo. Para a Unión Europea é un potencial disruptor hormonal.

o    Siloxanos: sospeita de causar infertilidade.

o    Petrolatum: derivado do petróleo, sospeita de danos durante o embarazo.

Como recolle o panel de expertos/as, aínda que os riscos dos produtos químicos están identificados, ao facer a avaliación hixiénica na empresa non se ten en conta a perspectiva de xénero, a diferenza dos seus efectos sobre o home e a muller. O máis que se ten en conta é a situación de embarazo ou lactación.

 “Non se ten en conta a diferenza entre homes e mulleres cando se fai a avaliación dos riscos hixiénicos (…) Si que se fai cando hai posibilidade de embarazo ou lactación (…) Hai algúns traballos ou axentes nos que se debería ter en conta as diferenzas biolóxicas, os alteradores endócrinos (…), os diferentes estados hormonais, etc. “

“O factor de risco é o axente en si (…) hai moitos axentes que afectan especificamente ás mulleres”

“Hai moitos produtos químicos que teñen frases que recalcan que o seu uso pode afectar á reprodución (…) Aí si que se reflicten os danos que poden producir para o embarazo, o feto, durante a lactación, etc.”

(persoas expertas entrevistadas)


R  CANCERÍXENOS

Moitos produtos químicos son considerados canceríxenos.

Sábese que existe relación entre determinados tipos de cancro e a actividade laboral pero non moi documentada e  moito menos  sobre a diferente afectación en mulleres e homes. Existen máis casos de afectación nos homes, pero hai ter en conta que habitualmente son enfermidades cun longo período de latencia e a vida laboral do home é máis prolongada e con menos interrupcións que no caso das mulleres (máis traballos temporais, tempo de embarazo e lactación e incluso os períodos de excedencia para a conciliación familiar) e ademais o tipo de exposición tamén presenta diferenzas polos postos ocupados por uns e outras e as actividades desenvolvidas.

Tampouco se ten demasiada información sobre o cancro feminino, xa que normalmente non figura no certificado de defunción a súa actividade laboral, nin na consulta médica se lle pregunta sobre o seu traballo.

Segundo o artigo “Mujer y cáncer laboral: invisibles por partida doble”[3] da revista de saúde laboral “porExperiencia” de ISTAS-CCOO, na industria, dada a prevalecía dos homes nos postos de traballo, a exposición da muller é menos visible e ademais está relegada a traballos auxiliares, onde tamén existe incidencia de cancro pola exposición a axentes químicos. Outro dos datos salientados é que o cancro ten unha forte relación co estilo de vida saudable, que a súa vez relaciónase coa posición socioeconómica para poder costeala, e de novo, as mulleres son as máis desfavorecidas nesta situación. 

Na relación de Enfermidades Profesionais aparecen cancros orixinados polos seguintes axentes causantes:

·       Amianto: neoplasia maligna de bronquio e pulmón, mesotelioma de pleura, mesotelioma de peritoneo, mesotelioma noutras localizacións e cancro de larinxe.

·       Aminas aromáticas: neoplasia maligna de vexiga.

·       Arsénico e os seus compostos: neoplasia maligna de bronquio e pulmón, carcinoma epidermoide de pel, disqueratosis lenticular en disco (enfermidade de Bowen) e angiosarcoma de fígado.

·      & Benceno: síndromes linfoproliferativos (LNH) e mieloproliferativos (PV TE LMC MFP).

·       Berilio: Neoplasia maligna de bronquio e pulmón.

·       Bis-(Cloro-Metil) Éter: neoplasia maligna de bronquio e pulmón.

·       Cadmio: neoplasia de bronquio, pulmón e próstata.

·       Cloruro de vinil monómero: neoplasia maligna de fígado e condutos biliares intrahepáticos.

·       Cromo VI e compostos de Cromo VI: neoplasia maligna de cavidade nasal e neoplasia maligna de bronquios e pulmón.

·       Hidrocarburos aromáticos policíclicos (PAH), como tisne, alcatrán, betún, brea, antraceno, aceites minerais, parafina bruta e outros factores canceríxenos: lesións premalignas na pel e carcinoma de células escamosas.

·       Níquel e compostos de Níquel: neoplasia maligna da cavidade nasal, cancro primitivo da etmoide e dos seos do rostro e neoplasia maligna do bronquio e pulmón.

·       Po de madeira dura: neoplasia maligna da cavidade nasal.

·       Radon: neoplasia maligna do bronquio e do pulmón.

·       Radiación ionízante: síndromes linfoproliferativos e mieloproliferativos e carcinoma epidermoide da pel.

·       Aminas (primarias, secundarias, terciarias, heterocíclicas) e hidrazinas aromáticas e os seus derivados halóxenos, fenólicos, nitrosados, nitratados e sulfonados: cancro da vexiga.

·       Nitrobenceno: linfoma.

·       Ácido Cianhídrico, cianuros, compostos de cianóxeno e acrilonitrilos: cancro de etmoide e senos paranasais.

·       Sílice: cancro de pulmón

Está recoñecida a enfermidade profesional cancro, nas seguintes ocupacións relacionadas co risco de exposición aos axentes canceríxenos:

·         Produción de aluminio: cancro de pulmón, cancro de vexiga urinaria.
·         Fabricación de auramina: cancro de vexiga urinaria.
·         Gasificación do carbón: cancro de pulmón.
·         Destilación de alcatrán: cancro de pel.
·         Produción de coque: cancro de pulmón.
·         Minería de hematita (subterránea): cancro de pulmón.
·         Fundición de ferro e aceiro: cancro de pulmón.
·         Produción de alcohol isopropílico: cancro nasal e paranasal.
·         Produción de maxenta: cancro de vexiga urinaria.
·         Pintura: cancro de pulmón, cancro mesotelial, cancro de vexiga urinaria.
·         Produción de caucho: leucemia, linfoma, cancro de pulmón, cancro de estómago e cancro de vexiga urinaria.


7.    XESTIÓN DA PRL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO ANTE A EXPOSICIÓN A AXENTES QUÍMICOS NO SECTOR INDUSTRIAL

7.1.       ANÁLISE DE INCLUSIÓN DO ENFOQUE DE XÉNERO NA AVALIACIÓN E XESTIÓN DE RISCOS QUÍMICOS

Como expoñen as persoas expertas participantes no estudo, a aplicación da perspectiva de xénero na xestión da PRL é aínda moi incipiente no sector e actualmente nas avaliacións de riscos laborais das empresas non se inclúe a perspectiva de xénero, soamente pénsase na muller no período de embarazo e de lactación. Considerase en xeral un enfoque neutral e isto débese a que non existe regulamentos específicos sobre este tema, cando hai evidencias da diferente afectación entre ambos dous sexos. O plantexamento nas avaliacións é coñecer a afectación que poden ter os axentes químicos a nivel de embarazo ou lactación, pero non van máis alá.

No se hace la prevención desde la perspectiva de género (…) se hace una evaluación del riesgo, pero sin tener en cuenta la diferencia de género (…) Se tiene en cuenta a la hora de valorar en el caso de que la mujer está embarazada, en período de lactancia, etc.”

(persoa experta entrevistada)

Ao longo do informe viuse que aínda que mulleres e homes están expostas/os no seu posto e/ou lugar de traballo a contaminantes químicos, o impacto non é o mesmo para ambos dos sexos e os danos sufridos terán repercusións diferentes sobre unha ou outro.

Por exemplo, os efectos en caso de embarazo ou lactación ou as repercusións do traballo en situacións como a menstruación no período fértil ou a menopausa  esquécense con frecuencia nos estudos, a pesar de que hai casos claros de efectos sobre os trastornos menstruais polas variacións no ferro e dos efectos dalgúns produtos químicos sobre a sexualidade, a fertilidade, a reprodución e a menopausa precoz; tamén pola circunstancia da dobre exposición das mulleres a axentes químicos, tanto no traballo como na vida privada, por quendas de traballo dobres, triplas ou incluso cuádruplas; as condicións biolóxicas dunha e outro (a pel das mulleres é máis delgada, o que significa que os diferentes produtos químicos que están presentes no seu posto e lugar de traballo afectarán máis a elas en comparación cos homes), etc. Ao mesmo tempo, hai tarefas tradicionalmente consideradas femininas que repercuten nos danos causados ​​por axentes químicos, como é o caso de traballos "húmidos", de limpeza, que normalmente se asocian ás mulleres e lles producen dermatites nas mans e nos brazos.

Por outra banda, outro tipo de aspectos no mundo laboral, como a duración da xornada, as quendas, os parámetros ergonómicos do posto, o menor salario, os contratos a tempo parcial non desexados e as condicións da vida privada, teñen un especial impacto na exposición das mulleres a factores psicosociais e ergonómicos e acaban recorrendo a outros tipos de produtos químicos, como medicamentos, que dalgún xeito tamén poden afectar á súa saúde.

A adopción dun enfoque neutral con respecto á exposición a contaminantes químicos fai que non se busquen solucións efectivas e, polo tanto, as mulleres quedan expostas a situacións no seu lugar e posto de traballo das que non se ten constancia da importancia que pode ter, tanto para ela, como para os seus descendentes.

Incluso na protección da muller embarazada e en lactación non se está asegurando ben a protección da muller e o feto/bebe.

“(…) en el tema de la protección al embarazo hemos ido hacia atrás (…) no está todo protegido como se debiera en el tema de riesgo químico, el embarazo o la lactancia no está bien protegido y bien regulado (…).”

(persoa experta entrevistada)

Por todo isto é necesario considerar unha avaliación baseada no cumprimento efectivo da lexislación vixente, que redunda na necesidade de incluír a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais, considerando a realidade das mulleres.

Ademais, outra limitación para integrar o enfoque de xénero na PRL é a insuficiente información e concienciación a todos os niveis, tanto do empresariado como do persoal técnico PRL, lexisladores e persoas traballadoras.

7.2.       VÍAS PARA A INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DA PRL

7.2.1.      PLAN DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A ferramenta máis importante para introducir a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais é o Plan de Prevención, que recolle as características fundamentais da política e a práctica da seguridade e saúde laboral na empresa, así como da súa organización e fundaméntase nos seguintes elementos esenciais:

·      Avaliación de riscos laborais., co obxecto de detectar, suprimir ou, en última instancia, valorar a magnitude dos riscos que non sexa posible eliminar, obtendo a información necesaria para adoptar as medidas preventivas pertinentes. Nesta avaliación é fundamental introducir o factor xénero, tal e como recolle o artigo 16 da LPRL: nelas é necesario ter en conta as características das persoas traballadoras que van a desempeñar o traballo, entre as que se atopa, como non, o xénero do persoal.

·      Planificación da actividade preventiva.

A avaliación dos riscos químicos ten que comezar por coñecer todo o proceso:

1.     Identificación da posible exposición a contaminantes. Facer o listado con todos os axentes químicos presentes na actividade e centro de traballo:

o   As materias primas e todo o que o caracteriza, a súa natureza, composición, etc.

o   Os diferentes produtos químicos que se poden usar, as súas posibles mesturas, emisións, residuos, produtos intermedios que se xeran, subprodutos, etc.

Resultado de imagen para agentes quimicos

2.     Determinación dos factores de exposición no lugar de traballo:

o   As persoas que desenvolven as tarefas.

o   Avaliación do proceso produtivo.

o   Procedementos de traballo.

o   Ciclos de traballo.

o   Tarefas.

o   Técnicas utilizadas.

o    Os equipos que se van empregar: maquinaria, ferramenta, equipamento auxiliar.

o   As condicións do lugar de traballo: ventilación, espazos, ...

o   Os postos cos que conta.

o   Configuración de posto.

o   Fontes de emisión.

Por exemplo, unha empresa da industria da madeira debe saber o tipo de madeira que emprega, se é dura ou branda; como se vai a mecanizar, o tamaño das partículas xeradas no mecanizado, os posibles produtos químicos empregados (adhesivos, colas, vernices, ...), posibles subprodutos (por exemplo, metanol), os tratamentos aos que se somete a madeira (quecemento, trituración, perforación, corte,...), sistemas de extracción/ventilación, quen fai o traballo, onde o fai, etc.

3.     Avaliación da exposición aos contaminantes:

o   Estimación inicial: consideración da concentración ambiental do contaminante e das variables relacionadas coa persoa.

o   Estudo básico: obter información cuantitativa da exposición aos contaminantes.

o   Estudo detallado: medición in situ dos axentes químicos. Na gran maioría dos casos, para obter a información da presenza de produtos químicos no centro de traballo, será necesario realizar medicións e así obter unha valoración para cada produto ou mestura de acordo cos valores límite existentes.

Unha vez que estea dispoñible toda a información deberase avaliar os riscos aos que está exposto o persoal en cada posto e considerar a influencia da perspectiva de xénero, como pode afectar o feito de ser un home ou unha muller no posto.

Unha vez identificados cales son os elementos nos que introducir a perspectiva de xénero, falta por precisar como pode concretarse a mesma e a través de que técnicas se debe plasmar no Plan de Prevención ou na propia avaliación de riscos laborais. A grandes liñas, poden citarse as seguintes vías:

·       Presentar sistematicamente todos os datos e análises por sexo.

·       Ter en conta a diversidade dos traballadores e traballadoras na organización preventiva. Por exemplo:

o      Tanto na selección e adquisición dos EPI, como no deseño dos postos de traballo, maquinaria e equipos, deben terse en conta as características das persoas que os van a utilizar e sempre deben permitir que se adapten ás súas necesidades.

o      Na organización e distribución do tempo de traballo debe terse en conta a perspectiva de xénero e permitir a conciliación da vida familiar e/ou privada coa laboral.

·       Fomentar, favorecer e garantir a consulta e a participación directa e delegada das traballadoras, asegurando de que os comités de prevención teñan unha representación equilibrada entre mulleres e homes (na participación tamén existen desigualdades de xénero).

·       Proporcionar información individualizada a traballadoras e traballadores, tal e como establece o art. 18.1. da LPRL, sobre as cuestións que afectan á súa seguridade e saúde, isto é, sobre os riscos específicos do seu posto de traballo, así como das medidas de prevención que se implanten para ditos riscos.

·       Afianzar o compromiso da dirección da empresa coa Política de Igualdade e ser aceptada de forma clara por todos os niveis da organización.

·       Examinar as tarefas que efectivamente levan a cabo e o contexto de traballo real, para evitar desviacións entre as funcións previstas que unha persoa ten que realizar e as que efectivamente pon en práctica.

·       Aplicar criterios de valoración omnicomprensivos, precisos e rigorosos. Tradicionalmente as avaliacións de riscos baseáronse de forma primordial nos accidentes de traballo, cun sistema baseado en dous elementos esenciais: a probabilidade do dano e a gravidade das consecuencias. En cambio, este método descoidaba ou, polo menos,  subestimaba outros aspectos menos visibles como as enfermidades laborais.

A partir da avaliación comeza o traballo de buscar e adoptar as medidas necesarias para corrixir as posibles deficiencias que poidan xurdir, que en calquera caso non serán necesariamente únicas ou definitivas, xa que será necesario comprobar periodicamente:

·         A eficacia destas medidas.

·         A evolución da técnica.

No caso dos produtos químicos, unha das solucións pode ser buscar a posibilidade de substituír por outro ou outros produtos cunha eficacia semellante e efectos menos nocivos ou incluso eliminar dito produto; pero en calquera caso hai dúas medidas que sempre deben adoptarse desde o principio da actividade da persoa traballadora no seu posto de traballo:

·         A formación das persoas traballadoras, que require polo menos un coñecemento de a que se enfrontan e como desenvolver a súa actividade cun risco mínimo.

·         E, por outra banda, o seguimento de saúde, cos protocolos adecuados en función do ambiente ao que poida estar exposta a persoa traballadora.


v  MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS


R  CONTROL DO RISCO

As accións preventivas que se poden levar a cabo para reducir o risco de exposición a produtos químicos pódense levar a cabo en tres puntos:

·       Sobre a fonte contaminante, cuxo obxectivo é previr a emisión de dito contaminante mediante modificacións no proceso, substitución, illamento ...

·       Sobre o medio de difusión, neste caso o aire, e a finalidade é evitar a súa propagación mediante a ventilación xeral, extracción local, limpeza, sistemas de alarma, etc.

·       Sobre o receptor, para evitar os efectos sobre o traballador ou traballadora e realízase a través da rotación de persoal, formación e información en PRL,  boas practicas preventivas, pechamento de traballadores/as en cabinas, equipos de protección individual,  etc.

As mellores accións preventivas son as realizadas no foco, xa que significa protexer a todas as persoas desde a orixe, incluso aquelas que non consideramos expostas, mentres que as medidas que se poden tomar no receptor son as máis inadecuadas e só deben empregarse temporalmente.

Entres as medidas de control do risco tóxico atópanse as seguintes por orde de preferencia:

1.    Substitución: eliminar substancias perigosas ou substituílas por outras menos prexudiciais.

·       Requiren a existencia de produtos de similares características no mercado profesional.

·       Requiren un coñecemento previo e preciso de ambos os dous produtos. É necesario ter a información suficiente para asegurar que o novo axente proporciona similares beneficios e non xera riscos ou polo menos os novos riscos son de inferior toxicidade ao existente.

·       Outra posible opción sería o cambio do proceso por outro que non provoque riscos tan perigosos. Por exemplo, se é posible evitar o quecemento, para eliminar a presenza de vapores desprendidos.

2.    Illamento: separa ás persoas traballadoras de calquera contacto con substancias perigosas.

·       Recorrer á evolución da técnica evitando calquera posible contacto da persoa co axente químico: automatización de procesos, robotización, ...

3.    Recinto: usa sistemas completamente pechados, preferentemente con presión negativa.

·       Illar o proceso de tal xeito que non sexa posible a saída do contaminante ao exterior. O acceso estará limitado ao menor número posible de persoas, que estarán equipadas co equipamento de protección individual adecuado ao risco xerado polo axente químico.

4.    Aspiración: elimina os vapores, gases ou vapores tóxicos da fonte de emisión mediante o uso de sistemas de extracción localizados.


Fonte: www.equipovertical.com

·      O seu obxectivo é captar o axente químico na zona onde se xera o foco, evitando así que se estenda ao medio ambiente. O deseño, instalación e calquera posible remodelación, mantemento ou cambio serán realizados por persoal especializado.

5.    Ventilación: renovar a atmosfera de traballo con aire fresco non contaminado.

·       Reducir o nivel de axente químico no aire renovando o aire nas instalacións. Consiste en mesturar aire limpo co axente químico presente, buscando dilucións a concentracións máis baixas. Pódese facer uso deste método nos casos en que o axente químico sexa de baixa toxicidade.



6.    Métodos: incorporar boas prácticas de traballo que eviten as exposicións accidentais.

·         Orde e limpeza.

·         Peche de envases.

·         Uso de recipientes para a recollida de derrames: cubetos.

·         Control de focos de ignición.

·         Outros.

7.    Tempo: minimizar o tempo de exposición ou evitar as exposicións innecesarias.

·         Reducir no posible. 

8.    Protección: uso de equipos e roupa de protección individual.

·         Selección dos medios de protección persoal axeitados en función do contaminante.

·         Posta a disposición de medios de protección persoal.

·         Uso obrigatorio dos medios de protección persoal polos traballadores/as.

9.    Hixiene: facilitar ás persoas traballadoras hábitos de hixiene persoal.

·         Por a disposición do persoal os medios para unha correcta hixiene no manexo de produto:

ü  Medios de protección individual.

ü  Auga e xabón e outros produtos de hixiene.

ü  Baños e vestiarios, ordenados, limpos e correctamente dimensionados.

ü  Duchas de emerxencia e fontes lavaollos.



10. Formación e información específica de PRL: referido aos riscos derivados do exposición a axentes químicos e as medidas necesarias para evitalos.

·         Dotar á persoas traballadoras coa información sobre o produto:

ü  Etiqueta.

ü  Folla de Seguridade.

ü  Sinalización dos postos e lugares de traballo.

·         Formación específica sobre os axentes químicos:

ü  Riscos laborais.

ü  Medidas preventivas

s Proteccións colectivas.

s Proteccións individuais.

ü  Vixilancia da saúde.

ü  Medidas de emerxencia.



11. Vixilancia da saúde: Específica segundo axentes químicos usados.

·         Recoñecer a presenza do axente químico: Protocolos específicos.

·         Facer os recoñecementos médicos específicos a cada persoa.

·         Considerar a diferente afectación da muller e do home.



R  EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

Da cordo coa “Guía técnica para la evaluación y prevención de los riesgos relacionados con los agentes químicos presentes en los lugares de trabajo” del INSST, cando o risco non se eliminou, a redución non é posible ou é insuficiente, mentres se adoptan as medidas correspondentes, en situacións específicas, a curto prazo ou incluso en situacións de emerxencia, é necesario, ademais das medidas de protección colectiva que poidan existir na empresa, recorrer a equipos de protección individual.

Fonte: riscoslaborais.info

Os equipos de protección individual deben cumprir os seguintes requirimentos:

1.     Marcado CE.

2.     Declaración CE de conformidade.

3.     Manual de instrucións.

4.     Norma UNE correspondente.

5.     Nos EPI fronte a risco químico (en xeral son de categoría III), inclusión do número do organismo notificado que fai o control.

Para a selección do equipo adecuado, hai que ter en conta a vía de entrada:

·         Respiratoria: equipo de protección respiratoria.

·         Dérmica:

ü Luvas de protección.

ü Roupa de protección.

ü Calzado.

·         Contacto ocular: lentes ou pantalla de protección.

·         Respiratoria + contacto ocular: protección respiratoria + filtro + lentes ou pantalla de protección.

A)   Equipos de protección respiratoria[4]

A súa función é protexer as vías respiratorias fronte a atmosferas perigosas: partículas, gases e/ou vapores ou deficiencia de oxíxeno.

 Ten que estar composto por:

·         Peza ou adaptador facial: debe axustarse e impedir a entrada de aire contaminado.


Fonte: “Cartel Respira Hondo” (INSST)



·         Aporte de aire respirable ao adaptador:

o   Equipos filtrantes (filtrado ou limpado dos contaminantes do aire).

§       Ambientes sen deficiencias de oxíxeno

§       Filtrantes de partículas e aerosois: P (1 baixa eficacia, 2 media eficacia, 3 alta eficacia). O material filtrante esta composto por un entramado de fibras plásticas que reteñen o contaminante.

§       Filtrantes de gases e vapores.

·         O material filtrante é carbón activo, sometido a tratamento en función do contaminante a reter.

·         Os filtros son específicos en función do produto químico.

§       Filtros combinados. A suma dos dous anteriores. Neste caso están os filtros especiais, da táboa adxunta: NO-P3, e Hg-P3, estes non se clasifican da cordo a súa capacidade.

o   Equipos illantes (subministro de aire respirable desde unha fonte independente).

Marcado dos filtros

Os filtros deben levar as seguintes especificacións:

·         Identificación do fabricante, subministrador ou importador.

·         O número e data da norma.

·         O marcado CE e o número do organismo notificado que lle fixo o control de calidade da produción.

·         Tipo, clase, código de color e particularidades.

·         A frase ou pictograma “ver información do fabricante”.

·         Ano e mes de caducidade (pictograma).

·         Condicións de almacenamento (pictograma).





Consideracións

É moi importante o correcto axuste das mascaras na cara do usuario/a para asegurar a eficacia do equipo. Hai que ter en conta a presenza de vello facial, cicatrices, etc., xa que poden afectar a hermeticidade.

No caso de utilizar varios equipos de protección ao mesmo tempo (por exemplo: media máscara e lentes), débese garantir a compatibilidade entre eles.

Algúns destes EPI son de categoría III, requiren un control anual por parte dun laboratorio independente.

Criterios de selección dos equipos de protección respiratoria

A selección depende dos datos aportados na avaliación de riscos laborais:

·       Concentración de oxíxeno durante todo o tempo que dure a exposición.

·       Axentes químicos perigosos, incluíndo o estado físico do contaminante (po, fibra, fume, gas, vapor, ...).

·       A concentración máxima na atmosfera e o valor límite ambiental.

·       Adaptación do equipo ao ambiente de traballo, ao usuario/a e as características propias da tarefa.

·       Outros riscos relacionados co traballo e que podan influír na selección e uso do equipo: porque podan danalo o diminuír a capacidade de retención (faíscas, salpicaduras, ...).

B)   Luvas de protección[5]

As luvas de protección contra os produtos químicos, son EPI de categoría III, por ofrecer una protección limitada no tempo contra riscos que poden ocasionar danos irreversibles ou incluso a morte. No marcado CE debe incluír o número de identificación do organismo notificado que participe no procedemento de conformidade.

Teñen que ser impermeables, estancos ao aire e auga. O nivel de protección da luva contra un produto químico depende do material e do produto químico específico.



TEMPO DE PASO NORMALIZADO

NBT (min)

NIVEL

> 10

1

>30

2

>60

3

>120

4

>240

5

>480

6



O nivel de protección determínase en función da resistencia do material á permeación do produto en condicións de laboratorio. Con produto en contacto permanente coa luva o parámetro mídese en termos de tempo de avance, NBT (Tempo de paso normalizado), medido en minutos, úsase para clasificar o material das luvas en seis clases ou niveis, desde a clase 1 ata a 6. O fabricante debe referirse aos produtos químicos probados e ás clases de permeación obtidas no seu folleto informativo.

O dato é soamente unha referencia para a selección.

Ademais a luva debe incluír os pictogramas referidos a protección química e a norma aplicable.


DEFINICIÓN
PICTOGRAMA
OBSERVACIÓNS

Protección química

Tipo A

A EN ISO 374-1 inclúe unha lista de 18 substancias químicas ás que foron asignadas letras de "A" a "T" que se  toman como referencia para saber contra que produtos químicos se obtivo, polo menos, o nivel 2 na proba de resistencia á permeación, segundo as letras que aparecen baixo o pictograma da luva en cuestión.

Se ademais próbanse as luvas en busca de compostos químicos non presentes nesta lista, os niveis de rendemento deberán aparecer nas instrucións de uso proporcionado polo fabricante.

Para que unha luva de protección química se considere tipo A, debe superar a proba de resistencia á permeación de polo menos o nivel 2, fronte ao menos 6 produtos químicos listados.

Protección química

Tipo B

Os de tipo B teñen que ser ensaiados co mesmo nivel de prestación 2, ao menos con tres produtos químicos da lista.

Protección química

Tipo C

Os de tipo C deben presentar ao menos nivel 1 de resistencia a permeación ao ser ensaiados fronte a un dos compostos da lista.

Pictograma “consultar o folleto informativo”

Este pictograma debe usarse xunto aos demais pictogramas, e indicará a necesidade de consultar o folleto para información sobre todas as prestacións da luva, así como instrucións de uso, coidados, etc.


C)   Roupa de protección[6]

A súa misión é evitar que os produtos químicos entren en contacto directo coa pel, os cales, dependendo das características do produto, poden ser especialmente prexudiciais para a saúde, xa que poden producir corrosión e/ou absorción ou outros danos.

No caso da roupa de protección, o material de fabricación e o deseño do traxe son moi importantes. É necesario garantir a hermeticidade dos equipos, a súa resistencia á entrada dos contaminantes químicos a través de costuras e xuntas. A clasificación baséase nesta estanquidade.

A elección dunha prenda ou outra depende da parte do corpo a protexer e da natureza do contaminante.


PARTE DO CORPO
FORMA FÍSICA DO CONTAMINANTE
Vapor, gas
Chorro de líquido
Pulverizado
Po, partículas
Pequenas salpicaduras
Todas as zonas
Traxes tipo 
1a, 1b, 1c e 2
Traxes 
tipo 3
Traxes
tipo 4
Traxes tipo 5
Traxes 
tipo 6
Protección parcial
PB (Partial Body): mandís, polainas, manguitos, chaquetas ou pantalón

E ao igual que no resto dos equipos de protección, esta roupa ten que contar con marcado CE, que inclúe o número identificativo do organismo notificado encargado do control da produción (é un EPI categoría III), os pictogramas de protección química co número da norma que cumpre e a data, o pictograma de riscos adicionais que tamén estean cubertos, o pictograma de consultar o folleto informativo e outras marcas como a talla.

 

Características

Os traxes tipo 1 ou 2 protexen todo o corpo e empréganse con gases e vapores. Nos tipo 1, todas as costuras e unións son herméticas no propio traxe, ademais o son as conexións cos demais accesorios integrais, como luvas ou botas. O material ten que ser resistente a permeación dos produtos para os que foran ensaiados.

Pode ter tres posibilidades de deseño: 1a, 1b ou 1c, dependendo de que o equipo de protección respiratoria co que debe usarse o traxe vaia dentro ou fora do mesmo, ou vaia conectado a unha liña de aire respirable e a presión positiva. A elección dun ou outro depende de que a actividade a realizar sexa máis ou menos compatible con algún dos deseños.





Para os líquidos que non xeran vapores, os traxes serían tipo 3. Usaríanse en caso de salpicaduras de ácidos ou bases. Neles tanto as costuras como as cremalleiras e unións teñen que estar protexidas fronte a líquidos con presión. É importante ter en conta a resistencia á penetración dun chorro de líquido cunha presión especificada na norma: ensaio de chorro.

Os traxes tipo 4 poden ser dunha ou dos pezas, usadas simultaneamente. Son para a exposición fronte a líquidos pulverizados. A diferenza dos de tipo 3 teñen un nivel menor de protección, xa que é menor a presión das gotículas que a que exerce o chorro. Ten que superar a proba de ensaio: ensaio de spray.

En ambos os dous casos, traxes 3 ou 4, os materiais dos traxes teñen que demostrar a resistencia á permeación dos produtos químicos que o fabricante indique, representativos do uso a que se destina o traxe.

Os traxes tipo 5 protexen conta as partículas sólidas en suspensión. Neste caso a hermeticidade valórase a través dun ensaio da resistencia á entrada dun aerosol de partículas finas: ensaio de fuga ao interior. Os materiais destes traxes non teñen un ensaio específico de resistencia á penetración. Habitualmente son traxes desbotables, usándose combinados con botas, luvas e protección respiratoria, xa que non forma parte do traxe, e selados nos puntos de unión. Por exemplo, empréganse para os traballos de retirada de amianto.

Os traxes tipo 6 son os de máis baixo nivel, valórase a resistencia á penetración dun líquido pulverizado coa proba: ensaio de spray reducido. Teñen menor presión que no caso dos traxes 4 e os materiais non son resistentes á permeación, son transpirables e repelentes aos líquidos.

Para a protección dunha parte do corpo están os mandís, polainas, manguitos, chaquetas ou pantalón. Identifícanse como PB (Partial Body) e os materiais dos tipo 3PB o 4PB ensaiaranse para a determinación da resistencia á permeación dos produtos químicos que o fabricante indique. No caso dos materiais de prendas tipo 6PB, non son resistentes á permeación, soamente repelen líquidos.

D)   Calzado de seguridade[7]

A súa misión é protexer os pés ou os pés e as pernas do contacto cos produtos químicos (líquidos ou po agresivo) e ademais pode protexer fronte a outros riscos (mecánicos, eléctricos, térmicos).

Clasifícanse en:

·         Calzado resistente a produtos químicos: fabricado en coiro, caucho ou materiais poliméricos.

·         Calzado de alta resistencia a produtos químicos: non debe estar fabricado en coiro.

Para a súa selección é necesario ter en conta o produto químico fronte o que está ensaiado. O fabricante ten que indicar cales son os produtos químicos fronte aos que protexe.

Nos pictogramas e información que recolle o calzado ten que indicar a norma que cumpre, a resistencia mecánica e fronte a que produtos protexe.

E)    Protección ocular e facial[8]

Para a súa selección é fundamental coñecer o estado físico de contaminante: sólido, líquido, aerosol ou gas. É importante o tipo de montura, onde ven marcado o campo de uso do protector, é dicir, a protección ofrecida fronte un risco determinado.


SÍMBOLO

CAMPO DE USO

TIPO DE MONTURA

Sen símbolo

Uso básico

Todas

3

Pingas de líquido

Montura integral

Salpicaduras de líquido

Pantalla facial

4

Partículas grosas de po

Montura integral

5

Gases e partículas finas de po

Montura integral

8

Arco de curtocircuíto eléctrico

Pantalla facial

9

Metais fundidos e sólidos quentes

Montura integral ou pantalla facial


Os adecuados para os produtos químicos son os de símbolo 3 e 5. O exemplo de marcado dunha pantalla facial é:

XXXX- UNE EN 166-3 F (ano - Norma UNE - Salpicaduras de líquidos - Impacto de partículas a alta velocidade de enerxía baixa, indicado pola letra F).

7.2.2.      NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Resultado de imagen de NEGOCIACIÓN COLECTIVAOutra vía para a integración da perspectiva de xénero na PRL é o convenio colectivo.

O convenio colectivo defínese como o acordo entre sindicatos e empresariado para establecer condicións e directrices laborais que regulan situacións fundamentais, como a definición de postos de traballo, salarios ou horarios laborais.

Son o marco específico para a regulación das relacións laborais, na empresa ou sector de actividade, a diferentes niveis, nacionais, autonómicos ou provinciais, e unha ferramenta adecuada para levar a cabo a materialización das directrices en igualdade entre mulleres e homes no posto de traballo.

O convenio colectivo tamén é un reflexo da situación actual das mulleres con respecto aos homes, da igualdade de trato e da non discriminación por razón de sexo, emprego e condicións de traballo; das posibilidades de conciliación da vida laboral, familiar e persoal; das variables de maternidade e prevención de riscos no embarazo e na lactación. Sen embargo, é necesario sinalar que aínda hoxe en día non todos os acordos teñen en conta todas as variantes relacionadas nos seus artigos.

Un claro exemplo de inclusión no convenio colectivo de consideracións de igualdade é o XIX Convenio Colectivo Xeral da Industria Química (2018-2020), que no seu capítulo XVII inclúe a igualdade de trato e oportunidades, coa esixencia de plans de igualdade e a presenza de figuras como delegadas/os de igualdade, a existencia dunha Comisión Mixta Sectorial para a Igualdade de Oportunidades ou os Protocolos para a Prevención e tratamento de situacións de acoso sexual e por razóns de sexo e acoso discriminatorio.



7.2.3.      PLAN DE IGUALDADE

Un Plan de Igualdade é un conxunto de medidas na busca da igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes nas empresas, coa finalidade de eliminar a discriminación por razón de sexo.

Os plans definen os obxectivos de igualdade a acadar, as estratexias da empresa e as prácticas a adoptar para conseguilos e doutra banda, establece sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.

A coordinación e interrelación entre o Plan de prevención e  o Plan de Igualdade é necesaria para a boa xestión da prevención de riscos laborais.

Resultado de imagen de plan de igualdad

O Plan de Igualdade é unha obriga para as empresas que reúnen os seguintes requisitos estipulados na Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva  de mulleres e homes:

·        Empresas con cincuenta ou máis empregados/as terán que dispor do seu propio plan nun tempo determinado:

o  De 50 a 100 persoas no persoal, a partir do 7 de marzo de 2022.

o  Entre 101 e 150 persoas no persoal, a partir do 7 de marzo de 2021.

o  Entre 151 e 250 persoas empregadas, xa teñen que telo en marcha desde o 7 de marzo de 2020.

·         As empresas, calquera que sexa o seu tamaño, tamén deben elaborar o Plan de Igualdade cando o estableza o convenio colectivo ou cando o requiran as autoridades.

·        Ademais, se as empresas contratan coas administracións teñen que considerar que nas licitacións adoitan establecerse cláusulas nas que prevalecen as empresas que teñen plans de igualdade ou xa directamente están obrigadas a elaboralos.

Forma parte da documentación a compilar para a elaboración do Plan de Igualdade na empresa o Plan de Prevención, considerando a perspectiva de xénero e dentro da avaliación de riscos, aquelas situacións que poidan afectar á pre-concepción, embarazo e/ou lactación e as propostas de medidas preventivas; ademais da lista de postos que poderían estar libres destes riscos, con vistas á súa posible asignación en caso de presentarse a situación.



O Plan de Igualdade é un documento vivo, que evoluciona segundo os cambios que se produzan na empresa.


7.3.       OUTRAS RECOMENDACIÓNS PARA A INTEGRACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA PRL

A continuación recóllense unha serie de pautas recomendadas para axudar na integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais:

·       Formación e concienciación en perspectiva de xénero de todos os actores implicados na seguridade e saúde laboral.

Esta visión é practicamente unánime entre as persoas expertas entrevistadas, que afirman que a formación (entendida, ademais co obxecto de fomentar a cultura preventiva e a concienciación en materia de xénero) é o mellor xeito de avanzar neste ámbito, e, sen embargo, o menos explorado.

Para axudar a implementar este cambio no sector é fundamental unha maior concienciación en igualdade de xénero nas empresas, tanto na dirección como no propio persoal e noutros actores relacionados coa seguridade e saúde laboral (persoal técnico de PRL, mutuas, formadores/as e lexisladores). A que existe actualmente é insuficiente.

É importante que sexan conscientes da situación, de xeito que sexan capaces de detectar que hai riscos que poden afectar de distinta maneira a un home e a unha muller e adaptar as políticas de empresa ás persoas.

·       Supresión de factores de desigualdade que fan máis vulnerable ao colectivo feminino fronte a certos riscos.

·       Deseño dos postos de traballo considerando os condicionantes da persoa que o desenvolve: xénero, estado fisiolóxico no que se atopa, a súa antropometría, coñecementos, e en xeral todo o que lle afecta.

·       Ferramentas e equipos de traballo, así como os equipos de protección individual (EPI) tendo en conta os condicionantes propios da persoa que os usará (home/muller).  Isto é fundamental para evitar riscos. En moitas empresas soe empregarse equipos con estándares xerais ou mixtos.

“(…) en temas de riesgo químicos unos simples guantes o unos simples monos específicos no había talla para una mujer de 1.60, por ejemplo.”

(persoa experta entrevistada)


·       Vixilancia da saúde tendo en conta as diferenzas biolóxicas de homes e mulleres e as desigualdades sociais e as exposicións maioritarias nas mulleres ao risco. Presentar os resultados colectivos da vixilancia epidemiolóxica por sexo e analizar de forma completa e diferenciada.

Ademais:

a.     Preparación específica do persoal sanitario, para que poidan identificar as posibles diferenzas que podan xurdir respecto a situación das mulleres e homes.

b.    Elaboración de protocolos nos que se contemple a idiosincrasia da muller e do home e o distinto prexuízo na saúde de ambos os dous.

c.     Afrontar a exposición da muller aos contaminantes químicos considerando máis variables e non só a capacidade reprodutiva.

d.    Investigación sobre as Enfermidades Profesionais, aumentando o listado delas e analizando as diferenzas segundo o sexo da persoa afectada.

·       Análise e investigación dos accidentes e as enfermidades profesionais, considerando a perspectiva de xénero.

·       Fomentar a participación das mulleres na seguridade e saúde laboral. Que  a muller participe nos órganos de representación e participación na toma de decisións relativas á PRL (delegados/as de PRL e comité de seguridade e saúde laboral de ser o caso). As mulleres deberían estar representadas e participar directamente (a poder ser, que exista unha representación o máis equilibrada posible de homes e mulleres) nos procesos de consulta e participación en materia de PRL, co fin de coñecer os riscos específicos das traballadoras no seu posto de traballo.

·       Revisión e actualización dos valores límites de exposición (VLE). Os valores límite de exposición a riscos químicos e outros axentes ambientais foron calculados a partir de estudos realizados en poboación masculina e aínda así, son xerais, non teñen en conta as diferenzas antropométricas ou doutro tipo dentro do mesmo xénero. Estes valores non se poden extrapolar para medir o nivel límite de exposición das mulleres traballadoras a estes axentes, pois estes límites márcanse en base á capacidade de absorción dos homes.


“a nivel químico cuando tu lees los VLA están pensados para hombres de peso medio, de edad media, etc. (…) esto te hace pensar que estas evaluaciones de productos químicos no están pensadas para toda la población sino solo para la mitad (…) Ahí vemos la carencia que tenemos”

 (persoa experta entrevistada)


·       Promover estudos, estatísticas e investigacións en materia de PRL con enfoque de xénero e sobre produtos químicos. É importante adoptar unha perspectiva de xénero nos estudos e investigacións en materia de PRL, para corroborar se existen ou non diferenzas de xénero que obriguen a realizar avaliacións de riscos diferenciadas.

A investigación técnica ten que abrirse a outros campos e non só as actividades máis desenvolvidas polos homes.

Tamén debe proseguirse coa gran labor na investigación dos produtos químicos. Aínda quedan moitos produtos dos que investigar a súa repercusión na saúde das persoas, diferenciando se se trata dun home ou dunha muller.

·       Manterse ao día na recompilación e análise da normativa que vai xurdindo dos distintos organismos relacionados, facendo especial fincapé na relacionada coas condicións de traballo da muller e o que lle afecta, tanto o relacionado coa igualdade, como coa maternidade e lactación.

·       Recompilar información dos distintos países para a adaptación das políticas e medidas que demostraron a súa efectividade.



8.    CONCLUSIÓNS

Este estudo amosa que existen factores que condicionan a necesidade de aplicar unha xestión dos riscos laborais diferente por xénero. Sen embargo, no sector industrial é aínda moi incipiente e non sempre se aplica.

Homes e mulleres teñen diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas que non se valoran, podendo desempeñar un papel determinante en como son absorbidos os químicos no corpo e os seus efectos. Por exemplo, a poboación feminina ten unha diferente susceptibilidade fisiolóxica aos efectos da exposición a produtos químicos debido a diferenzas na fisioloxía e en relación cos seus ciclos reprodutivos, á súa maior proporción de graxa corporal que fai que se almacene máis facilmente os contaminantes químicos, ao ter menos corpulencia que a masculina e unha pel máis final os efectos son maiores sobre elas, etc. e ademais está a situación de embarazo ou lactación na que pode atoparse unha muller e que tamén condiciona a súa exposición.

A isto hai que engadirlle outras desigualdades de xénero. A presenza das mulleres no sector industrial galego céntranse principalmente en determinadas actividades da industria manufactureira, como a da transformación dos produtos da pesca, o téxtil e calzado ou a industria farmacéutica. No resto de actividades a presenza feminina é moi baixa, sendo actividades altamente masculinizadas (segregación horizontal). Ademais, como consecuencia da segregación vertical, as mulleres ocupan postos de categorías baixas (moitas veces precarios) ou intermedias, que son as que están máis en contacto cos factores de risco, sendo os homes os que abranguen os cargos de maiores responsabilidades e mellores condicións. Tamén as desigualades no deseño e selección dos equipos de traballo e nos EPI e nas condicións laborais das mulleres e outras cuestións na contorna laboral (dobre presenza/xornada, conciliación, acoso sexual ou por razón de xénero… que fan que sexan máis vulnerables aos riscos psicosociais) repercutirán na exposición aos riscos químicos.

Todos estes factores e diferenzas fan que sexa necesaria integrar o enfoque de xénero na xestión da PRL. Tense en conta a repercusión dos riscos químicos na muller nas situacións de embarazo ou lactación (aínda que non está resolto na súa totalidade), pero non por outras cuestións de xénero e débese de abrir un abanico maior onde se realice unha vixilancia da saúde laboral e unha xestión preventiva total dos riscos e os factores que afectan ás mulleres de forma específica.

Para axudar na integración da perspectiva de xénero na PRL existen varias vías:

·       O Plan de prevención de riscos laborais é o eixo principal sobre o que debe bascular a materia, con avaliacións  de riscos adaptadas a cada posto de traballo e ás  características da persoa, e cunha avaliación específica dos riscos químicos.

·       A negociación colectiva pode xerar un marco regulador que impoña medidas xenéricas que aseguren que determinados aspectos non queden á discrecionalidade ou vontade da empresa.

·       O Plan de Igualdade é un importante instrumento para axudar a paliar os factores de risco relacionados coa desigualdade de xénero.

A maiores, para axudar nesta integración da perspectiva de xénero na PRL, é necesaria a formación e concienciación de todos os actores implicados na seguridade e saúde laboral (dirección e persoal da empresa, persoal técnico de PRL, mutuas, formadores/as, lexisladores), a supresión de factores de desigualdade que fan máis vulnerable ao colectivo feminino fronte a certos riscos, deseño de postos de traballo e selección de equipos e EPI considerando os condicionantes da persoa (muller/home) e a necesidade de avanzar en avaliacións de riscos cada vez máis individualizadas e adaptadas ao posto de traballo e ás persoas que os ocupa.

Ademais, estudos, estatísticas e investigacións deben ser segmentados en función da variable sexo para avanzar no coñecemento dos riscos diferenciais.



9.    BIBLIOGRAFÍA

ý      Agentes químicos y mujeres. Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/214929/AgentesQuimicosyMujeres.pdf/9f646a50-4b67-4ba7-b4db-0805797f43c5

ý      Condiciones de trabajo según género en España. INSST. 2015. Dispoñible en: https://www.insst.es/documents/94886/538970/Condiciones+de+trabajo+seg%C3%BAn+g%C3%A9nero+en+Espa%C3%B1a+2015.pdf/40cb9579-e162-41dd-a798-c372b236a199

ý      Directrices para la evaluación de riesgos y protección de la maternidad en el trabajo. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/96076/Directrices+para+la+evaluaci%C3%B3n+de+riesgos+y+protecci%C3%B3n+de+la+maternidad+en+el+trabajo/7caad3b7-f51a-423f-a723-fee50c8e16c7

ý      Efectos de las sustancias químicas en contacto con la piel: guía de salud ocupacional para profesionales de la salud y empleadores. DHHS (NIOSH-Instituto Nacional para a Saúde e Seguridade Ocupacional dos EE.UU.). 2011. Dispoñible en:

https://www.cdc.gov/spanish/niosh/docs/2011-200_sp/default.html

ý      Efectos sobre la salud de los agentes químicos. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/-/efectos-sobre-la-salud-de-los-agentes-quimicos

ý      Estudio epidemiológico de las enfermedades profesionales en España. 1990-2014. Ministerio de Sanidad, Servicios sociales e Igualdad. Dispoñible en:

https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/saludAmbLaboral/docs/EEPPEspana.pdf

ý      Fichas de control de Agentes Químicos (FCAQ). INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/fcaq-fichas-de-control-de-agentes-quimicos

ý      Guía del riesgo químico. CC.OO. Junta de Castilla y León. 2012.

ý      Guía para la implantación de la RSE en la empresa. Grupo de trabajo Izaite. Asociación de empresas vascas pola sostenibilidad. Dispoñible en:

http://www.izaite.net/pdf/guiarse.pdf

ý      Guía para la prevención de riesgos laborales con enfoque de género. Ibermutuamur. Junta de Castela e León. Dispoñible en:

https://trabajoyprevencion.jcyl.es/web/jcyl/TrabajoYPrevencion/es/Plantilla100Detalle/1284382939361/_/1267295847775/Redaccion

ý      Informe. La industria en España: Propuesta para su desarrollo. Consejo Económico y Social. 2019. Dispoñible en:

http://www.ces.es/documents/10180/5209150/Inf0419.pdf

ý      Informe sobre el estado de la seguridad y salud laboral en España. 2018. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/618461/Informe+sobre+el+estado+de+la+seguridad+y+salud+laboral+Espa%C3%B1a+2018.pdf/be095b10-aa95-4c69-9908-e163784312a9

ý      KOGEVINAS, M., MAQUEDA, J., DE LA ORDEN, V., FERNÁNDEZ, F., KAUPPINEN, T. e BENAVIDES, F.G. Exposición a carcinógenos laborales en España: Aplicación de la base de datos CAREX. Archivos Prevención Riesgos Laborales. 2000. Dispoñible en:

https://archivosdeprevencion.eu/view_document.php?tpd=2&i=1251

ý      La evaluación de impacto en función del género en el ámbito de la el ámbito de la industria. Emakunde-Instituto Vasco de la Mujer. 2014. Dispoñible en:

https://www.emakunde.euskadi.eus/contenidos/informacion/politicas_evaluaciones_2/es_def/adjuntos/materiales.sectoriales.industria.pdf

ý      La igualdad de género en los convenios colectivos. Informe extraordinario. 2009. Eusko Jaurlaritza. Dispoñible en:

https://www.emakunde.euskadi.eus/contenidos/informacion/servicio_defensa/es_def/adjuntos/igualdad.convenios.es.pdf

ý      La perspectiva de género en la Prevención de Riesgos Laborales. Osalan. 2010. Dispoñible en:

https://www.osalan.euskadi.eus/contenidos/informacion/info2011_perspectivagenero/es_informe/adjuntos/Perspectiva_Genero_InfOsalan.pdf

ý      La prevención del risco químico en el lugar de trabajo. Guía para la intervención. ISTAS. 2008. Dispoñible en:

http://istas.net/descargas/guiaquim.pdf

ý      MORÁN, P. “Mujer y cáncer laboral: invisibles por partida doble”. En: por Experiencia, 03/05/2019, nº 80. ISTAS-CCOO. Dispoñible en:

https://porexperiencia.com/opinion/mujer-y-cancer-laboral-invisibles-por-partida-doble

ý      Mujer y trabajo en el sector industrial: economía sumergida, violencia y género. Ministerio de Igualdade. Instituto da Muller. 2006. Dispoñible en:

https://www.inmujer.gob.es/en/areasTematicas/estudios/estudioslinea2009/docs/764Mujertrabsectindustrial.pdf

ý        Notas Técnicas de Prevención. Coleccións. INSST. Dispoñible en: www.insst.es

ü  NTP 005: Identificación de los productos químicos por etiqueta. 1982.

ü  NTP 008: Reglamentos relativos a productos químicos. 1982.

ü  NTP 049: Identificación por distintivos de colores de filtros respiratorios. 1983.

ü  NTP 371: Información sobre productos químicos: Hojas de datos de Seguridad. 1995.

ü  NTP 459: Peligrosidad de productos químicos: Etiquetado y hojas de datos de seguridad. 1997.

ü  NTP 663: Propiedades fisicoquímicas relevantes en la prevención del riesgo químico. 2004.

ü  NTP 712: Sustitución de agentes químicos peligrosos (II): Criterios y modelos prácticos. 2005.

ü  NTP 726: Clasificación y etiquetado de productos químicos: Sistema mundialmente armonizado (GHS). 2006.

ü  NTP 727: Clasificación y etiquetado de productos químicos: Comparación entre el GHS y la reglamentación europea. 2006.

ü  NTP 749: Evaluación del riesgo de accidente por agentes químicos. Metodología simplificada. 2006.

ü  NTP 787 Equipos de Protección Respiratoria: Identificación de los filtros, sus tipos y clases. 2008.

ü  NTP 871: Regulación UE sobre productos químicos (I). Reglamento REACH. 2010.

ü  NTP 878: Regulación UE sobre productos químicos (II). 2010.

ü  NTP 878: Regulación UE sobre productos químicos (III). Reglamento CLP: Peligros físicos. 2010.

ü  NTP 881: Regulación UE sobre productos químicos (IV). Reglamento CLP: Peligros para la salud y el medio ambiente. 2010.

ü  NTP 1136: Guantes de protección contra productos químicos. 2020.

ý      Nuevo etiquetado para productos químicos (sustancias o mezclas). Asepeyo. 2016. Dispoñible en:

https://prevencion.asepeyo.es/wp-content/uploads/L3E16003-Resumen-Nuevo-etiquetado-para-productos-qu%C3%ADmicos_Asepeyo.pdf

ý      Oportunidades Industria 4.0 en Galicia. Diagnóstico Sectorial: Alimentación y Bio. Xunta de Galicia. Igape. 2017. Dispoñible en:

http://www.igape.es/es/ser-mas-competitivo/galiciaindustria4-0/estudos-e-informes/item/1529-oportunidades-industria-4-0-en-galicia

ý      Oportunidades Industria 4.0 en Galicia. Diagnóstico Sectorial: Textil/Moda. Xunta de Galicia. Igape. 2017. Dispoñible en:

http://www.igape.es/es/ser-mas-competitivo/galiciaindustria4-0/estudos-e-informes/item/1529-oportunidades-industria-4-0-en-galicia

ý      Oportunidades Industria 4.0 en Galicia. Estado del Arte Industria 4.0: contexto y claves metodológicas. Xunta de Galicia. Igape. 2017. Dispoñible en:

http://www.igape.es/es/ser-mas-competitivo/galiciaindustria4-0/estudos-e-informes/item/1529-oportunidades-industria-4-0-en-galicia

ý      Productos químicos y género. Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento. Grupo de Medio Ambiente e Enerxía del PNUD. Dispoñible en:

https://www.undp.org/content/undp/es/home/librarypage/environment-energy/chemicals-and-gender.html

ý      Real Decreto 374/2001, de 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo. Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2001-8436

ý      Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1997-8669

ý      Real Decreto 665/1997, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo. Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1997-11145

ý      Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipos de protección individual. Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1997-12735

ý      VOGEL, L. La salud de la mujer trabajadora en Europa. Desigualdades no reconocidas. Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud (ISTAS). 2003. Dispoñible en:

https://www.feandalucia.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd9990.pdf

ý      ZAFRA, M.J. Riesgos específicos y su prevención en el sector de la industria alimentaria. Generalitat Valenciana. INVASSAT. 2014. Dispoñible en:

https://www.aepsal.com/wp-content/uploads/2015/02/MB-industria_alimentaria-INVASSAT.pdf

ý      ZIMMERMANN, M. Mujer y trabajo: Aproximación al análisis de indicadores de desigualdad a través de metodología de encuesta. Departamento de Investigación e Información. INSST. 2009. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/96076/Mujer+y+trabajo+aproximaci%C3%B3n+al+an%C3%A1lisis+de+indicadores+de+desigualdad+a+trav%C3%A9s+de+metodolog%C3%ADa+de+encuesta/fae0c282-68e8-4298-9ae6-5ef5e0ec6af7

ý        ZOTES, Y. e GARCÍA, M.C. O traballo das mulleres no sector pesqueiro galego: análise dos problemas relacionados co seu tratamento estatístico. Revista Galega de Economía. Volume 15. Nº 1. 2006. Dispoñible en:

http://www.usc.es/econo/RGE/Vol15_1/galego/art6g.pdf

 



[1] Os documentos do INSST son técnicos, as súas indicacións non son obrigatorias a non ser que estean incluídas nunha disposición normativa vixente. Por exemplo, as guías técnicas xorden do artigo 5, apartado 3, do Regulamento dos Servizos de Prevención, que prevé a posibilidade de utilizar as guías do INSST cando a avaliación require a realización de medidas, análises ou probas e a normativa non indica nin especifica os métodos a empregar ou cando os criterios de avaliación deban interpretarse ou especificarse á luz de criterios técnicos.

[2] Segundo o documento “Efectos sobre a saúde dos axentes químicos” do INSST.

[3] https://porexperiencia.com/opinion/mujer-y-cancer-laboral-invisibles-por-partida-doble

[4] NTP 049: Identificación por distintivos de colores de filtros respiratorios e NTP 787: Equipos de Protección Respiratoria: identificación de los filtros según sus tipos y clases do INSST.

[5] NTP 1136: Guantes de protección contra productos químicos do INSST.

[6] NTP 929: Ropa de protección contra productos químicos do INSST.

[7] NTP 773: Equipos de protección individual de pies y piernas. Calzado. Generalidades y NTP: 813-Calzado para protección individual: Especificaciones, clasificación y marcado do INSST.

[8] NTP 262: Protectores visuales contra impactos y/o salpicaduras: guías para la elección, uso y mantenimiento do INSST.