Hoxe, como cada 28 de abril, desde a Confederación Empresarial de Ourense celebramos coa OIT o Día Mundial para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
Este ano baixo o lema Garantamos unha contorna psicosocial saudable no traballo
A contorna psicosocial no traballo defínese polo xeito en que o traballo está deseñado, organizado e xestionado, así como polas prácticas organizacionais que moldean as condicións laborais do día a día. Os factores psicosociais, como a carga e o tempo de traballo, a claridade de roles, a autonomía, o apoio e os procesos xustos e transparentes, inflúen na forma en que se experimenta o traballo e repercuten na seguridade, a saúde e o desempeño das persoas traballadoras.
Cando os factores psicosociais teñen un impacto negativo, convértense en riscos que, xunto cos riscos físicos, químicos e biolóxicos, deben abordarse e xestionarse para garantir contornas de traballo seguros e saudables.