Ir al contenido

A CEO organiza unha nova xornada presencial sobre pegada de carbono e axudas ASG no marco de Conecta Ourense

O próximo martes, 1 de xullo, celebrarase na sede da Confederación Empresarial de Ourense unha nova xornada organizada no marco da iniciativa Conecta Ourense, promovida pola CEO en colaboración co IGAPE.
Trátase dunha xornada aberta dirixida a empresas, profesionais e provedores de servizos ASG, na que se abordará como medir, reducir e rexistrar a pegada de carbono, así como acceder ás novas axudas ASG para poñer en marcha accións concretas en materia de sostibilidade.

Durante a xornada, que dará comezo ás 12:00 h, presentaranse os resultados e boas prácticas do Programa Pegada de Carbono, no que estará presente a experta na pegada de carbono e directora de PFS Grupo Galicia, Marta Sánchez Nande, e participarán nesta sesión representantes de empresas da provincia: Aglomerados y Construcciones Valdeorras (Acoval) | Basculantes Baycar | Iria Otero «Vinos con Memoria» | Megatech Industries Orense | Soluciones Técnicas Esdinela | Viña Costeira.

Tamén se presentarán as novas axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG) do IGAPE, e falarase das propostas de medidas para as axudas ASG por parte de empresas provedoras de servizos.
Este tipo de accións reafirman a aposta da CEO por impulsar un tecido empresarial innovador, preparado para afrontar os retos climáticos e normativos actuais, e aliñado cos obxectivos europeos en materia de transición ecolóxica.

📍 Sede da CEO – Praza das Damas, 1, Ourense
📅 1 de xullo de 2025 | 🕐 12:00 h
📲 Confirma a túa asistencia → https://forms.gle/mgyUoChfq53oGt8R8
📞 Máis información: conectaourense@ceo.es | 988 391 110

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.