Ir al contenido

A CEO participa activamente na 19ª edición de PREVISEL, referente galego en prevención de riscos laborais

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) participou de forma activa na 19ª edición de PREVISEL, o Salón da Prevención e Seguridade Laboral, celebrado en Expourense, un encontro que se consolida como unha cita de referencia en Galicia para profesionais, empresas e entidades comprometidas coa cultura preventiva e coa mellora da seguridade e saúde no traballo.

A inauguración do salón contou coa presenza do presidente da CEO, David Martínez, quen acompañou ás entidades organizadoras e ao resto de representantes institucionais no inicio desta nova edición dun evento que reúne cada ano a expertos, empresas e institucións arredor da prevención de riscos laborais.

Durante os dous días de celebración, a CEO estivo presente cun stand informativo de prevención de riscos laborais, atendido polo Gabinete Técnico de Asesoramento en Prevención de Riscos Laborais da confederación. Desde este espazo ofreceuse información, orientación e asesoramento ás empresas interesadas en reforzar as súas políticas de prevención e en promover contornas laborais máis seguras e saudables.

Entre as actividades desenvolvidas pola CEO destacou tamén o taller práctico “Os riscos de xogar á ruleta coa PRL”, unha proposta dinámica e participativa na que se abordaron diferentes situacións reais relacionadas coa seguridade no traballo. A través desta actividade, o Gabinete Técnico de PRL achegou ás persoas participantes unha forma didáctica e interactiva de reflexionar sobre os riscos laborais e a importancia da prevención nas empresas.

A clausura do salón contou coa presenza da vicepresidenta da CEO, Beatriz Gómez, quen participou no acto institucional de peche xunto coas entidades organizadoras e demais representantes institucionais, nunha xornada que puxo o broche final a dous días de encontro, intercambio de coñecemento e impulso da cultura preventiva.

A participación da CEO nesta nova edición de PREVISEL reafirma o compromiso da organización empresarial coa promoción da prevención de riscos laborais, a formación e o apoio ás empresas para avanzar cara a contornas de traballo cada vez máis seguras e responsables.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.