A CEO agarda que o novo Museo do Viño sirva para dinamizar a cultura, o turismo e a economía vencelladas á viticultura

Marisol Nóvoa, presidenta da CEO, participou na inauguración desta nova infraestrutura na antiga retoral de Santo André

A presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa, asistiu á inauguración do Museo do Viño de Galicia, ubicado na antiga rectoral de Santo André de Camporredondo, no concello de Ribadavia, nunha ceremonia que estivo presidida polo máximo responsable da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Esta iniciativa, que deu os seus primeiros pasos hai 30 anos e logo foise adiando sucesivamente ata hai catro anos, nos que a Xunta retomou o proxecto que desembocou na posta en marcha do Museo. No acto estiveron presentes, ademáis do presidente da Xunta, o do Parlamento, Miguel Santalices; o da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; os conselleiros de Cultura e Medio Rural, Román Rodríguez, e xosé González, respectivamente; os presidentes das cinco Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia, deputados e numerosos alcaldes.

Marisol Nóvoa amosouse moi satisfeita pola posta en marcha desta infraestrutura cultural, que “ademáis de apuntalar a historia do viño en Galicia, agardamos sirva para contribuir a dinamizar o turismo cultural vencellado á enoloxía e tamén para dar pulo ó sector do viño, que é un dos puntais da economía galega e, sobre todo, ourensá, posto que catro das cinco denominación de orixe son están na provincia de Ourense ou forma parte delas”. Neste senso, suliñou “o extraordinario traballo que están facendo todas as partes implicadas para elaborar grandes viños capaces de satisfacer ós máis esixentes mercados de todo o mundo”.