Ir al contenido

Boas prácticas nas empresas ourensás para iniciar unha redución gradual da pegada de carbono

Seis empresas ourensás miden os seus impactos de pegada de carbono para adoptar medidas de cara á súa redución
O primeiro obxectivo é comezar cunha diminución dun 2% da pegada nos próximos anos
Xunta e CEO colaboran para facer chegar ao tecido empresarial a posibilidade de adoptar medidas sustentables nos seus procesos produtivos

A segunda edición do programa de medición de pegada de carbono, convocado pola oficina Conecta Ourense da CEO e titorizado por PFS Grupo, tivo hoxe a súa sesión final, na que se deu conta das propostas para acadar os obxectivos de redución e se entregaron os diplomas ás empresas participantes. O obxectivo principal deste pioneiro programa era o de era cuantificar e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) dentro dos alcances 1 (emisións directas) e 2 (emisións indirectas por enerxía importada). Esta iniciativa, promovida pola oficina Conecta Ourense da CEO, conta co apoio da Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Precisamente o secretario xeral da CEO, Jaime Pereira, e o director da Área de Competitividade do Igape, Norberto Penedo, foron os introdutores da xornada dando a benvida tanto ás empresas participantes como á titora experta que conduciu as diferentes sesións de traballo, Marta Sánchez.

Jaime Pereira salientou na súa intervención que tras esta segunda edición ‘é o momento de consolidalo e continuar, porque as transformacións no medio ambiente estanse a dar cada vez a un ritmo máis acelerado e necesitamos apostar con firmeza por un cambio nos modelos produtivos cara parámetros e prácticas máis respectuosas co entorno’. Pola súa banda, Norberto Penedo, destacou neste sentido, as próximas axudas que a Xunta convocará no ámbito ASG para apoiar unha dobre transformación no tecido empresarial: dixital e sostible, afirmando que este camiño, que hoxe en día é irrenunciable para as empresas, achégalles valor e é un factor de competitividade.

O programa desenvolveuse ao longo dos últimos dous meses nos que seis empresas completaron con éxitos todas as sesións nas que foron avanzando nos obxectivos de medicións e propostas de boas prácticas co fin de dar un paso firme cara á sostibilidade empresarial e a loita contra o cambio climático. A medición da pegada de carbono permite que calquera empresa ou organización teña coñecemento do impacto que a súa actividade xera sobre o clima para así emprender un camiño de mellora e compromiso coa redución deste tipo de emisións.

Aglomerados y Construcciones Valdeorras (Acoval), Basculantes Baycar, Iria Otero ‘Vinos con Memoria’, Megatech Industries Orense, Soluciones Técnicas Esdinela e Viña Costeira foron as empresas que se involucraron neste proceso de identificación dos puntos e procesos nos que aplicar medidas redutoras tendentes á descarbonización. Durante o desenvolvemento do programa, calculáronse un total de 709,57 toneladas de CO₂ equivalentes, emisións xeradas no exercicio 2024. Este cálculo representa o primeiro paso cara a unha xestión ambiental efectiva e medible dentro destas empresas.

Compromiso firme de redución

Como resultado do traballo realizado, as empresas participantes asumiron o compromiso de reducir un mínimo do 2% das súas emisións totais nun prazo de tres anos (2024-2026). Para alcanzar este obxectivo, definíronse accións concretas en tres liñas prioritarias: transporte, enerxía e formación. No transporte, compre acadar que sexa máis eficiente optimizando rutas, fomentando a condución ecolóxica e renovando flotas. No caso da enerxía e iluminación, vixiar o consumo, instalar sensores, aproveitar a luz natural e cambiar todo o posible a fontes renovables. E, por último, consideran a formación como fundamental para interiorizar os cambios que hai que adquirir, polo que apostan por programas de capacitación en eficiencia enerxética e sostibilidade ambiental.

Este programa enmárcase dentro da estratexia da CEO para apoiar o tecido empresarial no camiño cara a modelos de negocio máis sostibles e competitivos, promovendo a xestión ambiental corporativa e a transición ecolóxica. O compromiso destas empresas demostra que o sector empresarial galego pode ser un actor clave na loita contra o cambio climático, convertendo a sostibilidade nunha vantaxe competitiva real. A través de ferramentas de medición e planos estratéxicos estas empresas avanzan cara a unha economía baixa en carbono, demostrando que a colaboración e a acción empresarial poden xerar un impacto positivo tanxible.

Esta iniciativa non só cuantificou as emisións, senón que fomentou unha maior conciencia ambiental e unha planificación estratéxica de redución, aliñando ás empresas participantes coas mellores prácticas de sostibilidade e os estándares regulatorios.
Este tipo de proxectos demostra o impacto positivo que as empresas poden xerar cando integran a sostibilidade na súa xestión operativa, e nesta liña é na que traballa a Confederación Empresarial a través do proxecto Conecta Ourense, que desenvolve actividades tendentes a conseguir un tecido empresarial máis sostible.

Dúas das empresas participantes, Acoval e Viña Costeira, compartiron as súas experiencias de primeira man, destacando o gran beneficio que supuxo realizar este percorrido formativo e o seu proceso na participación. Ao finalizar a sesión, todos os representantes destas empresas recolleron o correspondente certificado de participación nesta segunda edición do programa de Pegada de Carbono.

Próxima convocatoria das axudas ASG do Igape

A xornada de peche do programa incluíu tamén un adianto da próxima convocatoria das axudas do Igape no eido ASG para 2025, dirixidas a apoiar medidas de avance en criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG). Comentáronse as actuacións susceptibles de financiarse con estas axudas como as memorias de sostibilidade, o cálculo e rexistro da pegada de carbono, ou o cálculo da pegada hídrica.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.