Ir al contenido

Convite ao encontro Conecta Ourense Rural 📍 Xinzo de Limia | Dixitalización e Regulamento Verifactu 📅

Desde a iniciativa Conecta Ourense Rural, impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE, e en colaboración con Prolimia, temos o pracer de convidarche ao próximo encontro sobre dixitalización empresarial e as novidades do Regulamento Verifactu.

📍 Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia
📅 Luns, 17 de novembro de 2025
🕐 Hora: 13:30 h

Confirma asistencia 👇

Por que asistir?

✔ Asesoramento técnico e individualizado co equipo de Conecta Ourense.
✔ Información directa das liñas de axuda dispoñibles.
✔ Acompañamento na tramitación de subvencións: presentación, execución e xustificación.
✔ Claves prácticas sobre o novo Regulamento Verifactu, que modificará as obrigas de facturación a partir de 2026.
✔ Espazo de aprendizaxe e networking con empresas da comarca.

Programa

13:30 h | Benvida – Presentación e obxectivos de Conecta Ourense Rural.

13:40 h | Como aproveitar as axudas do IGAPE e os recursos da Oficina Económica de Galicia.
Presentación da Oficina Económica de Galicia e os servizos e axudas da Xunta de Galicia.

  • Carla Garcia Valcarce. Técnica Responsable Oficinas Sur – Oficina Económica de Galicia.
  • Mónica Pena Hevia. Técnica de Proxectos – Oficina Económica de Galicia.

14:00 h | Obradoiro: “Novo Regulamento Verifactu: como adaptarse ás novas obrigas de facturación”
Imparte: Xesta Formacións – asesoría e entidade formadora especializada en autónomos e pemes.

15:30 h | Asesoramento e viño-networking
Espazo de conversa con empresas, técnicos e asesores, para compartir experiencias e crear novas conexións.

📲 Confirma a túa asistencia aquí:

👉 https://forms.gle/ojtW3on2m95Uao9b6

📧 conectaourense@ceo.es | prolimia@gmail.com

📞 988 391 110

Contamos contigo para seguir impulsando unha Limia máis forte, conectada e competitiva.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.