Análise da exposición a nanomateriais na industria de alimentación: riscos laborais e medidas preventivas desde o enfoque de xénero

 

Análise da exposición a nanomateriais na industria de alimentación:
riscos laborais e medidas preventivas desde o enfoque de xénero


Confederación Empresarial de Ourense

 

 



CONSELLO EDITORIAL DA CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE

Presidenta

María Sol Nóvoa Rodríguez

Vicepresidentes

Alejandro Cruz Iglesias

Rosa María Sánchez Gándara

Beatriz Gómez Valcárcel

César Blanco Gómez

Tesoreiro

Alejandro Cruz Iglesias

Contador

David Martínez Alonso

Secretario Xeral

Jaime L. Pereira Novoa

Realiza

Confederación Empresarial de Ourense

IDEARA Investigación

Edita

Confederación Empresarial de Ourense

Praza das Damas, 1, 32005 Ourense

Tlfno. 988 391 110

Correo electrónico: prevencion@ceo.es

Co financiamento da Xunta de Galicia

Acción desenvolvida segundo a Orde do 26 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020.

Expediente nº TR852A 2021/25

Agradecementos: Gabinete Técnico do ISSGA e o INSST; Asociación Española de Higiene Industrial; CSIC; Instituto de Ciencias Materiales de Madrid; Centro Tecnológico Lurederra; Grupo de Análisis de Riesgos de la Nanotecnología y Alimentación; Universidade de Vigo; Universidade de A Coruña; Universidade de Santiago de Compostela; Confederación de Empresarios de Galicia; Confederación de Empresarios de A Coruña; Gabinete de Saúde Laboral da CIG.


ÍNDICE

 

1.    PRESENTACIÓN.. 6

2.    OBXECTIVO E ALCANCE DO ESTUDO.. 8

2.1.  OBXECTIVO.. 8

2.2.  ALCANCE. 8

3.    METODOLOXÍA DE TRABALLO EMPREGADA.. 10

4.    A NANOTECNOLOXÍA E OS NANOMATERIAIS. 13

4.1.  QUE É A NANOTECNOLOXÍA?. 13

4.2.  NANOMATERIAIS. CLASIFICACIÓN E PROPIEDADES. 16

4.2.1. Descrición dos nanomateriais. 16

4.2.2. Clasificación e propiedades dos nanomateriais. 17

4.3.  ALGUNHAS APLICACIÓNS DA NANOTECNOLOXÍA.. 24

4.4.  A NANOTECNOLOXÍA EN ESPAÑA E GALICIA.. 26

5.    A NANOTECNOLOXÍA NA INDUSTRIA ALIMENTARIA.. 31

5.1.  APLICACIÓNS DA NANOTECNOLOXÍA NA INDUSTRIA ALIMENTARIA.. 32

5.1.1. Envases. 33

5.1.2. Nanosensores. 34

5.1.3. Nanoalimentos. 35

5.1.4. Nutracéuticos. 35

5.2.  TIPOLOXÍA DE NANOMATERIAIS NOS ALIMENTOS. 36

5.3.  NANOTECNOLOXÍA E IMPACTO NEGATIVO.. 37

6.    ANÁLISE DOS RISCOS LABORAIS ASOCIADOS AOS NANOMATERIAIS NA INDUSTRIA DE ALIMENTACIÓN DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO.. 40

6.1.  MARCO NORMATIVO DE REFERENCIA EN MATERIA DE PRL. 40

6.2.1. Exposición laboral aos nanomateriais. 35

6.2.  RISCOS LABORAIS AOS QUE SE VEN EXPOSTAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS NA MANIPULACIÓN DE NANOMATERIAIS NO SECTOR.. 44

6.2.2. Riscos para a saúde: toxicidade. 45

6.2.3. Riscos de seguridade. 51

6.3.  EFECTOS NA SAÚDE. 52

6.4.  FACTORES QUE FAN NECESARIA A INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DESTES RISCOS. 53

7.    XESTIÓN DA PRL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO NA EXPOSICIÓN AOS NANOMATERIAIS NA INDUSTRIA DE ALIMENTACIÓN. RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS. 63

7.1.  MEDIDAS PREVENTIVAS. 63

7.1.1. Medidas técnicas. 64

7.1.2. Medidas de control: protección colectiva. 67

7.1.3. Medidas organizativas. 67

7.1.4. Equipos de protección individual 69

7.2.  AVALIACIÓN E MEDICIÓN DA EXPOSICIÓN.. 70

7.2.1. Medir a exposición a nanomateriais. 71

7.2.2. Valores Límite de Exposición. 71

7.3.  VIXILANCIA DA SAÚDE: PROTOCOLOS DE CONTROL. 73

7.4.  RECOMENDACIÓNS PARA INTEGRAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DA PRL  75

8.    CONCLUSIÓNS. 79

9.    BIBLIOGRAFÍA.. 83



1.    PRESENTACIÓN

A nanotecnoloxía implica a manipulación e obtención de materiais a escala nanométrica, é dicir, cun tamaño equiparable a unha milmillonésima parte do metro, mediante un cambio das súas propiedades fisicoquímicas.

Con aplicacións en distintos ámbitos, os nanomateriais obtidos mediante esta ciencia están cada vez máis presentes en produtos que se empregan cada día, desde pantallas máis lixeiras, finas e flexibles ou sensores ou chips para dispositivos electrónicos ata en pezas de automoción, cremas hidratantes, protectores solares ou outros produtos de beleza, materiais de construción, pinturas ou aplicacións farmacéuticas.

No caso da industria de alimentación, aínda que o seu emprego é máis recente que noutras áreas, esta tecnoloxía tamén ten aplicacións potenciais, por exemplo, co desenvolvemento de sistemas de envasado “intelixente”; o emprego de biosensores para analizar a composición, estimación da vida útil ou frescura dos alimentos; nanosensores para a detección e neutralización de microorganismos ou o desenvolvemento de  alimentos con mellores características organolépticas.

Como nova tecnoloxía que se está aplicar na industria de alimentación e noutros sectores e que está experimentando un rápido auxe, os riscos laborais asociados á mesma e no emprego de nanomateriais aínda son descoñecidos.

Na actualidade hai escasa información sobre os diferentes riscos laborais derivados da exposición aos nanomateriais e máis aínda, tendo en conta o seu   impacto nas mulleres traballadoras. Homes e mulleres teñen diferenzas biolóxicas, fisiolóxicas e físicas que teñen especial importancia na exposición a este tipo de riscos laborais. A isto hai que engadir as desigualdades de xénero, que condicionan o tipo de riscos e exposición.

Conscientes da importancia de dispoñer de información sobre os riscos laborais asociados á manipulación de nanomateriais na industria de alimentación e da necesidade de integrar o enfoque de xénero na xestión da seguridade e saúde laboral, a Confederación Empresarial de Ourense, a través do seu Gabinete de Prevención, impulsou o desenvolvemento deste estudo, co financiamento da Xunta de Galicia.

No documento analízanse estes riscos, así como os factores intrínsecos á persoa traballadora e outros factores de desigualdade por razón de xénero aos que están expostas as mulleres. Tamén preséntase unha serie de medidas preventivas e de propostas para integrar o enfoque de xénero na xestión da prevención dos riscos laborais, co fin de mellorar as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras e evitar as desigualdade de xénero na saúde laboral.

María Sol Nóvoa Rodríguez

Presidenta da Confederación Empresarial de Ourense



2.    OBXECTIVO E ALCANCE DO ESTUDO

2.1.       OBXECTIVO

O obxectivo xeral do estudo é analizar os factores de risco asociados á exposición á nanotecnoloxía e na manipulación de nanomateriais na industria de alimentación, con especial consideración do seu impacto e efectos na saúde das mulleres traballadoras, e coñecer a xestión destes riscos por parte das empresas galegas do sector, para propoñer medidas e recomendacións preventivas que deben aplicarse no lugar de traballo para limitalos ou reducilos considerando o factor xénero.

2.2.       ALCANCE

O estudo fai referencia ao uso e manipulación na industria de alimentación de nanomateriais producidos de forma intencionada en laboratorio ou a nivel industrial, é dicir, manufacturados.

Esta publicación está dirixida a:

·       Empresarios/as e traballadores/as do sector industrial.

·       Técnicos/as de prevención de riscos laborais e outros profesionais do ámbito da seguridade e saúde no traballo.

·       Axentes económicos e sociais.

·       Calquera persoa interesada neste tema.



3.    METODOLOXÍA DE TRABALLO EMPREGADA

Para acadar o obxectivo marcado no estudo definiuse unha metodoloxía baseada na combinación de distintas fontes de recompilación de datos, tanto primarias (entrevistas en profundidade e consulta online de consenso con expertos/as) como secundarias (consulta de fontes documentais e arquivísticas).




R  CONSULTA DE FONTES DOCUMENTAIS

A consulta de fontes documentais para o desenvolvemento do estudo, centrouse principalmente na consulta de:

·       Normativa de PRL e Igualdade.

·       Informes e estudos sobre nanotecnoloxía e nanomateriais.

·       Informes, estudos, NTP e guías sobre riscos laborais na exposición aos nanomateriais (INSST, ISSGA, servizos de prevención alleos, institutos de PRL, etc.).

·       Informes e estudos sobre igualdade.

·       E calquera outro tipo de documentación relevante para o desenvolvemento do estudo.

As técnicas usadas para a recompilación de información de carácter primario, de campo, foron claves para acadar os obxectivos deste estudo.

R  ENTREVISTAS EN PROFUNDIDADE

A principal técnica para a recollida de datos de carácter primario foi a entrevista en profundidade a persoas expertas na materia.




Coas entrevistas obtívose información, tanto sobre os aspectos analizados na consulta de fontes documentais, como sobre outras informacións, experiencias, recomendacións e outras aportacións que permitiron profundar no tema.

R  CONSULTA ONLINE A PANEL DE PERSOAS EXPERTAS

Outra das principais técnicas de recollida de información foi a consulta online de consenso a un panel composto por persoas expertas, ao que se lles presentou, a través dun cuestionario estruturado, algunhas das informacións ou conclusións obtidas nas entrevistas co obxectivo de contrastar estes resultados e obter o consenso do grupo participante.






4.    A NANOTECNOLOXÍA E OS NANOMATERIAIS

4.1.       QUE É A NANOTECNOLOXÍA?

A palabra nanotecnoloxía deriva da unión do termo grego “nano”, que significa anano, e “tecnoloxía”, conxunto de coñecementos dunha técnica.

A nanotecnoloxía é o estudo, manipulación e obtención de materiais a tamaños incriblemente pequenos, a escala nanométrica (entre 1 e 100 nanómetros), tamaño equiparable a unha milmillonésima parte do metro, mediante un cambio das súas propiedades fisicoquímicas.




Unha das definicións máis empregadas referida á nanotecnoloxía, é da Royal Society and the Royal Academy of Engineering (2004), que a define como “o deseño, caracterización, produción e aplicación de estruturas, dispositivos e sistemas que controlan o tamaño e formulario a escala nanométrica”.

No artigo “Nanotecnología en la industria alimentaria I: Aplicaciones”, da Revista Complutense de Ciencias Veterinarias 2016[1], preséntase unha lista de definicións empregadas por diferentes entidades e organismos a nivel internacional:




Para que se poida considerar nanotecnoloxía, a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos (EPA), sinala que deben darse as seguintes premisas:

·       Que a investigación e desenvolvemento tecnolóxico se aplique sobre estruturas cunha lonxitude comprendida entre 1 e 100 nanómetros (nm), polo menos nalgunha das súas dimensións.

·       Co seu pequeno tamaño lle confira novas propiedades ás estruturas, dispositivos ou sistemas.

·       Que se poida controlar e manipular a materia a escala nanométrica.

A nanotecnoloxía abarca unha ampla gama de materiais, procesos de fabricación e tecnoloxías que se utilizan para crear e mellorar novos materiais, dispositivos e produtos con propiedades singulares e exclusivas que a xente usa a diario en innumerables situacións.

As técnicas baseadas na nanotecnoloxía dan resposta a unha gran variedade de necesidades e demandas dun amplo rango de empresas e sectores e hoxe en día séguese investigando. As súas posibilidades de aplicación parecen non ter límites en múltiples disciplinas: medicina, electrónica, construción, industria, produción de enerxía, ... Os materiais obtidos con esta ciencia están cada vez máis presentes en produtos empregados de xeito cotiá, como son as cremas hidratantes, vidros, dispositivos electrónicos, envases, cosméticos, prendas de vestir e incluso en alimentos, entre outros.

v O nanómetro

O nanómetro é a unidade de lonxitude empregada no estudo da nanotecnoloxía e equivale a unha mil millonésima parte dun metro. Represéntase polas letras nm (1 nm = 10-9 m).

Adoita usarse para medir a lonxitude de onda da radiación ultravioleta, a radiación infravermella e a luz.

Tamén é o tamaño dalgunhas moléculas ou virus, e por tanto mídense en nanómetros as distancias entre os átomos nas moléculas. Sinalar que, en xeral, os átomos e as moléculas mídense en Amstrong (Å), un Å é a décima parte dun nm e un Å é a dezmilmillonésima parte dun metro =10-10 m.




Así, o diámetro dunha molécula de oxixeno é de 0,15 nm, 1,5 Å; o diámetro dunha molécula de auga é de 0,27 nm, aproximadamente 3 Å e o ancho da cadea de ADN humano, o do cromosoma 1, que é o máis longo, sería de 2,6 nm (26 Å), mentres que estirada, a cadea, mediría 85 mm.

O seu uso é frecuente tamén no terreo das tecnoloxías da información e a comunicación, sendo a unidade no mundo dos microchips, por exemplo, para referirse ás distintas xeracións de semicondutores.

A consideración do tamaño é relativa, xa que entendemos os nanómetros como algo moi pequeno con respecto ao noso mundo, no que a unidade básica de lonxitude sería o metro. Sen embargo, no universo das partículas atómicas, no que se mide en Amstrongs, un nanómetro sería algo grande.

Fonte: revistaconciencia.com


A escala que empregamos para medir algo permítenos comprobar o diferente comportamento das partículas, dependendo do punto de vista empregado. Por exemplo, se observamos a auga conxelada, desde o noso tamaño, vemos un sólido, algo parado, fixo; pero no universo dos átomos, vemos que non están fixos, vibran, están en movemento. Deste modo, os materiais a escala nanométrica posúen propiedades inesperadas, distintas das que podemos observar a simple vista. Do mesmo xeito que a gravidade é moi importante a nivel macro, perde importancia a nivel nanométrico, e adquiren maior importancia a estática e a tensión superficial.

Por outro lado, o tamaño dalgunhas partículas pode facelas prexudiciais para o corpo humano, xa que poden ser tan pequenas que os nosos mecanismos de defensa non son capaces de expulsalas, debido a esa magnitude, e acaban producindo danos e tumores.

4.2.       NANOMATERIAIS. CLASIFICACIÓN E PROPIEDADES

4.2.1.     Descrición dos nanomateriais

Segundo a Recomendación da Comisión Europea de 18 de outubro de 2011 relativa á definición de nanomaterial (2011/696/UE), enténdese este como un material natural, accidental ou fabricado que contén partículas, soltas ou formando un agregado ou aglomerado e no que o 50% ou máis das partículas da granulometría numérica teñen unha ou máis das dimensións externas no rango de tamaños entre 1 e 100 nanómetros (nm). En casos específicos e cando o xustifiquen asuntos ambientais, de saúde, seguridade ou competitividade, o limiar do tamaño numérico do gran do 50% pode substituírse por un limiar entre o 1% e o 50%.



Nanomateriales en la industria de productos sanitarios | BSI

Como se recolle na anterior definición, os nanomateriais poden encontrarse de forma natural (por exemplo, nas emisións volcánicas), ser subprodutos de actividades humanas (fumes de escape dos motores diésel ou do tabaco) ou obterse de forma artificial.

Neste estudo considéranse estes últimos, os nanomateriais manufacturados.

A recomendación da Comisión Europea tamén indica que sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, os fullerenos, flocos de grafeno e nanotubos de carbono de parede única cunha ou máis dimensións externas inferiores a 1 nm deben considerarse como nanomateriais. Tamén que cando sexa tecnicamente posible e requirido pola lexislación específica, o cumprimento da definición recomendada pode determinarse en función da superficie específica por unidade de volume. Débese considerar un material incluído na definición cando a superficie específica por unidade de volume do material sexa superior a 60 m2/cm3. Non obstante, un material que, segundo a súa granulometría numérica, é un nanomaterial debe considerarse que cumpre a definición aínda que o material teña unha superficie específica inferior a 60 m2/cm3.

A Comisión Europea recomenda empregar esta definición de nanomaterial á hora de adoptar e implementar lexislación, políticas e programas de investigación sobre produtos nanotecnolóxicos.

Estes materiais teñen un gran interese porque nesa escala manifestan propiedades que non presentan os materiais macroscópicos como son: propiedades ópticas, propiedades térmicas, supercondutividade, propiedades catalíticas, antimicrobianas, etc., e que as converten en moi interesantes desde o punto de vista da súa aplicación, ao permitir manipular e traballar as estruturas moleculares e os átomos. propiedades resultan moi útiles en diferentes ramas da medicina, farmacia, cosmética, alimentación, industria téxtil ou a automoción, entre outros.

4.2.2.     Clasificación e propiedades dos nanomateriais

v  Atendendo á súa composición

Atendendo á súa composición pódense clasificar en catro tipos principais: nanomateriais baseados en carbono (grafeno, nanotubos, fullerenos,); baseados en macromoléculas tridimensionais (dendrímeros), de bases metálicas ou baseados en nanocompostos. 




·        Nanomateriais baseados en carbono

Como o seu nome indica, estes nanomateriais son aqueles que están maioritariamente formados por carbono e soen presentar as seguintes formas: esferas ocas, elipsoides ou tubos.

Neste grupo atoparíanse: o grafeno, os nanotubos (forma cilíndrica) e os furellenos (forma elipsoidal ou esférica).

a)    Grafeno

Un exemplo de material desenvolvido a partir de nanotecnoloxía sería o grafeno, constituído exclusivamente por átomos de carbono (C), ao igual que o grafito. Trátase dunha estrutura cristalina, laminar plana, bidimensional, monocapa, de tipo hexagonal, cos átomos de carbono nos vértices dos hexágonos, con enlaces covalentes, de só un átomo de espesor.




O grafeno é da familia dos alótropos do carbono, ao igual co diamante, os fullerenos e os nanotubos de carbono; con propiedades revolucionarias, xa que é un material extraordinariamente flexible, lixeiro, moi resistente e pouco contaminante, o que lle permite ser utilizado para fabricar dispositivos que poden ser laminados.

Conta con propiedades moi interesantes:

¬     Condutividade eléctrica: é un dos mellores condutores da electricidade que existen, e aínda mais, o efecto Joule nel é moi pequeno.

¬     Condutividade térmica a temperatura ambiente: é un marabilloso condutor da calor.

¬     Ten a maior resistividade mecánica de todos os materiais coñecidos na natureza. É un material altamente elástico.

¬     Capacidade illante, impermeable aos gases e líquidos coñecidos, pero permite o paso do vapor de auga.

¬     Practicamente transparente.

¬     Con propiedades magnéticas.

¬     É hidrófugo.

¬     É moi estable, non reacciona co oxíxeno, non se oxida.

¬     Pode combinarse con outros materiais.

¬     Non é tóxico para as células biolóxicas, é un bo bactericida. Isto o fai útil na industria da alimentación.

¬     É moi útil na desalinización e depuración da auga, o que o fai moi interesante na dispoñibilidade de auga potable e que sexa apta para o consumo humano.

Algunhas aplicacións: Lubricantes, supercondutores, imaxes médicas, catálise química, dispositivos de gravación, células solares e súper baterías, pantallas flexibles, tinta condutora, luces DED, compoñentes para aviación e automóbil, etc.

b)    Nanotubos de carbono

Como o grafeno ou o diamante, son alótropos de carbono e presentan estruturas tubulares cun diámetro da orde do nanómetro e lonxitudes que poden alcanzar ata 1 mm.




Poden definirse como un tubo cuxa parede é unha malla de buratos hexagonais. Hai diferentes tipos de nanotubos de carbono: de parede simple, sería unha folla de grafeno enrolada sobre si mesma; ou parede múltiple, a folla de grafeno enrolaríase en varias voltas.

Son materiais únicos, con excepcionais propiedades mecánicas (grande resistencia, lixeiros e flexibles), eléctricas, ópticas, térmicas e químicas, que os fan axeitados para mellorar moitos produtos existentes e incluso para xerar outros novos.




Unha das súas particularidades é que dependendo de como este enrolado, a lámina do grafito ten unhas propiedades ou outras, como metal ou como semicondutor; poden desempeñar a función do silicio nos circuítos electrónicos a escala nano, onde o silicio e outros semicondutores deixan de funcionar.

Algunhas aplicacións: na biomedicina úsanse como biosensores, teñen actividade antivirus ou antibacteriana e tamén teñen utilidade como transportadores de medicamentos. Empréganse tamén para compoñentes de aviación, células solares, no packaging, no sector do automóbil ou nas raquetas de tenis, etc.

c)    Furellenos

Son estruturas pechadas e formadas por átomos de carbono dispostas en forma de pentágono e hexágono, e constitúen a terceira forma máis estable do carbono despois do diamante e o grafito. No laboratorio, a molécula de fullereno máis abundante é C60, seguida de C70. C60 é unha molécula con 60 átomos de carbono, distribuída en 12 pentágonos e 20 hexágonos seguindo a simetría do icosaedro truncado, como un balón de fútbol clásico. O radio da molécula é de aproximadamente 3,55 Å.

Entre as súas propiedades:

¬     Capacidade para resistir ás presións externas e retomar a súa forma orixinal cando cesa a presión.

¬     Condutividade térmica.

¬     Propiedades supercondutoras.

A estrutura dos fullerenos, en hexágonos e pentágonos, dálle esa gran estabilidade, sendo moi resistentes a intensos campos de radiación (raios ultravioleta, radiación gamma) e incluso ao bombardeo con partículas moi enerxéticas (raios cósmicos), fenómenos moi presentes no universo. Tamén hai fullerenos con forma de tubo, similares aos nanotubos.




Algunhas aplicacións: antioxidantes, axentes antivirais, transportador adecuado para os medicamentos, lubricantes, supercondutores, imaxes médicas, catálise química, dispositivos de gravación, células solares, etc.

 

·        Dendrímeros

Macromoléculas tridimensionais con forma arborescente, de tamaño nanométrico, nas que a estrutura química está perfectamente definida e pódense coñecer exactamente os enlaces entre os átomos.

Un exemplo de estrutura dendrimérica son os bronquíolos dos pulmóns, as conexións neuronais ou os cristais de xeo.


Entre as súas propiedades está a baixa viscosidade intrínseca e baixa temperatura de transición vítrea, alta solubilidade, propiedades antioxidantes e son captadores de radicais libres.

Algunhas aplicacións: en alimentación, cosmética; para revestimentos ou como catalizador; en medicina e química farmacéutica, xa que a forma arborescente e tridimensional confire moita superficie, extremos e buratos, o que facilita diferentes opcións, como funcións químicas específicas ou a posibilidade de transportar drogas, encapuzándoas e posteriormente liberándoas de forma controlada, sen esquecer que por si mesmas poden actuar como nanofármacos, con propiedades antibacterianas, antivirais, antiinflamatorias, etc.

Un exemplo de funcionamento dun dendrímero sería no tratamento do cancro, usándoo como vehículo de transporte do fármaco, xa que na súa superficie pódense instalar moitos grupos funcionais, mentres que outros grupos funcionais facilitan a molécula a solubilidade necesaria. Ademais, os dendrímeros non son degradados polos encimas sanguíneos, nin son detectados polo sistema inmunitario. Tamén son absorbidos só por células porosas, que forman tumores de cancro e, polo tanto, non son tóxicas para os tecidos saudables.

·        Nanomateriais baseados en metais

Son aqueles nanomateriais que inclúen nanopartículas (NP) de ferro ou de ouro e prata; puntos cuánticos  e óxidos metálicos, como o dióxido de titanio. 



Imagen relacionada,Resultado de imagen de NANOPARTICULAS DE ORO,Resultado de imagen de QUANTUM DOT,http://www.nalonchem.com/recursos/img/Tecnologia_innovacion/170752986_1642013114435.jpg

Dependendo do tipo de nanopartículas que inclúan poden presentar diferentes propiedades, como son as seguintes:

¬     Excelente reactividade con algúns contaminantes (NP de ferro).

¬     Grande estabilidade química (NP de prata).

¬     Boa condutividade eléctrica (NP de prata, NP de óxido de silicio).

¬     Actividade catalítica (NP de prata).

¬     Propiedades antibacterianas (NP de prata).

¬     Propiedades ópticas (NP de ouro, Quantum Dots).

¬     Propiedades electromagnéticas (NP de ouro).

Algunhas aplicacións:

¬     Biomedicina (instrumentación médica, vendaxes, espumas, xeles, cremas antibacterianas, etc.). Así por exemplo, as nanopartículas de prata empréganse na elaboración de vendaxes e implantes biolóxicos.

¬     Bens de consumo (alimentación, óptica, cosmética, industria téxtil, pinturas e polímeros, electrodomésticos, etc.). É o caso por exemplo das NP de óxido de titanio e silicio empregados para obter cremas solares transparentes.

¬     Tecnoloxía (pantallas, dispositivos optoelectrónicos, fibra óptica, almacenamento de datos, etc.). Este é o caso dos Quantum dots.

¬     Enerxía (almacenamento de hidróxeno, catálise medioambiental, etc.).

¬     Industria química (catálise, nanofiltración).

¬     Nutrición (tratamento de auga, materiais para o envasado de comida, potenciadores de sabor, etc.).

·        Composites ou compostos

Os composites ou compostos son aqueles que combinan nanopartículas con outras nanopartículas ou compostos de maior tamaño.

Trátase de combinacións dunha base ou matriz sólida e os compoñentes denominados carga. Estes últimos serán materiais multifásicos, onde unha das fases ten unha, dos ou as tres dimensións de tamaño nanométrico (nm). Falaríamos da combinación do sólido, a granel, que actuaría como matriz e a fase ou fases, nanodimensionais, da carga, dispersas na matriz.

As propiedades destes compostos dependen e varían considerablemente en función das características e propiedades dos materiais que os compoñen.

A carga, normalmente minerais que forman parte destes nanocompostos, teñen a capacidade de exfoliarse en capas de grosor nanométrico, pero nas que as outras dúas dimensións (ancho e longo), poden ter dimensións maiores de 100 nm a 1 µm, polo tanto o contacto entre a carga (o mineral) e a matriz faise a través de áreas superficiais moi altas. É moi importante a gran relación entre a superficie e volume da fase dispersa na matriz.

Os nanocompostos vanse a clasificar de acordo coa matriz, que pode ser metálica, inorgánica (óxidos metálicos ou non metálicos) ou orgánica (polímeros), así teremos nanocompostos en combinacións moi variadas:



MATRIZ

CARGA

MATRIZ

CARGA

MATRIZ

CARGA

METAL

METAL

INORGÁNICA

METAL

ORGÁNICA

METAL

METAL

INORGÁNICA

INORGÁNICA

ORGÁNICA

ORGÁNICA

INORGÁNICA


 

Algunhas aplicacións:

En xeral, as propiedades dos nanocompostos son mellores que as da matriz nas que se basean. Por exemplo, a aplicación a recubrimentos protectores consigue unha mellora na resistencia fronte ao ambiente, xerando unha capa nanométrica protectora que limita a corrosión, actuando como barreira, ou a mellora das características mecánicas, térmicas ou de permeación, o que fai que este tipo de materiais sexan especialmente útiles para a industria alimentaria, por exemplo, no caso da fabricación de envases que favorezan a conservación dos alimentos sen a perda das súas propiedades. O efecto do oxíxeno e os microorganismos nos alimentos reduce ou destrúe as propiedades nutricionais e organolépticas dos alimentos. Os envases feitos con nanocompostos, que teñen propiedades antimicrobianas, antioxidantes e de barreira contra oxíxeno, dióxido de carbono e outros gases e/ou vapor de auga, conseguen prolongar a vida dos alimentos; sen esquecer que os envases obtidos tamén son biodegradables, circunstancia de especial importancia na actualidade no que a loita conta a contaminación é vital.

Un tipo de nanocomposite son as nanopartículas Core-Shell (núcleo-cuberta). As nanopartículas de núcleo revestido teñen unha estrutura na que a diferente natureza dun e outro determinará o seu comportamento e utilidade. Hoxe en día son dos nanomateriais máis interesantes na biomedicina.

Clasifícanse segundo a natureza de ambos os dous compoñentes:

¬     Inorgánico/inorgánico: poden conter metais, óxidos dos metais, sílice ou outros compostos inorgánicos. utilízanse en bioimaxe óptica ou marcaxe biolóxico.

¬     Inorgánico/orgánico: o núcleo é de metal, de sílice, de óxido de metal ou un composto metálico; e a cuberta é de polímero ou outro material orgánico de alta densidade.

¬     Orgánico/inorgánico: composición inversa á anterior.

¬     Orgánico/orgánico: ambos os dous son polímeros ou outro material orgánico. Denominadas partículas intelixentes, utilízanse entre outras aplicacións como vehículo para liberación de fármacos.

Entre as vantaxes deste tipo de nanopartículas está a menor toxicidade e a mellora das propiedades das nanopartículas; son máis estables térmica e quimicamente, e aumenta a dispersibilidade e compatibilidade bio e citolóxica.

v  Atendendo ao número de dimensións na escala nano

A continuación preséntase a clasificación recollida na “Norma UNE-CEN-ISO/TS 27687:2010 Nanotecnologías. Terminología y definiciones para nano-objetos. Nanopartícula, nanofibra y nanoplaca”, na que se distinguen varios tipos de nanomateriais segundo o número de dimensións externas na escala nanométrica.




·       Nanomateriais dunha dimensión a escala nanométrica: aqueles cunha dimensión na escala nanométrica e as outras dúas considerablemente máis longas. Son os nanoplatos

·       Nanomateriais de dúas dimensións a escala nanométrica: aqueles con dúas dimensións na escala nanométrica e a outra significativamente máis longa. Son as nanofibras, entre as que se atopan os nanocables ou nanofíos (nanofibras condutoras ou semicondutoras da correntes), os nanotubos (nanofibras ocas) e as nanovarillas (nanofibras sólidas e rectas).

As nanofibras presentan alta reactividade superficial, condutividade térmica e eléctrica e propiedades mecánicas superiores como resultado da súa dimensión.

Algunhas aplicacións: produtos de limpeza e coidado persoal, biomedicina, produtos industriais de catálise, filtrado, barreira e illamento; almacenamento de enerxía, pilas de combustible, transistores, óptica, produtos de consumo, tecnoloxía da información, aplicacións de alta tecnoloxía no sector aeroespacial, etc.



Nanotubo


·       Nanomateriais de tres dimensións a escala nanométrica: aqueles que presentan as tres dimensións na escala nanométrica. Son as nanopartículas.

4.3.       ALGUNHAS APLICACIÓNS DA NANOTECNOLOXÍA

No apartado anterior recóllense algunhas aplicacións dos diferentes tipos de nanomateriais. Neste capítulo realízase unha recompilación dalgúns dos usos que xa están actualmente ao noso alcance.

Vemos a súa aplicación en cinco campos fundamentais na nosa vida:

·       Alimentación. A loita contra a descomposición dos alimentos, a necesidade dunha maior durabilidade destes, que facilite o seu transporte e, polo tanto, chegar a un maior número de persoas, son algunhas das aplicacións que se buscan a través da nanotecnoloxía na industria alimentaria. Como se recolle no capítulo 5, os nanosensores son capaces de detectar a presenza de axentes patóxenos, mentres que os envases poden reducir o paso de oxíxeno e polo tanto a descomposición dos produtos envasados.

·         Biomedicina. O traballo constante na procura de mellores diagnósticos atopou nos nanomateriais unha ferramenta extraordinariamente útil para favorecer un tratamento que permita o ataque ás células cancerosas de xeito selectivo, utilizando as nanopartículas como vehículo que consegue non danar as células sas. Por outra banda, estase a traballar para mellorar o diagnóstico precoz das enfermidades. Así, son especialmente útiles na industria farmacéutica e cosmética.  Tamén se está na procura de novos materiais que faciliten o desenrolo de tecidos capaces de obter órganos de reposición no futuro.

 

·         Construción. Os nanomateriais contribúen ao avance do sector, con produtos como o cemento, morteiro, formigón, vidro e pinturas de revestimentos e illantes, que conseguen reducir o peso ou mellorar as funcionalidades dos materiais, conseguindo durabilidade, resistencia ao fogo, estabilidade térmica e outras propiedades para abordar os aspectos medioambientais e de seguridade.

·         Electrónica. A florecente industria do microchip, mediante o uso de nanotubos de carbono, obtén dispositivos cada vez máis pequenos e eficientes; o uso de grafeno permite acadar pantallas táctiles flexibles; e tamén fabrícanse nanocables cuánticos, que son máis condutores e resistentes, ademais de especialmente lixeiros. A nanoelectrónica traballa na busca de sistemas de almacenamento de alta densidade de rexistro.

·         Enerxía. Os nanomateriais semicondutores permiten a fabricación de paneis solares que multiplican a posibilidade de transformar a enerxía solar en corrente eléctrica; ou o desenvolvemento de novas pilas de combustible ou sólidos lixeiros que potencialmente leven un almacenamento eficiente de hidróxeno. E isto faise baixando o custo, aumentando a capacidade de illamento, mellorando a eficiencia do combustible e logrando a fabricación de estruturas e elementos, ao mesmo tempo máis fortes e lixeiros.

·         Medio ambiente. Aplicacións no tratamento das augas; os sistemas de depuración; a eliminación de elementos tóxicos, como os metais pesados (chumbo ou mercurio) ou metaloides (arsénico); tecnoloxía iónica, capaz de procurar a limpeza do aire; a actuación como catalizadores que fomenten as reaccións química; o control do crecemento de bacterias patóxenas ou non patóxenas; no tratamento de enfermidades nos grans de cultivo ou como tratamentos bactericidas ou funxicidas.

·         Téxtil. A nanotecnoloxía permite o desenvolvemento de tecidos que non engurran nin manchan, son repelentes á sucidade e á auga, son máis resistentes e duradeiros; ou a capacidade dalgúns tecidos para eliminar as bacterias e evitar os efectos negativos destas, como a infección ou o mal cheiro da sudoración; conséguese que a roupa deportiva non cheire mal ou a roupa do hospital obteña unha alta esterilización.

Existen máis industrias que se benefician da aplicación da nanotecnoloxía, como a industria da aeronáutica, a armamentística, a do automóbil, a biotecnoloxía, os deportes, as tecnoloxías da información e comunicación, etc.

4.4.       A NANOTECNOLOXÍA EN ESPAÑA E GALICIA

v  ESPAÑA

Tanto en España como en Galicia estase experimentando un gran auxe no uso e investigación sobre os nanomateriais para o sector industrial e outros sectores. As súas aplicacións son múltiples.

Tal e como aseguran as persoas expertas participantes neste estudo, a nanotecnoloxía e os nanomateriais xa están moi estendidos  na industria en xeral e a súa percepción é que a súa presenza nos sectores económicos é imparable, están en todas partes,  pero non é moi visible.

España é un país punteiro no ámbito da nanotecnoloxía, ocupando o octavo posto no ranking mundial de solicitudes de patente rexistradas, segundo datos de StatNano para o ano 2015.

A publicación “Catalogue of Nano Companies in Spain 2017” da Fundacion Phantoms, recolle que existen en España 103 empresas de nanotecnoloxía. A Comunidade de Madrid é a que conta con maior número de empresas (21), seguida do País Vasco (15) e Cataluña (13). Galicia ocupa a novena posición con 4 empresas no ano 2017.



Ilustración 1. Número de empresas de nanotecnoloxía en España. Ano 2017

 Fonte: “Catalogue of Nano Companies in Spain 2017”. Fundacion Phantoms[2]


É unha industria en crecemento. No territorio nacional hai empresas que están á cabeza no mundo da nanotecnoloxía, con diferentes especialidades, moitas delas no ámbito da construción, dedicadas á fabricación de aditivos de arxila ou fabricación de cementos aditivos para o aceiro; outras especializadas no mundo da medicina ou farmacia, traballando no diagnóstico clínico hospitalario ou na curación de enfermidades xenéticas; tamén outras centradas na produción de aerosois, partículas, emulsións e micro ou nano partículas; hainas que dan solucións para a industria do automóbil, con grafeno; as destinadas á fabricación de produtos a base de carbono e outros nanocompostos ou nanoestrutura a base de carbono, etc.

En España, en relación á nanotecnoloxía, destaca a Red Española de Nanotecnología (NanoSpain), integrada por 377 grupos de investigación e máis de 4.500 investigadores e investigadoras, que ten como obxectivo fortalecer a nanociencia e a nanotecnoloxía españolas en Europa, reunindo a grupos de investigación de todas as comunidades autónomas, tanto do mundo institucional, con centros como universidades, fundacións ou centros tecnolóxicos; como das empresas, conseguindo a transferencia de coñecementos entre todos eles e poñendo en marcha os proxectos de I+D+i. A partir desta rede, as distintas comunidades autónomas veñen creando as súas propias institucións dirixidas á investigación en nanotecnoloxía; sen esquecer que outros centros de prestixio, como o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) tamén teñen programas de investigación.


No ámbito da industria de alimentación, entidades como AESAN (Agencia Española de Seguridad y Nutrición Alimentaria) realizan ou participan en campañas nas que se valora o papel da nanotecnoloxía nas aplicacións alimentarias. Por exemplo, xunto coa plataforma Food4Life España, planeáronse temas como os "últimos avances no desenvolvemento de aplicacións, a avaliación toxicolóxica, a metroloxía para a caracterización de nanopartículas e a normativa aplicable ao uso da nanotecnoloxía nos alimentos".

v  GALICIA

A maior parte das empresas nanotecnolóxicas galegas xorden de grupos de investigación das universidades, concretamente da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela.

Aínda que non somos os mais avanzados no desenrolo da nanotecnoloxía, contamos con algunhas empresas que son punteiras na investigación mundial:

·       Empresas que traballan no estudo e desenvolvemento de nanomateriais en sectores de actividade moi variados, como a industria química ou o tratamento de augas residuais e moitos máis.

·       Empresas que traballan no sector da biotecnoloxía, con nanoprismas de ouro, no desenvolvemento de biosensores para a detección de tumores ou marcadores cardíacos, ou o dispositivo Heatsens, para a detección eficaz contra bacterias como a salmonela na carne de polo.

·       Empresas que  traballan na investigación dos nanooncolóxicos, buscando a superación das barreras biolóxicas a través de nanomateriais.

·       Empresas que buscan a aplicación de sensores para determinar o nivel de presenza de dióxido de carbono en invernadoiros e colectores de lixo.

·       Ou empresas no sector alimentario que están a traballar na xeración de alimentos nutracéuticos, capaces de loitar contra enfermidades específicas, ou de eliminar o risco de descomposición dos alimentos ou a xeración de alerxias no consumidor/a.

Entre estas empresas destacan, por exemplo, Nanogap, spin-off do grupo interdepartamental Nanomag do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Esta empresa, situada en Milladoiro, céntrase en clústeres[3] cuánticos atómicos (AQC), en nanopartículas e nanofibras de prata, nanopartículas magnéticas ou materiais terapéuticos e de diagnóstico, entre outros.

Tamén está Nanoimmunotech, situada en Vigo, centrada na nanobiotecnoloxía, nanoquímica, nanomedicina, nanosensores e na nanotoxicoloxía.

Outras empresas situadas en territorio galego son Amslab, en Lugo, que traballa en nanomedicina; solucións para o sector téxtil, calzado e bixutería e para a seguridade alimentaria e calidade dos alimentos e a empresa Neoker, en Ames, centrada en nanocomposites e nanomedicina.

Tamén existen centros ou institutos tecnolóxicos que dan apoio a esta tecnoloxía, como a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, a Fundación Universidade de A Coruña, OTRI-Universidade de Vigo, o Clúster Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), o Clúster Alimentario de Galicia ou o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga).

Desde a Xunta de Galicia, en colaboración con diferentes institucións e organismos, véñense poñendo en marcha distintas iniciativas e proxectos para aplicar os últimos avances no campo da nanotecnoloxía e obter solucións innovadoras en sectores estratéxicos galegos, como son a automoción, o naval, a metalurxia en xeral, o téxtil, a alimentación, a pedra, a madeira ou a loxística, entre outros.

Desde modo lidéranse ou particípase en proxectos de transferencia e valorización de nanotecnoloxogías a PEMES innovadoras da Eurorrexión, buscando transferir ás empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solucións nanotecnolóxicas desenvolvidas polos centros tecnolóxicos galegos e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL).

Así, por exemplo, no ano 2015 está o proxecto Waternanoenv, liderado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia e no que colabora a Xunta de Galicia e participan as tres universidades galegas, co obxectivo de aplicar os últimos avances nanotecnolóxicos ao control ambiental do ciclo integral da auga para a detección temperá de contaminantes, mediante o desenvolvemento de nanosensores capaces de reaccionar en presenza de cianotóxinas nos encoros.

No ano 2017, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GaIn), en colaboración coa Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, xunto con entidades de investigación galegas e o INL, lanzaron tamén o proxecto NaNoeaters, que rematou en setembro do 2021. Neste traballaron en iniciativas para a creación de oportunidades de explotación comercial das nanotecnoloxías en sectores como o agroalimentario, a acuicultura, o medio ambiente, a automoción e a saúde.

Outro proxectos son NanoValor ou Nanogateway.

Dentro das distintas axencias e organismos relacionados coa nanotecnoloxía, quizais o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga (INL) sexa o máis específico. Este grupo de investigación, creado entre España e Portugal, traballa coa nanotecnoloxía en diversos campos: saúde, alimentación, enerxía, medioambientais, TIC e tecnoloxías futuras emerxentes.





Un dos seus piares de traballo está no ámbito dos alimentos: procesamento de alimentos; desenvolvemento de envases que axuden a prolongar a vida útil dos artigos perecedoiros, logrando reducir a xeración de residuos; a micro e nanoencapsulación de ingredientes alimentarios bioactivos, para aumentar a súa estabilidade e mellorar a súa bioactividade (capacidade dalgúns compoñentes dos alimentos para influír na actividade celular e fisiolóxica despois da inxestión, para conferir efectos beneficiosos para a saúde)  e incluso deseñar propiedades reolóxicas, incluíndo características como a sensación en boca, a textura, a dureza, a xugosidade, a suavidade, a tenrura.



5.    A NANOTECNOLOXÍA NA INDUSTRIA ALIMENTARIA

A sociedade demanda máis actuacións con respecto aos alimentos, tanto para aumentar a súa produción como para mellorar a súa calidade e seguridade, co fin de evitar deficiencias: detección e neutralización de microorganismos ou outras substancias (fertilizantes, pesticidas, toxinas, metais pesados e outros posibles contaminantes); ofrecer alimentos cunha maior durabilidade; mellorar as súas características organolépticas (temperatura, sabor, cheiro, cor, textura) e reoloxía (suculencia, cremosidade, suavidade/dureza, ...) ou mellorar as formas de produción, procesamento, envasado, transporte e consumo dos alimentos.

Todo isto pode conseguirse a través da nanotecnoloxía. Grazas ás propiedades físico-químicas dos nanomateriais, a súa a aplicación na industria alimentaria é incriblemente interesante, tanto na fabricación de envases que permitan prolongar a vida útil dos alimentos, como na obtención de novos ingredientes con diferentes propiedades, ou como aditivos ou complementos alimentarios. A nanotecnoloxía vai a axudar na mellora das características organolépticas dos alimentos, a biodisponibilidade de nutrientes esenciais, por exemplo, encapuzándoos para evitar os efectos de degradación na cocción; e moitísimas máis aplicacións, como se expoñe ao longo deste capítulo.


Cuáles son los principales usos de la nanotecnología? | Nanotec


Se ben a nanotecnoloxía está moi presente noutros sectores, como a construción, o téxtil e a industria do automóbil, onde forman parte habitual da cadea de produción ou se está investigando moito na cosmética ou a medicina, no caso das súas aplicacións na industria de alimentación aínda son limitadas e descoñecidas, centrándose  maioritariamente nos usos comentados anteriormente (aditivos, envases…), e sempre co punto de mira de que é necesario seguir investigando sobre a súa posible transferencia aos alimentos.

Segundo os expertos/as participantes no estudo, outros usos nesta industria non se valoran, ou por descoñecemento ou porque non o considera a súa viabilidade polas seguintes dúas razóns fundamentais:

·       A seguridade alimentaria e o medo aos efectos dos nanomateriais no organismo, na saúde humana.

·       A industria alimentaria xestiona marxes moi pequenas, o que dificulta a incorporación de novas tecnoloxías a producións a gran escala, sen que os seus custos de produción se vexan afectados.

Hai coñecemento sobre as propiedades que proporcionan os novos aditivos aos alimentos e a utilidade que teñen, pero descoñécese a súa natureza, a transcendencia do nivel nano no organismo e no medio ambiente (por exemplo, o efecto a longo prazo, de vinte ou trinta anos, en relación á degradación dos envases e que se chegue á súa liberación ao medio ambiente), non hai información sobre os efectos da súa manipulación e moito menos dos efectos sobre a persoa traballadora. Isto non se produce soamente na industria de alimentación, pode extrapolarse a outros sectores onde se manipulan nanomateriais.

Ademais, segundo os expertos/as, en xeral na propia industria da alimentación descoñécese, tanto por parte da persoa traballadora como do empresario/a, que nanopartículas están presentes na actividade ou se manipulan. Nas fichas técnicas dos produtos en moitos casos non se inclúen estes datos, e cando se utilizan como aditivos (como por exemplo, no caso dos colorantes), a inxecta é directa. Tamén no caso dos envases non se sabe a súa posible transferencia do envase ao alimento e como consecuencia, a súa inxestión.

Estas limitacións levan á necesidade de continuar investigando desde un enfoque de seguridade alimentaria e na necesidade dunha lexislación clara que regule que nanomateriais poderían ou non utilizarse, dependendo da súa toxicidade e baixo que condicións.

5.1.       APLICACIÓNS DA NANOTECNOLOXÍA NA INDUSTRIA ALIMENTARIA

Entre as vantaxes da nanotecnoloxía na industria alimentaria están as seguintes:

·       Análise dos alimentos para coñecer a súa composición.

·       Deter e neutralizar microorganismos e patóxenos.

·       Garantir a calidade e seguridade dos alimentos, nanosensores que van a facilitar a análise da súa composición, a estimación de vida útil ou o seu nivel de frescura.

·       Detectar situacións que poden xerar problemas alerxénicos ou antinutricionais.

·       Facilitar o control dos procesos que sofren os alimentos, determinar a presenza de alcohois, ácidos orgánicos, etc.

·       Obter alimentos máis nutritivos, con mellores condicións organolépticas ou máis saudables, máis resistentes e cunha maior duración, ex.:

o       Unir a potenciación de propiedades organolépticas (sabores máis intensos, por ex. sabor salgado) coa redución dos efectos negativos.

o       Aporte dos niveis necesarios de minerais, como o calcio nas persoas con enfermidades como a osteoporose.

·       Creación de alimentos con propiedades medicinais: nutracéuticos, combina nutrición con farmacéutica, coa particularidade de que se adapta a cada persoa, co seu perfil xenético e nutricional.

·       Aplicación para a redución do contido en graxa en algúns alimentos, traballando na diminución do tamaño de partícula na emulsión.

·       Introdución de ácidos graxos Omega 3, co que implica un beneficio para a saúde, do corazón ou do cerebro, a inclusión de graxas poliinsaturadas.

5.1.1.     Envases

Un dos campos con maiores oportunidades para o desenvolvemento da nanotecnoloxía na industria alimentaria é a fabricación de envases, buscase fabricar materiais de envasado.

Entre as distintas liñas de traballo para a fabricación de envases están as seguintes:

·       Envases activos: deseñados para deter o crecemento dos microbios unha vez que o consumidor/a abre o envase e volve a envolver o alimento cunha parte activa do envase. As nanopartículas metálicas, como prata, dióxido de titanio ou óxido de cobre, ou de magnesio, e  os nanotubos de carbono proporcionarán ao recipiente propiedades antimicrobianas.

·       Envases mellorados: buscan conferir maior resistencia do alimento á humidade e á temperatura e consegue unha mellor barreira para gases como o oxíxeno ou o dióxido de carbono.

·       Envases intelixentes: deseñados para detectar os cambios microbianos ou bioquímicos nos alimentos, percibindo o desenvolvemento de patóxenos neles. Algúns envases intelixentes pódense usar como dispositivos de seguimento da seguridade dos alimentos. Por exemplo, nos envases de plástico, os nanosensores poden detectar a xeración de gases dos procesos de descomposición, o que inflúe no cambio de cor do recipiente.



         

Nano alimentos | ConSciência

Indicadores de frescura


 

·         Outros: envases que actúan como barrera para a entrada da radiación U.V.

Grazas a nanotecnoloxía obtense un beneficio económico, ao diminuír o gasto no embalaxe, xa que reduce o contido en polímero; conséguese reducir os residuos, como a palla do trigo ou subprodutos como as follas, que se utilizan para a súa fabricación; e mellóranse as propiedades mecánicas destes, facendo envases máis resistentes, con maior duración e maior impermeabilidade, prolongando a vida dos alimentos, o que vai a facilitar o seu traslado, e por tanto maior posibilidade de negocio.

5.1.2.     Nanosensores

Outra das formas de introducir a nanotecnoloxía no sector da alimentación é facendo uso de nanosensores ou nanochips.

Un nanosensor é un punto sensorial biolóxico, químico ou físico, que vai a transmitir información das nanopartículas. Conta cun procesador de datos que converte o sinal detectado, que pode ser unha substancia orgánica, luz a variación de pH, ou outra presenza, nun sinal electrónico.

Ten unha alta sensibilidade e rápida resposta, polo que aplicado no etiquetado ou no recubrimento dos alimentos é capaz de indicar as variacións que está a sufrir: cambios no pH; liberación de compoñentes; detección de presenza de patóxenos, alérxenos ou algún tipo de toxina; e outras variacións.


Nanotecnología para el envasado de alimentos 

Fonte: thefoodtech.com

Algunhas aplicacións dos nanosensores nesta industria son:

·      Nas linguas e os narices electrónicas[4], que son sensibles aos gases liberados polos alimentos deteriorados, cambiando de cor ou para a detección de fungos nos cereais na fabricación da cervexa.

·       Nanosensores para a detección de patóxenos en multitude de alimentos, como no leite, no zume de mazás, na carne, no pescado, ...

·       Detección de presenza de fármacos ou metais pesados nos alimentos.

·       Detección de oxíxeno ou para detectar as variacións de temperatura ou humidade. Por exemplo, no caso da rotura da cadea de frío, indicaría se nalgún momento o alimento deixou de ter a temperatura axeitada, e facelo de forma que non se poida alterar ou modificar a etiqueta.

5.1.3.     Nanoalimentos

Os nanoalimentos son aqueles que foron obtidos empregando técnicas ou ferramentas nanotecnolóxicas ou se lles engadiron nanopartículas na busca de produtos máis saudables, menos perecedoiros ou máis resistentes.



A idea detrás da adición das nanopartículas é mellorar as propiedades e personalizar o alimento.

As actuacións baséanse na incorporación de nanocápsulas, que poden mellorar as propiedades organolépticas  do alimento (cor, cheiro, sabor ou textura); ao tempo que permiten a introdución de propiedades nutricionais (antioxidantes, vitaminas,...); favorecer o uso de alimentos en determinadas dietas, por exemplo, reducindo o contido en graxa grazas a redución do tamaño de partícula da graxa utilizada; ou no contido en sal, conseguindo gránulos de sal que non mesturan e aseguran alimentos salgados cun 90 % menos de sal; ou na adición de minerais, etc.

5.1.4.     Nutracéuticos

Os nutracéuticos son alimentos que se usan para proporcionar un beneficio á saúde das persoas introducindo os principios activos das plantas medicinais.

Introdúcense por microencapsulación en pequenas burbullas ou vesículas fofolípidas, como as membranas protectoras das células do noso corpo (denominadas liposomas) e chegan ao tecido ou ao órgano para o que están destinados, nas mellores condicións, nunha proporción entre 10/15 veces maior que co tratamento convencional.

Os fosfolípidos que constitúen os liposomas, forman unha barreira redor do nutracéutico e faino resistente ao ataque dos xugos dixestivos ou as solucións alcalinas do corpo humano, dos radicais libres ou dos procesos de oxidación ou degradación ambientais, ata chegar ao órgano ou tecido sobre o que vai a actuar o nutracéutico, e farao dun xeito intelixente, actuando cando a temperatura, o pH ou a presenza de certas substancias sexan adecuadas para liberar o seu contido.

5.2.       TIPOLOXÍA DE NANOMATERIAIS NOS ALIMENTOS

Os nanomateriais que se empregan cos alimentos para conferirlles beneficios que dependen da súa composición, poden ser de varios tipos:


·       Nanomateriais orgánicos: lípidos, proteínas e polisacáridos, que se utilizan para encapsular as vitaminas, antioxidantes, colorantes, conservantes ou aromatizantes. Teñen a vantaxe de permitir unha mellor inxestión, absorción e estabilidade no corpo.

·       Nanomateriais orgánicos/inorgánicos combinados: chámanse nanomateriais funcionalizados en superficie e engádense a unha matriz por funcionalidades específicas (antimicrobianos, antioxidantes, reguladores de permeabilidade e rixidez).

·      Nanomateriais inorgánicos: metais e óxidos metálicos, Ag, Fe, Se, TiO2, empregados como aditivos, complementos alimentarios ou en envases.



Os nanocompostos incorporan as nanopartículas en baixo porcentaxe, <5%, a unha matriz polimérica que queda reforzada polos recheos e lle da maior rixidez e resistencia. Doutra banda conseguen que o gas teña que facer un maior percorrido a través do nanocomposto, para regular o intercambio de gas envase/ambiente.

A nanotecnoloxía pode proporcionar alimentos con cualidades melloradas, pode lograr un mellor control da calidade en espumas e emulsións, pode mellorar o valor nutricional dos produtos alimentarios.

 

5.3.       NANOTECNOLOXÍA E IMPACTO NEGATIVO

Pero a nanotecnoloxía non é todo beneficio e positividade, tamén hai que ter en conta a parte negativa: existe unha gran preocupación da lexislación europea na regulación dos materiais que entran en contacto cos alimentos, por exemplo, os envases, debido á posibilidade de que se produzan migracións entre o envase e o alimento co que entra en contacto.

Soamente se poden engadir aditivos aprobados, pero incluso estes están en dúbida, debido á posibilidade de xerar substancias intermedias das que se descoñecen os efectos sobre a saúde humana. Doutra banda, non se coñece o impacto dos nanomateriais. O uso dos nanomateriais nos envases pode supor a inxestión deles, que dado o seu pequeno tamaño, descoñécese en que medida poden chegar, por exemplo, aos diferentes tecidos do corpo.

No caso de que se trate de nanomateriais que se engaden aos alimentos, nos se coñecen os efectos a curto ou longo prazo, que ademais se esperan distintos dos que teñen no tamaño natural.

Nos apartados anteriores recóllese a utilidade de reducir o tamaño para conseguir unha mellora nas propiedades, pero hai que ser conscientes de que os efectos sobre o corpo tamén van a ser outros. Por exemplo, a facilidade de absorción polo sistema respiratorio, coa chegada a órganos e tecidos aos que un maior tamaño de partícula impediría a súa entrada.


Aínda descoñécese a toxicidade que poden presentar, sen esquecer a posibilidade de acumulación nos organismos, a súa presenza na cadea alimentaria; tamén a penetración a través da pel. Hai estudos (en animais) que parecen indicar que algunhas destas partículas poden xerar efectos inesperados, tanto a nivel xenético como molecular e estanse a considerar efectos a longo prazo de tipo canceríxeno, mutaxénico ou ambiental. Outros estudos determinan que a súa presenza na auga potable pode afectar a microbiota intestinal, o que podería chegar a provocar cancro colorectal.

Non podemos esquecer que as probas tradicionais para a identificación da toxicidade dos produtos non é moi válida cos nanomateriais e doutra banda o que se pode estudar hoxe é a curto prazo.

Ademais, non hai ningunha regulación que indique a obriga de incluír na etiqueta a presenza de nanopartículas, aínda que algúns países xa comezan a prohibir algunhas destas nanopartículas, como Francia, que prohibiu o dióxido de titanio nanométrico nos alimentos,

Institucións como a Comisión Europea ou a FDA (Administración de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos) parecen optar por non regular este tema, considerando que non se precisa lexislación específica por enriba da xa existente para eses produtos nos tamaños habituais. A Comisión indica tamén que a normativa xeral fai referencia aos materiais en contacto cos alimentos, sinalando expresamente aqueles chamados intelixentes. Consideran que un nanomaterial pode estar presente como partícula individual pero tamén como aglomerado[5] ou agregado[6], o que leva a interpretación de que non son nanomateriais, pero non podemos esquecer que seguen a conservar as propiedades físico-químicas específicas dos nanomateriais.

Tamén é certo que existe unha normativa específica sobre determinados materiais, como no caso dos poliméricos, pero en ningún caso fai referencia a aqueles que entran en contacto cos alimentos.

En contra disto, outros organismos como a Academia Británica para a Ciencia e a Tecnoloxía ou a Organización de Consumidores e Usuarios da Unión Europea (BEUC), denuncian a falta de información sobre a seguridade destes materiais, e loitan pola exixencia de etiquetados que indiquen a presenza das nanopartículas e a prohibición das nocivas para a saúde das persoas o do medio ambiente.


Desde o ano 2009, o Parlamento Europeo, en desacordo coa Comisión Europea, propuxo no Plan de Acción para Europa a actualización da normativa, en particular respecto a nanotecnoloxía e os nanomateriais. Por elo están xurdindo algúns regulamentos considerando esta temática, referidos a casos como os seguintes, pero non moitos máis:

·         Información alimentaria ao consumidor/a.

·         Alimentos para lactantes e nenos de curta idade.

·         Alimentos para usos médicos.

·         Medicamentos de uso veterinario.

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) é unha das entidades que está a traballar na avaliación da seguridade das nanopartículas e ten presentado unha guía de traballo sobre a apreciación de riscos da nanotecnoloxía nos alimentos.


6.    ANÁLISE DOS RISCOS LABORAIS ASOCIADOS AOS NANOMATERIAIS NA INDUSTRIA DE ALIMENTACIÓN DESDE A PERSPECTIVA DE XÉNERO

6.1.       MARCO NORMATIVO DE REFERENCIA EN MATERIA DE PRL

No caso dos nanomateriais ou as nanopartículas non existe un marco normativo específico para o seu regulamento. A este respecto é necesario, non soamente un conxunto de normas que regule en xeral a todo o conxunto de nanomateriais e nanopartículas, senón que nalgúns casos sería preciso un regulamento específico para un nanomaterial ou nanopartícula en concreto, como se fai no caso doutros produtos  coma a sílice, o amianto ou o dióxido de carbono.

As persoas entrevistadas comunican a súa preocupación sobre que a nanotecnoloxía non estea suficientemente regulada. Existen miles de produtos no mercado que non están avaliados e actualmente a nanotecnoloxía é o Cabalo de Troia, cun risco infinito para gran parte da poboación mundial e para o medio ambiente e isto non está regulamentado.

Como non existe unha normativa específica dirixida a lexislar a nanotecnoloxía e os nanomateriais, seguindo a Recomendación da Comisión Europea do 7 de febreiro de 2008, recollida no “Código de conduta para unha investigación responsable no campo das nanociencias e as nanotecnoloxías”[7], de revisión periódica, debe aplicarse a normativa xeral existente en materia de prevención de riscos laborais, en función da situación na que se usen os nanomateriais e as súas características de perigosidade. A súa vez, os nanomateriais teñen propiedades fisicoquímicas e están cubertos pola definición de “substancia” química no REACH e CLP, polo que se lles debería facer un tratamento como o das substancias ou produtos químicas.

v Directivas e regulamentos europeos

·         Directiva 80/1107/CEE do Consello, do 27 de novembro de 1980, sobre protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes químicos, físicos e biolóxicos durante o traballo e as súas modificacións.

·         Directiva 83/477/CEE do Consello, do 19 de setembro de 1983, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición ao amianto no traballo (segunda Directiva separada segundo o artigo 8 da Directiva 80/1107/ CEE) e as súas modificacións.

·         Directiva 89/391/CEE do Consello, do 12 de xuño de 1989, relativa a aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e saúde das persoas traballadoras no traballo.

·         Directiva 90/394/CEE do Consello, do 28 de xuño de 1990, sobre protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos no traballo (sexta directiva específica segundo o artigo 16, apartado 1, da Directiva 89/391/CEE) e as súas modificacións.

·         Directiva 91/322/CEE da Comisión, do 29 de maio de 1991, sobre o establecemento de valores límite de carácter indicativo, mediante a aplicación da Directiva 80/1107/CEE do Consello, sobre protección das persoas traballadoras contra riscos relacionados coa exposición a axentes químicos, físicos e biolóxicos durante o traballo.

·         Directiva 92/85/CEE do Consello, do 19 de outubro de 1992, relativa a aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e saúde no traballo da muller embarazada, que dese a luz ou en período de lactación.

·         Directiva 96/82/CE do Consello, do 9 de decembro de 1996, sobre o control dos riscos inherentes a accidentes graves con substancias perigosas e as súas modificacións.

·         Directiva 98/24/CE do Consello, do 7 de abril de 1998, sobre a protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos no traballo (décimo cuarta Directiva específica segundo o artigo 16, número 1 da Directiva 89/391/CEE).

·         Directiva 2000/39/CE da Comisión, do 8 de xuño de 2000, pola que se establece unha primeira lista de valores límite indicativos de exposición profesional en aplicación da Directiva 98/24/CE do Consello sobre a protección do saúde e seguridade das persoas traballadoras contra riscos relacionados con axentes químicos durante o traballo (texto pertinente aos fins do EEE) e seguintes.

·         Directiva 2004/37/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos no traballo (Sexta Directiva específica segundo a sección 1 do artigo 16 da Directiva 89/391/CEE do Consello) (versión codificada)

·         Regulamento (CE) nº 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias e preparados químicos (REACH), polo que o Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos e seguintes modificacións e desenvolvemento.

·         Regulamento (CE) nº 1272/2008 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de 2008, relativo á clasificación, etiquetado e embalaxe de substancias e mesturas e polo que se modifican e derrogan as Directivas 67/548/CEE e 1999/45/CE e modificase o Regulamento (CE) nº 1907/2006.

·         Directiva 2008/47/CE da Comisión do 8 de abril de 2008 pola que se modifica, para adaptala ao progreso técnico, a Directiva 75/324/CEE do Consello, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre xeradores de aerosois e as súas modificacións e desenvolvemento.

·         Regulamento (UE) 2015/2283 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2015, relativo ao novos alimentos.

v Regulamentos nivel nacional

·         Normativa xeral sobre seguridade e saúde no traballo:

o   Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais (en diante, LPRL).

o   R.D. 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención.

o   R.D. 298/2009, de 6 de marzo, polo que se modifica o R.D 39/1997, de 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención, en relación coa aplicación de medidas para promover a mellora da seguridade e da saúde no traballo da traballadora embarazada, que dera a luz ou en período de lactación.

o   R.D. 485/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas en materia de sinais de seguridade e saúde no traballo.

o   R.D. 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

·         Normativa referida aos produtos químicos e as circunstancias particulares que os afecten, considerando aos nanomateriais e as nanopartículas como substancias químicas:

o   R.D. 363/1995, do 10 de marzo, polo que se dita a normativa sobre notificación de novas substancias e clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas.

o   R.D. 665/1997, do 12 de maio, sobre protección das persoas traballadoras contra riscos relacionados coa exposición a axentes de cancro durante o traballo. Modificado por RD 1124/2000 e RD 349/2003.

o   R.D. 374/2001, do 6 de abril, sobre protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

o   R.D. 255/2003, do 28 de febreiro, polo que se aproba a normativa sobre clasificación, envasado e etiquetaxe de preparados perigosos.

o   R.D. 681/2003, do 12 de xuño, sobre protección da saúde e seguridade das persoas traballadoras expostas aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo.

o   R.D. 717/2010, do 28 de maio, polo que se modifica o RD 363/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de clasificación, envasado e etiquetaxe de substancias perigosas e o RD 255/2003 de o 28 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre clasificación, envasado e etiquetaxe dos preparados perigosos.

·         Normativa referida ao equipamento e uso de Protección Individual:

o   R.D. 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polas persoas traballadoras dos equipos de traballo.

o   R.D. 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas ao uso por parte das persoas traballadoras de equipos de protección individual.


 

6.2.       RISCOS LABORAIS AOS QUE SE VEN EXPOSTAS ÁS PERSOAS TRABALLADORAS NA MANIPULACIÓN DE NANOMATERIAIS NO SECTOR

6.2.1. Exposición laboral aos nanomaterias

Na industria de alimentación poden utilizarse os diferentes nanomateriais como materia prima ou como un elemento máis no seu produto/actividade, como se describe no capítulo 5.

A exposición laboral das persoas traballadoras desta industria aos nanomateriais pode ter lugar nas diferentes fases do proceso industrial, así como nas operacións de mantemento e limpeza, liberándose ao ambiente, tanto como nanopartículas coma en forma de aglomerados ou agregados, e isto pode ocorrer en calquera das fases.

Cando se compran produtos ou materiais que se empregan nos procesos da actividade, soen traer as Fichas de Seguridade, nas que se recollen os procedementos e medidas preventivas para traballar cos materiais. Sen embargo, o problema está cando estes produtos se transforman ou cando estas fichas non especifican que conteñen nanomateriais ou nanopartículas nas súa composición. Polo tanto, pode existir o descoñecemento da propia empresa ou das persoas traballadoras da presenza ou manipulación de nanopartículas ou nanomateriais na súa actividade, o que expón aínda máis a súa seguridade e saúde.

·       Na fabricación de nanomateriais, que pode efectuarse empregando unha gran variedade de técnicas que poden agruparse en dous grupos:

o  Top-Down: (estado sólido: po). Obtéñense os nanomateriais sometendo aos materiais convencionais a diversos procesos (litografía, moenda, técnicas de alta deformación, ácidos fortes ou ultrasóns) para disgregar o material de partida e obter así partículas de tamaño nanométrico.

o  Bottom-Up: (estado sólido, líquido ou gasoso). Consiste en construír nanopartículas mediante o ensamblado ou síntese de átomos ou moléculas (pirólese por láser, evaporación, condensación, procesos coloidais, reaccións de deposición de vapor).

Na gran maioría dos casos, os nanomateriais estarán en última instancia en forma de po.

A exposición pode deberse á formación de aerosois nas diferentes operacións que se realizan, durante a manipulación dos materiais (pesada, transvase, mestura…), na recollida de derrames ou na recuperación do material en forma de po.

·         Na incorporación a alimentos ou nos envases, segundo o caso.

o  A exposición producirase no manexo de po de nanomateriais nas operacións de tratamentos dos alimentos, como a pesada, transvase, mestura, envasado do produto ou vertido.

o  Nas operacións de envasado, etiquetaxe e no almacenamento ou transporte dos alimentos.

·         Na eliminación dos residuos xerados:

o  Durante calquera das operacións ás que poidan ser sometidos os residuos na industria de alimentación en cuestión, tanto de reutilización, reciclaxe como a eliminación definitiva.

·         Nas diferentes tarefas de mantemento e/ou limpeza de equipos e instalacións. Un exemplo das posibilidades de exposición son as seguintes:

o  Deterioro do equipo e posibles fugas. No caso dunha fuga ou derrame, as nanopartículas comportaranse como un gas e dispersaranse polo centro de traballo, aínda que hai que ter en conta que as nanopartículas, co paso do tempo vanse a aglomerar, polo proceso de coagulación, deixando o comportamento de nanopartículas.


o  Mantemento dos equipos nos que se desenvolve o proceso de fabricación de nanomateriais ou diferentes produtos.

o  Limpeza dos equipos empregados.

o  Limpeza dos sistemas de captación.

o  Recollida de fugas ou derrames.

o  Uso de produtos que conteñen nanomateriais para o mantemento e limpeza de equipos e instalacións (pinturas, vernices, revestimentos, lubricantes, adhesivos,...)

o  Transporte e eliminación de alimentos e/ou envases con nanomateriais.

6.2.2. Riscos para a saúde: toxicidade

Se algunhas das partículas ou fibras de escala non nanométrica, poden implicar toxicidade para a saúde das persoas, os nanomateriais do mesmo material poden ser igual ou máis prexudiciais que estes, pois o seu  tamaño, superficie, composición química, forma ou carga inflúen sobre as súas propiedades toxicolóxicas.

Os nanomateriais teñen un área superficial moito maior que a masa de partículas grandes, polo que na medida en que esta área superficial é maior é un factor de toxicidade.

Tamén debido a súa dimensión nanométrica poden alcanzar partes do organismo normalmente pouco accesibles a partículas de maior tamaño (maior posibilidade de atravesar os límites celulares, pasar desde os pulmóns á corrente sanguínea e desde aquí a todos os órganos do corpo, etc.).




Por outro lado, algúns nanomateriais (por exemplo os nanocables), mostran un elevado ratio de aspecto biopersistente, con similar morfoloxía e durabilidade que as fibras de amianto, polo que é probable que persistan nos pulmóns en caso de ser inhalados, causando inflamación e enfermidade.

Sen embargo, a información dispoñible dos efectos dos nanomateriais sobre a saúde das persoas é aínda moi limitada. Os estudos sobre os efectos toxicolóxicos dos nanomateriais en condicións reais son escasos, a pesar de que se veñen empregando na contorna laboral desde hai tempo (algo menos na industria de alimentación). A maioría dos estudos céntranse en animais, pero os seus resultados no son concluíntes.

A pesar disto, compre dicir que os efectos toxicolóxicos dos nanomateriais no organismo dependen dunha serie de factores, como son as vías de entrada no organismo e nivel de exposición, os factores relacionados coa persoa traballadora e a toxicidade intrínseca do nanomaterial.

a.    Vías de entrada no organismo e nivel de exposición

Dado que a forma mais habitual de encontrar as nanopartículas é en forma de sólido, sexa como po ou como fibra, como partículas independentes ou como agregados, a principal vía de entrada é a respiratoria, como xa o é no caso de moitos axentes químicos, noutros tamaños.

Por inhalación, o mecanismo de deposición das partículas nanométricas é a difusión. Segundo o seu tamaño, as partículas de diámetros superiores a 10 nm deposítanse na rexión alveolar, fracción respirable; as de menor tamaño  deposítanse na rexión nasofarinxea, fracción inhalable; pero tamén poden chegar a rexión traqueobronquial, fracción torácica.

·         Fracción respirable: fracción de masa das partículas inhaladas que entran no tracto respiratorio non ciliado. As partículas máis pequenas penetrarán ata os alvéolos pulmonares, situación que se produce, por exemplo, a nivel micro no caso das partículas de po de sílice ou fibras de amianto.

·         Fracción inhalable: fracción de masa do aerosol total que se inhala polo nariz e a boca. Normalmente xéranse danos a nivel do tracto respiratorio superior e no nariz produciríanse efectos como o cancro do nariz, como ocorre no caso das partículas de po madeira no nivel micro.

·         Fracción torácica: fracción de masa das partículas inhaladas que penetran máis alá da larinxe. Sería o caso daquelas partículas ou agregados que permanecen ao nivel da rexión bronquial; a que pode provocar enfermidades como o cancro de pulmón, como no caso das fibras de amianto no nivel micro.


A nivel nanométrico, as partículas máis pequenas, 1 nm, deposítanse maioritariamente na rexión nasofarinxea (80%) ou da cabeza, mentres que o 20% restante deposítase na zona traqueobronquial e practicamente ningunha na rexión alveola. Pola súa parte, as partículas de 5 nm de diámetro deposítanse indistintamente en calquera das rexións (nariz/boca; bronquial ou alveolar) e as partículas a partir de 20 nm deposítanse na rexión alveolar preferentemente.

Non hai que esquecer que as nanopartículas tenden á formación de agregados ou aglomerados, cun tamaño micrométrico, o que modifica o comportamento das partículas.

Ademais vaise a producir transferencia ou translocación, o fenómeno no que o pequeno tamaño das nanopartículas lles permite atravesar a barreira do epitelio pulmonar e/ou outras membranas biolóxicas, sen perder a súa integridade, para chegar, a través dos vasos linfáticos, aos sanguíneos e aos nervios sensoriais, á circulación sanguínea e aos ganglios linfáticos e despois distribuírse no corpo. A transferencia parece tanto máis importante canto menor é o diámetro das nanopartículas (menos de 2 nm). Os principais órganos de almacenamento son o intestino, os riles, o sistema reprodutor, o sistema cardiovascular, o fígado, o timo, os pulmóns e o cerebro.

As nanopartículas tamén poderían chegar ao cerebro seguindo o camiño do nervio olfactivo.

No caso das fibras (nanotubos), estas deposítanse nas vías áreas altas e xerarían un proceso de fibrose por activación directa dos fibrocitos pulmonares; e pensase que sería polo efeto das impurezas químicas vinculadas ao método de produción.

As persoas entrevistadas coinciden, en xeral, que o risco máis esperable para a saúde é o de inhalación, pois está presente nun 99% dos casos nos que se manipulan nanomateriais. A entrada é como po en suspensión. Son partículas de tamaño moi pequeno que viaxan a moita velocidade polo organismo e algunhas das persoas expertas comentan que deberían tratarse como se foran gases.

Pero tampouco poden esquecerse outras vías, como a vía dérmica, a posibilidade de que penetre a través da pel.

O proxecto de investigación europeo NANODerm conclúe que as nanopartículas permanecen nas capas superficiais da epiderme da pel normal e que a súa penetración na derme é insignificante, agás ao longo das células dos folículos pilosos. En xeral, non se observaron efectos irritantes nin alérxicos pola exposición da pel. Algúns estudos realizados en persoas non amosan un paso transcutáneo pasivo, polo que a conclusión sería que as nanopartículas non presentan risco para a pel sa, pero hai outros estudos que, nalgún tipo de nanopartícula, como o dióxido de titanio, demóstrase un paso transcutáneo. Este paso, aínda que escaso, faríase por fricción mecánica na pel ou cando se aplica sobre pel erosionada ou danada. Finalmente, detectase que os resultados dos diferentes estudos son controvertidos e fan necesario continuar a investigación sobre o seu paso na pel humana sa ou ferida. Aínda que en calquera caso, a pel intacta constitúe unha eficaz defensa fronte aos axentes externos, cando se perde a cutícula externa protectora, as nanopartículas poden penetrar e distribuírse polo organismo coma outros contaminantes.

A vía dixestiva considerase a menos probable como vía de entrada no organismo, aínda que pode penetrar por deglución das nanopartículas presentes no moco acumulado nas vías respiratorias ou as acumuladas nas mans na ausencia de prácticas ou medidas hixiénicas no manexo dos materiais ou por inxestión de alimentos ou augas contaminadas. De novo non existe nada detallado e a consideración podería ser que as nanopartículas se eliminarían rapidamente polas feces ou ouriños. 

Cal é o proceso tras penetrar no organismo?

Os nanomateriais, ao penetrar no organismo sofren procesos de:

¬     Absorción das nanopartículas, seguindo as distintas vías de penetración.

¬     Distribución no organismo e translocación aos órganos. A ruta que seguen as nanopartículas unha vez que penetran no organismo é determinante. As máis habituais son a través do sistema circulatorio ou vía sistema nervioso, pero isto é difícil de asegurar.

O lugar de depósito unha vez que entra no organismo vai determinar as súas consecuencias na saúde da persoa traballadora. Se ben o órgano no que se soe producir o depósito é o pulmón, pode afectar a outros órganos como os riles, o fígado e o bazo.

Algúns nanomateriais contan cunha propiedade específica, que é a capacidade de atravesar as barreiras biolóxicas sen perder a súa integridade.





¬     Metabolización. As partículas transfórmanse para facilitar a súa eliminación, modificando a súa estrutura química, aumentando a súa solubilidade e reducindo a toxicidade. Non obstante, pode ocorrer o efecto contrario e derivar a biotransformación nunha substancia máis tóxica que a inicialmente absorbida. 

¬     Acumulación. Cando as nanopartículas se acumulan nos tecidos prolónganse os efectos tóxicos no organismo.

¬     Eliminación total ou parcial por diferentes vías.

Ademais das vías de entrada, outro dos factores que determinan a toxicidade aos nanomateriais ou nanopartículas é a súa concentración, duración e frecuencia de exposición. A menor duración e frecuencia da tarefa menor risco.

b.   Factores relacionados coa persoa traballadora exposta

Os factores intrínsecos asociados á persoa traballadora determinan o nivel de susceptibilidade individual á toxicidade do nanomaterial. Por exemplo, persoas con asma ou problemas cardiovasculares poden ser máis susceptibles a sufrir efectos adversos. A isto súmase o xénero da persoa traballadora: as mulleres, polas súas características biolóxicas, fisiolóxicas e físicas son tamén máis susceptibles que os homes a estes riscos (ver capítulo 6.3 deste informe).

Tamén a contorna ambiental, como o lugar de depósito ou ruta que seguen as nanopartículas.

c.    Toxicidade intrínseca do nanomaterial

A pesar de que na actualidade é aínda difícil coñecer con exactitude a toxicidade dos nanomateriais. Non obstante, a continuación recóllense algúns dos principais factores físicos e químicos que poden relacionarse coa toxicidade intrínseca dos nanomateriais:

 



  Táboa.  1. Factores relacionados coa toxicidade intrínseca do nanomaterial

Factores químicos

Composición química

De forma xenérica, canto máis tóxico sexa o material macroscópico, maior será tamén a súa toxicidade a tamaño nanométrico.

A presenza doutros compostos químicos adheridos á superficie tamén poden afectar á toxicidade, como por exemplo, impurezas de síntese.

Solubilidade en fluídos biolóxicos

Trátase dun parámetro moi importante porque dependendo da composición química das nanopartículas, estas presentan maior ou menor solubilidade nos fluídos biolóxicos.

As nanopartículas insolubles ou pouco solubles nos fluídos biolóxicos manterán as ca­racterísticas toxicolóxicas relacionadas coa súa forma nano. Polo tanto, estas terán un maior interese desde o punto de vista da toxicidade laboral, posto que serán as que presenten unha maior perigosidade. Canto máis soluble perde a estrutura nanomaterial, polo que as súas propiedades son similares ás doutros contaminantes máis grandes.

Factores físicos

Tamaño e superficie específica

A menor tamaño da partícula prodúcese un aumento considerable da área superficial por unidade de masa e do número de átomos na súa superficie, o cal se traduce nunha maior reactividade da partícula.

En xeral, canto máis reactiva é unha substancia máis tóxica é.

No caso de que a vía de entrada sexa a inhalatoria, o tamaño vai determinar en que zona do tracto respiratorio deposítase.

Ao presentar un tamaño tan reducido, tamén aumenta a probabilidade de que as nanopartículas atravesen tecidos e a parede celular.

Forma

As nanopartículas poden presentar diferentes formas (esfera, tubo, cilindro, placa, etc.). En xeral, a toxicidade parece ser maior para nanomateriais de forma tubular ou de fibra, seguida dos de forma irregular e, por último, dos de forma esférica.

Estrutura cristalina

Dependendo das distintas estruturas cristalinas, os nanomateriais poden ter diferentes comportamentos toxicolóxicos.

Estado de agregación

Polo xeral, as nanopartículas atópanse formando agregados  como consecuencia da tendencia a diminuír a súa enerxía superficial. Isto é determinante, pois en función do tamaño varía o lugar de deposición no organismo.

Fonte:Seguridad y salud en el trabajo con nanomateriales”. INSST: 2015.


6.2.3. Riscos de seguridade

Onde se pode concentrar un alto nivel de partículas sólidas no ambiente, nubes de partículas, especialmente nun espazo pechado, xérase a posibilidade de risco de incendio e explosión, aínda que non existen datos fiables sobre o que pode ocorrer cando se trata de tamaños de partículas nanométricas. Pódese esperar que os nanomateriais e as nanopartículas teñan maior risco que o mesmo material en tamaño de partícula maior, polo incremento da área superficial, o que tamén favorece a actividade catalítica, a aceleración das reaccións e a posibilidade de reaccións inesperadas, que nalgún caso pode derivar en reaccións violentas e explosivas.




Coñécese que parámetros empregados, como a enerxía mínima de ignición (EMI) ou a temperatura mínima de ignición (TMI), diminúen co tamaño, o que implica que a nube de partículas nanométricas podería acenderse con fontes de ignición mínimas, como pode ser a colisión entre partículas, fricción mecánica ou chispas electrostáticas; o que é particularmente transcendente no caso de aqueles nanomateriais que foron deseñados para xerar calor durante o proceso das reaccións a nanoescala.

Fronte ao descoñecemento actual, a mellor opción desde o punto de vista da prevención de riscos laborais é considerar o principio de precaución, pois se noutros tamaños de partículas dáse o risco de incendio e explosión, este podería extrapolase tamén ao tamaño nanométrico. A este respecto faise unha consideración: afortunadamente, as cantidades habituais de traballo na fabricación ou manipulación de nanomateriais ou nanopartículas en po adoitan ser moi pequenas (na orde de gramos), o que dificulta a posibilidade de materializarse o risco de explosión, pero en todo caso, débese aplicar o principio de precaución na xestión dos riscos laborais e aconséllase ter en conta as medidas preventivas necesarias.

En canto a outros riscos de seguridade, débese avaliar as posibilidades de materialización das seguintes situacións nalgúns momentos dos procesos:

·         Uso de gases inertes que poden desprazar ao oxíxeno e provocar asfixia.

·         Posibilidade de electrocución derivada da xeración de plasmas, que por exemplo, poden darse na fabricación das nanopartículas ou na funcionalización de superficies.

6.3.       EFECTOS NA SAÚDE

Hai probas experimentais da existencia dunha gran variedade de interaccións posibles entre as nanopartículas manufacturadas e os sistemas biolóxicos, así como efectos sobre a saúde.

En sistemas experimentais de laboratorio, poden promover a formación de cúmulos de proteínas fibrosas que poden ser similares ás que aparecen nalgunhas enfermidades, incluídas as do cerebro.

As partículas no aire poden causar efectos nos pulmóns, pero tamén no corazón e na circulación sanguínea, similares ás xa coñecidas causadas polas partículas de contaminación atmosférica.

Hai algunha evidencia de que as nanopartículas poden causar danos xenéticos, directamente ou por inflamación, con posibilidade de afectación da muller.

Todos estes efectos dependerán do destino das nanopartículas no corpo. Soamente pequenas doses destas nanopartículas escapan dos pulmóns ou do intestino, pero a exposición prolongada pode significar que unha gran cantidade delas se distribúan polo corpo. A maioría permanece retida no fígado ou no bazo, pero algunhas parecen chegar a todos os tecidos e órganos. Tamén é posible que entren no cerebro a través das membranas nasais.

Os nanotubos ou varillas con características similares ás fibras de amianto supoñen un risco para o mesotelioma (unha forma de cancro da pleura).

O que se coñece é que as nanopartículas presentan un alto nivel de interacción a nivel celular e provocan efectos prexudiciais directos, como a inflamación dos tecidos, a fibrose reactiva, dano no ADN celular e cancro. Estes efectos están relacionados coa capacidade que teñen de inducir:

·       Mecanismos de apoptose (mecanismo de autodestrución celular, para o control das células con anomalías ou defectos perigosos).

·       Estrés oxidativo, que é un proceso desenrolado no noso corpo debido a un exceso de radicais libres (moléculas que se producen no noso corpo, resultado das reaccións biolóxicas que acontecen nas células) e á falta de antioxidantes para contrarrestalos. O aumento destes radicais libres e oxíxeno fai que as células se oxiden afectando ás súas funcións e danándoas.

·       Outra posibilidade son alteracións do ADN, que poden desenrolar enfermidades como o cancro, alteracións psiquiátricas, da conduta, complicacións cardiovasculares e alteracións autoinmúns.

·       Tamén se está a considerar a posibilidade de que as nanopartículas sexan consideradas como alteradores endócrinos. Se fora así, o risco para a muller sería elevado, en particular en período de embarazo ou lactación.

A día de hoxe estase valorando se as nanopartículas, nun medio biolóxico, son capaces de adquirir un recubrimento de proteínas, lípidos ou polisacáridos, o que lles confire unha identidade biolóxica. Isto implicaría que ao mellor, os nanomateriais que se están a valorar desde un enfoque químico, teñan que valorarse tamén como risco biolóxico.

A Organización Internacional do Traballo (OIT) subliña o enorme desfase entre o coñecemento sobre as aplicacións da nanotecnoloxía e o seu impacto sobre a saúde das persoas.

Dado o descoñecemento, en Europa a idea fundamental é a aplicación do principio de cautela ou precaución: cando unha actividade se presenta como unha posible ameza para a saúde humana ou o medio ambiente, deberían tomarse medidas de precaución, incluso cando algunhas relacións de causa/efecto non estivesen completamente establecidas cientificamente. Aínda que non exista certeza absoluta, a actuación é como si o risco fora certo, sen esperar a ter a certeza absoluta.

6.4.       FACTORES QUE FAN NECESARIA A INCORPORACIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DESTES RISCOS

Na xestión dos riscos laborais é necesario ter en conta as diferenzas biolóxicas, fisiolóxicas e físicas entre mulleres e homes para mellorar as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras e evitar as desigualdades de xénero na saúde laboral.

Como expoñen os expertos/as participantes no estudo, as diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas entre ambos os dous sexos é un dos principais motivos para ter en conta a perspectiva de xénero na xestión dos riscos laborais, xunto con que isto permitirá mellorar as condicións de traballo de todas as persoas traballadoras e evitar as desigualdades de xénero na saúde laboral.




Na lexislación estatal, ben a través da Constitución Española (art. 14 e 9.2) como no  Estatuto das Persoas Traballadoras (art. 17), recóllese o dereito de igualdade ante a lei e a non discriminación por razón de sexo, tanto a nivel xeral como nas relacións laborais, e a obriga de promover as condicións para a igualdade entre os individuos. Tamén a Lei 14/1986, de 25 de abril, xeral de saúde, esixe a vixilancia das mulleres traballadoras durante os períodos de embarazo e a lactación materna e as súas condicións de traballo.

No ámbito da seguridade e saúde laboral, a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais recolle o principio de adaptación do traballo á persoa (art. 15), ponse énfase especial na necesidade de atender ás características persoais ou ao seu estado biolóxico coñecido (art. 25), e recolle a particularidade de protexer a maternidade e o feto (art. 26) pero, sen embargo, apenas ten en conta as diferenzas de xénero no resto do seu articulado.

No caso da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, esta si fai mención a perspectiva de xénero nesta materia, introducindo importantes modificacións na LRPL, como a consagración do principio de transversalidade de xénero. Dispón, no seu artigo 27, que “as políticas, estratexias e programas de saúde teñen que integrar, na súa formulación, desenvolvemento e avaliación, as diferentes necesidades das mulleres e os homes, así como as medidas necesarias para abordalas adecuadamente”. Outras novidades salientables son a ampliación da protección da saúde das mulleres embarazadas ao período de lactación natural e a referencia ao acoso sexual e por razón de sexo, definido como unha conduta discriminatoria.

En Galicia, o seu Estatuto (Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril) recolle como deber dos poderes públicos galegos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos aos que pertencen sexan reais e efectivas, se eliminen os obstáculos que impiden ou dificulten a súa plenitude e se facilite a participación de todas as persoas galegas na vida política, económica, cultural e social.

A través do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, refórzase o compromiso coa eliminación da discriminación entre mulleres e homes e na promoción da igualdade, dándolle a maior eficacia posible. Tamén inclúese un capítulo específico dedicado exclusivamente á prevención de riscos laborais, no que se obriga aos poderes públicos autonómicos a integrar nos seus obxectivos e actuacións en materia de prevención o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes, fai especial fincapé na necesidade de promover estudos e investigacións para paliar a deficiencia que existiu ata o de agora, ao ser dirixidos de forma practicamente exclusiva a un dos dous sexos; e incide na importancia de establecer programas formativos nos que se inclúa a perspectiva de xénero, entre outras cuestións.

v Factores intrínsecos ou biolóxicos da muller traballadora

Hai varias razóns para a xestión dos riscos laborais desde unha perspectiva de xénero, xa que entre ambos os dous sexos existen diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas que non se valoran, podendo desempeñar un papel determinante en como son absorbidos os axentes con propiedades toxicolóxicas no corpo e cales os seus efectos:

·         Diferenzas antropométricas: peso, altura, masa ósea e muscular, distribución de graxa, diferenzas na pel.

·         Diferenzas nos órganos reprodutivos.

·         A capacidade de xestación e de lactación.

·         Diferenzas no sistema hormonal (menopausa).

·         Diferenzas cromosómicas: Muller (XX)-Home (XY), que repercute nunha síntese diferenciada de proteínas e hormonas.

Os nanomateriais e as nanopartículas son algo novo e, polo tanto, aínda se descoñecen moitos datos sobre eles e, sobre todo, sobre o dano que producen sobre a saúde das persoas traballadoras, sexan homes ou mulleres. Mentres non se teñan datos concluíntes sobre os efectos dos nanomateriais sobre a saúde, ao ter propiedades físico-químicas, teranse en consideración os efectos que producen, por exemplo, as substancias ou produtos químicos. Neste caso, as diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas das persoas traballadoras segundo xénero si teñen moita importancia, dando como resultado unha diferente e maior afectación nas mulleres respecto dos homes.

A maioría das persoas expertas consultadas expoñen o seu grado de acordo con que estas diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas das mulleres fronte aos homes as fai máis vulnerables a determinados riscos e que no caso dos riscos tóxicos, estes aféctalles máis a elas que a eles.



Táboa 1. Grado de acordo ou desacordo dos expertos/as coas seguintes afirmacións en relación ao impacto dos riscos laborais sobre as mulleres

Totalmente en desacordo, en desacordo ou nin de acordo ni en desacordo

De acordo ou totalmente de acordo

As mulleres teñen diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas con respecto aos homes que as fai máis vulnerables a determinados riscos, máis alá da súa situación en caso de embarazo, lactación ou posparto

9%

91%

Os riscos tóxicos aféctalles máis ás mulleres porque teñen un maior tecido adiposo, menor grosor da derme e posúen un sistema metabólico máis lento que as fai máis vulnerables que os homes

13%

88%

Fonte: IDEARA Investigación. Consulta online a expertos/as


A poboación feminina ten unha diferente susceptibilidade fisiolóxica aos efectos da exposición a produtos químicos, tóxicos, debido, a por exemplo, as diferenzas na fisioloxía e en relación cos seus ciclos reprodutivos. Algúns estudos demostraron que as mulleres son máis susceptibles á asma ocupacional durante a fase premenstrual.

A muller, debido a que en xeral ten unha maior proporción de graxa corporal, almacena máis facilmente os contaminantes químicos e ten entre un 15 ou 20 % máis de células graxas que o home, polo que os efectos das substancias liposolubles nelas, a longo prazo, serán máis prologados e intensos.

Tamén como é común que a poboación feminina teña menos corpulencia que a masculina e unha pel máis fina, baixo as mesmas condicións de exposición ao risco, os efectos son maiores sobre elas.

Outro punto importante a ter en conta son os cambios hormonais, especialmente importantes nos momentos da vida dunha muller, como o embarazo, a lactación materna ou a menopausa. As mulleres pasan por cambios fisiolóxicos rápidos que as fan vulnerables a moitos produtos químicos e que son especialmente tóxicos para elas.

No caso das nanopartículas é importante considerar o seu tamaño, engadido ás outras consideracións que se asocian ás substancias e produtos químicos. Derivado do tamaño vanse a producir fenómenos de translocación, os nanomateriais teñen a capacidade de cruzar barreiras biolóxicas coas que poden chegar, practicamente, a calquera parte do corpo, órgano e/ou tecido, o que implica a posibilidade de afectación do feto ou a transmisión polo leite na lactación ou achegarse aos órganos reprodutores. 

Tamén se está a espera da investigación neste campo, da posibilidade de que se consideren as nanopartículas como disruptores endócrinos. Os danos, de materializarse serían:

·       En traballadoras expostas: Cancro de mama, endometrose, morte embrionaria e fetal, malformacións na descendencia.

·       En traballadores expostos: cancro de testículo, cancro de próstata, redución do reconto espermático, calidade de esperma reducida, nivel diminuído de testosterona, modificacións das concentracións de hormona tiroidea.

·       Fillas de persoas expostas: pubertade precoz, cancro vaxinal, maior incidencia noutros cancros, deformacións nos órganos reprodutivos, problemas no desenvolvemento do sistema nervioso central, baixo peso ao nacer, hiperactividade, dificultades de aprendizaxe, diminución do cociente de intelixencia e de comprensión lectora.

·       Fillos de persoas expostas: criptorquidismo ou no descenso testicular, hipospadias[8], redución do reconto espermático, diminución do nivel de testosterona, hiperactividade, problemas no desenvolvemento do sistema nervioso central, baixo peso ao nacer, hiperactividade, dificultades de aprendizaxe, diminución do cociente de intelixencia e de comprensión lectora.

Algúns estudos dos efectos tóxicos das nanopartículas suxiren que poderían presentar riscos para a saúde reprodutiva masculina e feminina, sendo os aspectos adversos:

·         Na función reprodutiva feminina:

o   Indución de efectos citotóxicos[9], sobre as células de ovario estruturais.

o   Deterioro da ovoxénese[10] e a maduración do folículo.

o   Alterar os niveis normais de hormonas sexuais.

·         Na función reprodutiva masculina:

o   Estrutura testicular.

o   Alteración da espermatoxénese[11].

o   Alteración na biosíntese e vías catabólicas de testosterona.

Doutra banda, aínda que se está a extrapolar a actuación doutros axentes químicos, considerando que os efectos dos nanomateriais ou as nanopartículas poden ser similares, xa se viu ao longo deste informe que a toxicidade dos nanomateriais non segue as mesmas pautas que a toxicoloxía dos tóxicos de maior tamaño, polo que a situación é:

·         Canto máis pequena é unha partícula, maior é a porcentaxe de átomos na superficie.

·         Unha gran área superficial corresponde a un alto nivel de reactividade.

·         Canto máis reactiva é a substancia, maior é a súa toxicidade.

Pero tampouco se pode esquecer un fenómeno que se presenta nalgúns estudos toxicolóxicos in vivo e in vitro, cando se está a traballar con grandes concentracións de nanopartículas poden tender a aglomerarse, e iso pode reducir a toxicidade relativa.

O problema, en xeral coas nanopartículas e os nanomateriais, é que non temos información, se están a facer distintos estudos pero con animais e non son concluíntes.

De novo temos que considerar que ao non coñecer e non ter datos suficientes dos efectos sobre a muller, e nin sequera sobre a  muller embarazada ou lactante, a actuación é recorrer ao principio de precaución, tomar medidas como se o problema fora certo.

v Outros factores de desigualdade

Ademais dos factores intrínsecos da persoas traballadora, hai que ter en conta outras problemáticas da desigualdade de xénero que tamén poden presentarse na industria de alimentación ou nos centros investigadores que traballan con nanotecnoloxía para o ámbito alimentario:

A situación neste caso é a que se vai vendo en xeral nas empresas de case que calquera sector, situacións de:

·       Segregación horizontal por razóns de sexo: situación que implica maiores dificultades de acceso a certas ocupacións ou profesións polo feito de ser home ou muller ou que ven condicionada polos estereotipos de xénero. Isto da lugar a sectores/ocupacións moi desequilibrados por xénero: sectores ou ocupacións moi masculinizados, fronte a outros moi feminizados.

A segregación horizontal condiciona o tipo de exposición aos riscos e debe terse en conta  as necesidades das mulleres nas profesións masculinizadas e os riscos laborais asociados ás profesións feminizadas.

No caso da industria de alimentación poden traballar homes e mulleres indistintamente e en xeral trátase dun sector onde existe unha maior equidade por xéneros (no ano 2020 o 51% das persoas ocupadas no sector en Galicia eran mulleres, datos IGE) pero nalgunhas empresas do sector a presenza feminina é maioritaria, sobre todo nos postos de produción (por exemplo, na industria conserveira).

Nesta situación a exposición aos nanomateriais ou nanopartículas ven derivada da manipulación da materia prima, e como xa se comentou neste estudo, en moitos casos, a persoa traballadora, e incluso o empresariado, é descoñecedora da súa presenza.

Tamén nos centros de investigación que traballan coa nanotecnoloxía para o ámbito alimentario, as mulleres poden ser unha parte importante do seu persoal. Aínda que a súa presenza está crecendo nos centros de investigación en xeral, segundo o documento “Científicas en cifras 2021”, da Unidad de Mujeres y Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación, en España un 41% do persoal  investigador é feminino (por enriba do dato europeo: 34%);  pero  cando se valora a situación nas empresas a cifra baixa ao 31%.

·       Segregación vertical: dificultade de acceder a postos de responsabilidade ou toma de decisións nas empresas ou entidades, inclúe consideracións como o concepto de “teito de cristal”, polas limitacións que se lle impoñen ás mulleres, a falta de corresponsabilidade no fogar, a dificultade de conciliación traballo-familia e os estereotipos de xénero.

Neste caso, a situación vai depender do posto ocupado, de cara á exposición de mulleres e homes aos riscos derivados dos nanomateriais ou nanopartículas. En  xeral, un  posto  máis cualificado ou de maior rango dentro dunha  entidade ou empresa (postos de xestión ou dirección) soe implicar unha menor exposición aos riscos. Pola contra, os postos de  traballo de inferior escalafón (postos de produción: xefes intermedios, encargados, operarios…) a miúdo levan un  maior contacto cos factores de risco.

Aínda que nos centros de investigación poden existir mulleres nos postos de dirección, no caso das empresas da industria de alimentación, como noutras actividades industriais, a presenza feminina nos postos de responsabilidade redúcese.

Ademais pódense presentar outro tipo de desigualdades de xénero que é importante subliñar:

·       Desigualdades nas condicións laborais: as mulleres  traballan en  maior proporción que os homes en empregos temporais, a tempo parcial ou en traballos precarios, o que redunda nunha maior inestabilidade profesional, salarios máis baixos e o risco das mulleres á pobreza durante a vida laboral e na xubilación. Isto fainas máis vulnerables a factores de tipo psicosocial, que tamén repercutirán na exposición aos riscos químicos e polo tanto, aos derivados dos nanomateriais.

·       Desigualdades nos equipos de traballo e nalgún caso nos EPI: as diferencias antropométricas entre homes e mulleres comentadas anteriormente poden condicionar a afectación fronte aos riscos e incluso aumentalos. As variabilidades nos percentís dunhas e outros fai que de non dispoñer de talles que se axusten ao corpo de cada persoa, ou dificultades de acceso a distintos puntos do equipo de traballo a manipular, por altura, por suxeición, ...; poden xerar dificultades para a persoa traballadora.

Hai que ter en conta as dimensións corporais de ambos os dous sexos á hora de seleccionar os equipos e talles. Nas empresas con persoal moi feminizado soe facerse, pero noutras, se existe maior presenza masculina, está cuestión non se ten en conta e avogase pola selección e disposición de talles estándar ou mixtos para ambos os dous sexos ou máis axustados ás características dos homes.

·       Exposición da muller a riscos psicosociais polos distintos factores de desigualdade: segregación vertical e horizontal, dificultade de conciliación da vida persoal-laboral; dobre xornada; violencia de xénero, acoso, ... e que van a condicionar nela distraccións ou comportamentos inseguros, que poden rematar en incidentes ou accidentes laborais.

·         Exposición da muller a produtos químicos na vida persoal: maior consumo de cosméticos, produtos de beleza ou coidado (perfume, xampús, cremas, ...), produtos de limpeza do fogar, ou tratamentos ou medicamentos específicos, como os hormonais ou o consumo de antiinflamatorios, son algunhas posibilidades de exposición, que dado o descoñecemento actual dos efectos negativos que podan presentar, é unha consideración a facerse.

Precisamente, en relación á xestión da prevención de riscos laborais neste sector, os expertos/as están de acordo ou totalmente de acordo en que non se ten en conta o enfoque de xénero, nin no deseño de postos, nin na información e formación en PRL, na consulta ás persoas traballadoras en materia de seguridade e saúde laboral, nas avaliacións de riscos nin noutros aspectos importantes para a súa boa xestión, o que tamén se reflicte en desigualdades nas condicións laborais.




7.    XESTIÓN DA PRL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO NA EXPOSICIÓN AOS NANOMATERIAIS NA INDUSTRIA DE ALIMENTACIÓN. RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS

7.1.       MEDIDAS PREVENTIVAS

Aínda que existen numerosas incertezas sobre os riscos laborais asociados aos nanomateriais, os/as empresarios/as, xunto coas persoas traballadoras, deben seguir unha actitude preventiva para a xestión dos posibles riscos laborais.

As medidas de prevención fronte á exposición aos nanomateriais na industria de alimentación deben establecerse a partir da avaliación de riscos, tendo en conta a cantidade de materia, se se trata de po seco ou non, o nivel de concentración ou contención, o tempo de exposición e a tendencia a aglomerarse e non esquecerse de realizar esta avaliación dos riscos tendo en conta o factor xénero.

Aínda que na normativa de obrigado cumprimento non está especificada a xestión da PRL por exposición a nanomateriais de forma concreta, si o está para as substancias químicas, polo que poderán seguirse as directrices estipuladas para estas e así controlar e xestionar o risco asociado do xeito máis adecuado. Na maioría dos casos estas medidas asimilaranse ás que se empregarían para o control da exposición a aerosois.

Por exemplo, nos laboratorios ou centros que traballan máis directamente con nanomateriais, as persoas expertas consultadas comentan que estas actuacións pasan pola aplicación de protocolos específicos de limpeza, controlando a concentración no aire; medicións ambientais, uso de EPI; formación do persoal e a vixilancia da saúde, con consideracións específicas.

Os estándares establecidos para os laboratorios ou centros que traballan con este tipo de materiais poderíase extrapolar á industria, pero en moitos casos, tal e como xa se expuxo ao longo deste informe, a empresa descoñece que está a manexar nanomateriais.

Fronte esta situación de descoñecemento tan grande sobre a seguridade e saúde no traballo con nanomateriais ou nanopartículas, a recomendación dos expertos/as é facer uso do principio de precaución, ter en conta o risco potencial cando se descoñece o risco real; e que para poder facelo, a empresa debe introducir na súa cultura preventiva a loita fronte aos riscos potenciais, sexan os que sexan, ao tempo que se investiga para coñecer os riscos reais.

Foron elaboradas varias guías por parte de institucións como o INSST, pero as persoas expertas consideran que esta información non chega á empresa en ningún dos seus aspectos: tanto ao empresario/a como á persoa traballadora.

As medidas preventivas fronte aos riscos laborais derivados da exposición a nanomateriais poden agruparse en medidas de tipo técnico, organizativo e de proteccións colectivas e persoais. O manexo seguro dos nanomateriais pode requirir adoptar unha combinación destas medidas.

 

7.1.1. Medidas técnicas

As principais medidas técnicas da exposición aconselladas para a industria de alimentación son as convencionais de aplicación en seguridade e hixiene industrial:

·       Substitución do nanomaterial ou nanopartícula. Dado o descoñecemento dos efectos daniños dos nanomateriais e as nanopartículas, a primeira das medidas sería a eliminación do proceso, sen embargo, dados os beneficios que aportan os produtos finais obtidos (se utilizamos as nanopartículas ou os nanomateriais é por as propiedades e melloras que aportan respecto ao produto inicial)., isto descartaríase e será necesario recorrer ás seguintes medidas:

·       Coñecer, ter identificadas as nanopartículas e nanomateriais no proceso de traballo, solicitar do fabricante a máxima información posible e se é necesario, facer a nosa ficha de información e guía de boas prácticas.

Ás persoas expertas entrevistadas preocúpalles a ausencia de Fichas de Seguridade (FDS) para a manipulación destes materiais. Sen embargo, si comentan que se ten información, aínda que non está recompilada, nin estruturada, nin moitos empresarios/as ou persoas traballadoras teñen acceso a ela.

É necesario ir un por un con cada un dos nanomateriais e as nanopartículas, e valoralas diferencias entre o tamaño nano e o tamaño micro. O tratamento podería ser como se fai cos gases, con cada nanomaterial e cada nanopartícula a súa ficha de seguridade, sen xeneralizar.

Consideran as persoas expertas que se trata dun traballo moi importante, de moito calado e que por tanto, a asunción da responsabilidade da investigación deberían asumilas as administracións públicas.

·       Limitar ao máximo a cantidade a utilizar.

·       Se fora posible a selección do estado de preferencia, mellor o medio líquido ou xel, que o po, para evitar a vía inhalatoria e os riscos da presenza de aerosois e nubes de po.

·       Deseñar procesos pechados; evitar no posible os traballos manuais (automatizar); illar o proceso mediante circuíto pechado ou locais pechados con extracción, e se fora necesario: illar á persoa traballadora do proceso e traballar por control remoto.

·       Traballar nas condicións de menor nivel de requirimento enerxético e que liberen o mínimo de nanomaterial: reducir os procesos abrasivos, traballar a baixas presións, empregar temperaturas baixas.

·       Dispor de sistemas de seguridade no proceso: válvulas de seguridade, bridas, liberadores de presión, ...

·       Equipamento protexido fronte ao po e estancos a vapores.

·       Acondicionamento das instalacións:

o   Eléctrica: antideflagrante, protexida fronte a estática, protexida fronte a vapores.

o   Contra incendios: sistemas de detección.

·         Dispor sistemas de almacenamento con peches herméticos.

v Fichas de Seguridade (FDS)

É unha obriga que as empresas dispoñan das FDS dos produtos que fabrican ou utilizan na súa actividade.

Tal e como se recolle a través das entrevistas non se dispón de moitas FDS en xeral. Das que existen, evolucionan ao longo dos anos, bailando as medidas preventivas propostas.

A modo de exemplo, recóllese a continuación da evolución da FDS do dióxido de Titanio: TiO2 desde o ano 2010:

TiO2 2010-A recomendación era de uso de Protección Respiratoria filtro P1.

Recomendación: O produto no necesita ser etiquetado da cordo coas directivas da Comunidade Europea ou as respectivas leis nacionais.

TiO2 2011-Non require o uso de Protección Respiratoria.

Subliña que pode ser nocivo por inhalación, inxestión ou é absorbido pola pel, e pode provocar a irritación dos ollos.

Indica canceríxeno tipo IIB.

TiO2 nano 2014

Protección das mans: Non necesaria.

Protección ocular e facial: Non necesaria.

Protección respiratoria non requirida. Filtro P1.

Indica canceríxeno tipo IIB.

TiO2 P90 2015

Indica o uso de filtro de partículas P2.

Se hai po, empregar gafas de rexa.

Unha vez excedidos os valores límite específicos no punto de traballo e/ou liberadas grandes cantidades, utilizar a protección respiratoria.

TiO2 2016

R20 Perigoso por inhalación.

R40 Evidencia limitada de efectos canceríxenos.

Irritante para ollos e pel.

Carcinóxeno e tumoríxeno en animais.

S22 Non respirar o po.

TiO2 (Sen ano)

Carcinóxeno segundo criterios do Rexistro de Efectos Tóxicos de Substancias Químicas (Registry of Toxic Effects of Chemical Substances (RTECS)) e do Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (International Agency for Research on Cancer (IARC)).

7.1.2. Medidas de control: protección colectiva

Entre as medidas aconselladas están as seguintes:

·         Dispor dun sistema de ventilación axeitado ao proceso:

o   Ventilación xeral.

o   Extracción localizada:

§  Sistemas de captación: campas que capten o po no punto de xeración do foco.

§  É a medida de maior implementación, por exemplo, nas empresas de I + D + i.

o   O deseño do sistema de extracción debe ter en conta:

§  A localización do punto de captación o mais cércano posible a fonte´.

§  A velocidade de captura, considerar un comportamento similar a un aerosol, un gas ou un vapor.

§  As tarefas de limpeza que precisará.

·         Usar sistemas de recollida con filtros de alta eficacia: HEPA, H14 ou ULPA.

·         Empregar condutos resistentes aos nanomateriais manipulados. Requiren especial atención as xuntas para a protección fronte as posibles fugas.

·         Empregar alfombras adherentes.

·         Realizar traballos de recollida de fugas ou derrames:

o   Para o po, vía húmida, empregar panos humedecidos.

o   Para os líquidos, absorbentes.

o   Non esquecer que o material recollido é un residuo.

7.1.3. Medidas organizativas

As medidas organizativas non deben aplicarse de forma illada, se non de maneira conxunta e paralelamente ao resto de medidas técnicas e de control da exposición laboral:

·         Limitar ao máximo o número de persoas expostas, restrinxindo o acceso ás zonas de traballo.

·         Sinalizar as áreas de risco, indicando a presenza de nanomateriais (o sinal é unha proposta do Instituto Nacional de Investigación e Seguridade de Francia, INRS, aínda non está tipificada).

·         Medición do nivel de presenza dos nanomateriais ou partículas no ambiente de traballo.




·         Formación e información das persoas traballadoras.

·         Vixilancia da Saúde dos traballadores

·         Orde e limpeza do lugar de traballo (uso de medios de succión e métodos húmidos), prohibido o uso de aire a presión, vasoiras, chorros de auga, ... que poden dispersar as nanopartículas.

o   Establecemento de medidas de mantemento e limpeza para a conservación das medidas anteriormente relacionadas.

·         Establecer procedementos de actuación en caso de fugas ou perdas.

·         Establecemento de pautas de hixiene para as persoas;

o   Está prohibida a limpeza da roupa de traballo no fogar por parte da persoa traballadora.

o   Está prohibido gardar comida ou bebida no lugar de traballo.

o   Está prohibido comer, beber ou fumar no lugar de traballo.

o   Está prohibido o uso de cosméticos.

o   Está prohibido o uso de lentes de contacto.

o   Evitar o contacto cos ollos, nariz e cara.

o   Lavar as mans cada vez que se saia da zona de traballo.

o   Limpeza da zona de traballo ao mínimo, Cambio da roupa de protección para o acceso a outras áreas de traballo ou descanso, oficinas, etc., coa idea de non contaminar outras áreas do centro.

o   Ao final da xornada, usar sistemas de aspiración con filtro de alta eficacia HEPA.

o   Posta a disposición das persoas traballadoras de duchas e vestiarios.

7.1.4. Equipos de protección individual

Como sempre, cando a protección das persoas coa adopción de medidas de protección colectiva non é suficiente, tamén debemos recorrer á protección individual.

Disporanse equipos de protección para as distintas partes do corpo:

·         Protección respiratoria: fronte á inhalación.

o   Básica: equipos filtrantes, clase 3.

§  P3, acoplados ás máscaras ou semimáscaras.

§  FFP3, autofiltrantes.

A protección respiratoria máis utilizada nos laboratorios de investigación ou empresas de I+ D+i é, por exemplo, a máscara autofiltrante FFP3, aínda que algúns expertos/as comentan que tamén se emprega a máscara de tipo FFP2.

De todos os xeitos, o maior problema está na industria, xa que o descoñecemento que existe de que se están manipulando nanomateriais, fai descoñecer o risco e polo tanto, que sexa menor o emprego deste EPI.




o   Maior protección: uso de máscaras completas.

§  Maior hermeticidade.

§  Protección ocular.

o   Se fora necesario, recorrer ao uso de equipos con presión positiva no interior da peza facial. Por exemplo, no caso de exposición a elevadas concentracións de nanomateriais.

·         Protección ocular.

o   Segundo o proceso, no caso de nanomateriais en po ou aerosois, débese usar a máscara completa que inclúe pantalla ocular e axustarse á cara.

o   En procesos con sólidos, sen po, empregaranse lentes de montura universal.

o   En proceso con líquidos, pantallas faciais.

o   As lentes máis utilizadas nos laboratorios e nas empresas de I+D+i, son as de montura universal.

·         Calzado de traballo.

o   Calzado pechado, sen cordóns ou fibelas, nin debuxos, superficies lisas, pero sola antiesvarante.

·         Luvas de protección.

o   A recomendación basease no uso de luvas de protección química e biolóxica, fronte a produtos químicos e microorganismos. É necesario ter en consideración a posibilidade de existencia de poros que permitan o paso de nanopartículas. De usar luvas desbotables, facer uso de dous pares ao mesmo tempo, pola baixa resistencia mecánica.

o   As luvas máis utilizadas nos laboratorios e nas empresas de I+D+i son as de nitrilo.

·         Roupa de protección.

o   A día de hoxe, sen roupa específica para o traballo con nanomateriais, a recomendación é o uso de roupa de protección química, estanca ao paso das substancias ao interior e desbotable. Se os nanomateriais están en po, a opción sería tipo 5, con capucha e cubre zapatos, axustada no pescozo, os puños e os nocellos, sen solapas nin petos. No caso de nanomateriais en disolución coloidal con posibilidade de salpicaduras, o traxe sería tipo 4, 5 ou 6.




o   O tipo de roupa máis utilizada nos laboratorios ou empresas de I+D+i é a bata de laboratorio.

7.2.       AVALIACIÓN E MEDICIÓN DA EXPOSICIÓN

Cando se utilizan nanomateriais e/u nanopartículas é necesario coñecer o nivel de presenza no ambiente de traballo. Para iso débense realizar medicións.

Non existe un consenso internacional nas técnicas de medida a empregar. A máis utilizada é NEAT (Nanoparticle Emission Assesment Technique), desenrolada polo NIOSH (Institute for Occupational Safety and Health de Estados Unidos). O proceso de medición segue os pasos seguintes:

a.     Caracterización do número de partículas na área de traballo, previo ao uso de materiais nanométricos, e identificar o nivel de presenza doutras partículas que se poidan localizar accidentalmente na sala.




b.    Recolección de partículas mediante bombas de mostraxe persoal.

c.     Monitorización en tempo real, medición “in Situ”.

d.    Análise mediante técnicas de análise microscópico e análise químico.

Neste caso, segundo os expertos/as consultados, existe dificultade para poder realizar estas medicións, xa que non se dispoñen dos medios suficientes e adecuados e non existen laboratorios específicos que midan nanomateriais na industria.

7.2.1. Medir a exposición a nanomateriais

As avaliacións teñen que centrarse nas persoas traballadoras, nos consumidores/as e no público en xeral. Hai que ter en conta que as persoas poden estar expostas por distintas vías, sendo a inhalación a vía  máis habitual en calquera dos casos.




Neste momento, os métodos máis fiables de avaliación son aqueles para detectar as partículas no aire, os mesmos que se usan para partículas ultrafinas, coas partículas producidas nos incendios ou polos motores diésel ou polas proxeccións dos volcáns; pero a exposición tamén pode ocorrer por contacto con líquidos ou sólidos.

Un primeiro problema para medir a exposición é a moi limitada información que subministra o fabricante. Tamén a información limitada sobre o uso do produto e o feito de que varios produtos poden conter nanopartículas similares.

7.2.2. Valores Límite de Exposición

Para comprender o que implican os valores medidos, hai que comparalos cos valores de referencia, os valores límite de exposición (VLE).

O problema no caso das nanopartículas e os nanomateriais é que aínda non hai valores profesionais acordados entre os distintos países. Por outra banda, o que hai, que son propostas, non existen para todos os nanomateriais e nanopartículas existentes. Sómente se dispón de propostas de valores de exposición profesional nos países punteiros: EE.UU., Xapón, Reino Unido e Alemaña. Ademais, é necesario coñecer que os valores das substancias difiren segundo o seu tamaño e non son aplicables os valores nas condicións normais á mesma substancia en forma nano.

Algunhas das propostas de valores límite de exposición profesional para os distintos nanomateriais:

NANOMATERIAL

PAIS

MASA

CONCENTRACIÓN

TiO2 partículas finas (fracción respirable)

EE.UU.

2,4 mg/m3

 

TiO2 partículas ultrafinas (fracción respirable)

EE.UU.

0,3 mg/m3

 

Nanotubos de carbono

Nanofibras de carbono

Ambos os dous fracción respirable

EE.UU.

1 µg/m3

 

TiO2

Xapón

0,6 mg/m3

 

Fullerenos (C60)

Xapón

0,39 mg/m3

 

Nanotubos de carbono

Xapón

0,39 mg/m3

 

Nanofibras

Reino Unido

0,01 fibras/ml

 

Nanomateriais clasificados canceríxenos, mutaxénicos, xeradores de asma e tóxicos para a reprodución (CMAR)

Reino Unido

0,1 x VLA do material padre

 

Nanomateriais insolubles

Reino Unido

0,066 x VLA do material padre

20.000 partículas/ml

Nanomateriais solubles

Reino Unido

0,5 x VLA do material padre

---

Nanomaterial granular con densidade > 6.000 kg m-3

Alemaña

---

20.000 partículas/cm3

Nanomaterial granular con densidade < 6.000 kg m-3

Alemaña

---

40.000 partículas/cm3

Nanomaterial granular

Alemaña

0,1 mg/m3

Establece unha concentración de nanopartículas distinta en función da súa densidade e o seu tamaño para 0,1 mg/m3

Nanofibras ríxidas, biopersistentes con efectos similares ao amianto, non están excluídas

Países Baixos

0,01 fibras/cm3

Exemplos: nanotubos de carbono de parede múltiple, nanotubos de carbono de parede simple, fibras de óxido de metais con efectos similares ao amianto non están excluídas

Nanomateriais granulados biopersistentes entre

1-100 nm e > 6.000 kg m-3

Países Baixos

---

20.000 partículas/cm3

Nanomateriais granulados biopersistentes entre

1-100 nm e < 6.000 kg m-3

Países Baixos

---

40.000 partículas/cm3

Nanomateriais granulados non biopersistentes entre

1-100 nm

Países Baixos

---

Valor Límite Ambiental aplicable


7.3.       VIXILANCIA DA SAÚDE: PROTOCOLOS DE CONTROL

A manipulación de nanomateriais é un risco que tamén debe ser valorado na medicina do traballo e polo tanto débense definir criterios que permitan avaliar dito risco. Non obstante, a falta de coñecementos existentes en relación á toxicoloxía e os efectos para a saúde dos nanomateriais sobre as persoas impiden unha adecuada vixilancia da saúde.

Non existe un consenso sobre o contido e as modalidades e exames específicos de seguimento médico a aplicar.

Sen embargo, seguindo o protocolo de precaución, poden aplicarse os seguintes  protocolos médicos específicos para a vixilancia da saúde nos postos de traballo con exposición a nanopartículas ou nanomateriais:

·       Axentes carcinóxenos. A consideración basease en estudos a nivel de laboratorio, pero as cantidades a nivel experimental poden deferir das condicións reais, moi difícil de reproducir.

o       Algúns nanomateriais foron clasificados como posiblemente carcinóxenos, pola Axencia Internacional para a Investigación sobre o Cancro (IARC), baseándose nos estudios con animais, e polo NIOSH como carcinóxeno ocupacional. É o caso do TiO2., canceríxeno de categoría 2B por inhalación, na súa forma en po (CLP-Regulamento de clasificación e etiquetado). Actualmente Francia teno prohibido. A presenza na industria alimentaria é como aditivo, colorante alimentario, E171. A Axencia de Seguridade Alimentaria Europea (EFSA) declara que “xa non pode considerarse seguro como aditivo alimentario”, entende que pode acumularse no organismo e non pode descartar a súa xenotoxicidade. Agora a Comisión Europea ten prevista a súa prohibición a partir de 2022.

o       Noutros casos, os nanotubos, as súas condicións similares as do amianto en tamaño micro, poden inducir reaccións sobre o mesotelioma ou o pulmón.

·       Metais e óxidos metálicos.

·       Afectación respiratoria.

·       Embarazo ou lactación, pola posibilidade de paso ao sangue e transmisión ao feto, polos fenómenos de translocación: os nanomateriais teñen a capacidade de cruzar barreiras biolóxicas coas que poden chegar, practicamente, a calquera parte do corpo, órgano e/ou tecido o que implica a posibilidade de afectación do feto ou a transmisión polo leite na lactación ou achegarse aos órganos reprodutores. 

·       Posibilidade de que se consideren as nanopartículas como disruptores endócrinos. Existen datos científicos que parecen demostrar que algúns tipos de nanopartículas teñen capacidade para actuar sobre o sistema endócrino, aínda que esta é unha información limitada.

A proposta de actuación en vixilancia da saúde feita polo NIOSH é:

·         Exame médico inicial e inicio da historia clínica.

·       Exames médicos periódicos con intervalos regulares, sumando o control biolóxico específico.

·       Exames frecuentes e detallados, en función da situación atopada, coa presenza de nanomateriais ou nanopartículas. Recoñecemento médico despois de cada incidente ou vertedura.

·       Formación das persoas traballadoras, para o recoñecemento de síntomas trala exposición.

·       Comunicación médica dos achados clínicos.

Os nanomateriais ou as nanopartículas non están incluídos na listaxe de enfermidades profesionais e a posibilidade de actuación pasaría por declarar a sospeita como afección broncopulmonar debida a fibras sintéticas.

As persoas expertas entrevistadas resaltan a necesidade de implicación do Servicio de Vixilancia da Saúde,  pero entenden que, en xeral, os Servicios de Prevención descoñecen sobre nanopartículas e nanomateriais; o que estaría directamente relacionado coa ausencia de información sobre os riscos dos materiais a nivel nano.

7.4.       RECOMENDACIÓNS PARA INTEGRAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO NA XESTIÓN DA PRL

A continuación recóllense unha serie de pautas recomendadas para axudar na integración da perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais:

·       Formación e concienciación en perspectiva de xénero de todos os actores implicados na seguridade e saúde laboral, tanto da dirección da empresa como das persoas traballadoras, persoal técnico de PRL, mutuas, formadores/as e lexisladores. Para axudar a implementar este cambio é fundamental unha maior concienciación en igualdade de xénero nas empresas do sector e todos os actores implicados.

Deben ser conscientes da situación, de xeito que sexan capaces de detectar que hai riscos que poden afectar de distinta maneira a un home e a unha muller e adaptar as políticas de empresa ás persoas.

·       Supresión de factores de desigualdade que fan máis vulnerable ao colectivo feminino fronte a certos riscos.

·       Deseño dos postos de traballo considerando os condicionantes da persoa que o desenvolve: xénero, estado fisiolóxico no que se atopa, a súa antropometría, coñecementos, e en xeral todo o que lle afecta.

·       Ferramentas e equipos de traballo, así como os equipos de protección individual (EPI) tendo en conta os condicionantes propios da persoa que os usará (home/muller).  Isto é fundamental para evitar riscos. En moitas empresas soe empregarse equipos con estándares xerais ou mixtos.

·       Análise e investigación dos accidentes e as enfermidades profesionais, considerando a perspectiva de xénero.

·       Vixilancia da saúde tendo en conta as diferenzas biolóxicas de homes e mulleres e as desigualdades sociais e as exposicións maioritarias nas mulleres ao risco. Presentar os resultados da vixilancia epidemiolóxica por sexo e analizar de forma completa e diferenciada.

Ademais, elaboración de protocolos nos que se contemple a idiosincrasia da muller e do home e o distinto prexuízo na saúde de ambos os dous sexos e realizar a investigación sobre as Enfermidades Profesionais, aumentando o listado delas e analizando as diferenzas segundo o sexo da persoa afectada.

Tamén é fundamental a preparación específica do persoal sanitario, para que poidan identificar as posibles diferenzas que podan xurdir respecto a situación das mulleres e homes.

·       Fomentar a participación das mulleres na seguridade e saúde laboral. Que  a muller participe nos órganos de representación e participación na toma de decisións relativas á PRL (delegados/as de PRL e comité de seguridade e saúde laboral de ser o caso). As mulleres deberían estar representadas e participar directamente nos procesos de consulta e participación en materia de PRL, co fin de coñecer os riscos específicos das traballadoras no seu posto de traballo.

·       Promover estudos, estatísticas e investigacións en materia de PRL con enfoque de xénero. É importante adoptar unha perspectiva de xénero nos estudos e investigacións en materia de PRL, para corroborar se existen ou non diferenzas de xénero que obriguen a realizar avaliacións de riscos diferenciadas.

A este respecto, terase en conta que á hora de definir nun futuro os valores límites de exposición (VLE) aos nanomateriais, así como para outros axentes ambientais, se teñan en conta VLE para ambos os dous xéneros.

·       Recompilar información dos distintos países para a adaptación das políticas e medidas que demostraron a súa efectividade.

Outras vías para a integración da perspectiva de xénero na PRL son as seguintes:

·       Convenio colectivo: é o marco específico para a regulación das relacións laborais, na empresa ou sector de actividade, a diferentes niveis, nacionais, autonómicos ou provinciais, e unha ferramenta adecuada para levar a cabo a materialización das directrices en igualdade entre mulleres e homes no posto de traballo.

Tamén é un reflexo da situación actual das mulleres con respecto aos homes, da igualdade de trato e da non discriminación por razón de sexo, emprego e condicións de traballo; das posibilidades de conciliación da vida laboral, familiar e persoal; das variables de maternidade e prevención de riscos no embarazo e na lactación. Sen embargo, é necesario sinalar que aínda hoxe en día non todos os acordos teñen en conta todas as variantes relacionadas nos seus artigos.

A Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes dota de obrigatoriedade (configurado como un “deber de negociar”) a inclusión das medidas de igualdade na negociación colectiva, “de acordo cos representantes legais das persoas traballadoras na forma que se determina na lexislación laboral”. Nesta negociación deben incluírse medidas dirixidas ás condicións de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, ordenación do tempo de traballo para favorecer a conciliación persoal, laboral e familiar, a prevención do acoso sexual ou a utilización de linguaxe inclusiva.

·       Plan de Igualdade: conxunto de medidas na busca da igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes nas empresas, coa finalidade de eliminar a discriminación por razón de sexo.

Os plans definen os obxectivos de igualdade a acadar, as estratexias da empresa e as prácticas a adoptar para conseguilos e doutra banda, establece sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.

Este instrumento é unha obriga para as empresas que reúnen os requisitos estipulados na Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva  de mulleres e homes e polo Real Decreto-Lei 6/2019, de 1 de marzo, de Medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación:

o      Empresas con cen ou máis empregados/as teñen que dispor xa do seu propio plan e as empresas de 50 a 100 persoas no persoal terán que telo a partir do 7 de marzo de 2022.

o      As empresas, calquera que sexa o seu tamaño, tamén deben elaborar o Plan de Igualdade cando o estableza o convenio colectivo ou cando o requiran as autoridades.

o      Ademais, se as empresas contratan coas administracións teñen que considerar que nas licitacións adoitan establecerse cláusulas nas que prevalecen as empresas que teñen plans de igualdade ou xa directamente están obrigadas a elaboralos.

Forma parte da documentación a compilar para a elaboración do Plan de Igualdade na empresa o Plan de Prevención, considerando a perspectiva de xénero e dentro da avaliación de riscos, aquelas situacións que poidan afectar á pre-concepción, embarazo e/ou lactación e as propostas de medidas preventivas; ademais da lista de postos que poderían estar libres destes riscos, con vistas á súa posible asignación en caso de presentarse a situación.



8.    CONCLUSIÓNS

A nanotecnoloxía, como ciencia que permite obter materiais dun tamaño equiparable a unha milmillonésima parte do metro mediante un cambio das súas propiedades fisicoquímicas, ten unha extraordinaria proxección, que fai que poida  considerar a nova revolución industrial. Hai multitude de nanomateriais e nanopartículas, con propiedades moi particulares, inesperadas en moitos casos, o que abre unha ampla gama de posibilidades e usos.

Na industria alimentaria as aplicacións que ofrece son moi interesantes, tanto na fabricación de envases que permitan prolongar a vida útil dos alimentos, como na obtención de novos ingredientes con diferentes propiedades, ou como aditivos ou complementos alimentarios. A nanotecnoloxía pode axudar na mellora das características organolépticas dos alimentos ou a biodisponibilidade de nutrientes esenciais, por exemplo.

Está en pleno desenvolvemento e espérase moito dela pero hai que ter en conta que os avances nesta ciencia ou tecnoloxía van moi rápido, o que produce un pouco de vertixe debido ao descoñecemento que existe en relación aos efectos que pode producir sobre o organismo humano ou o medio ambiente, máis alá dos beneficios, que son evidentes.

No caso da saúde humana, descoñécese a transferencia que poderían producir as nanopartículas do recipiente ou envase aos alimentos e a toxicidade que poden ter os nanomateriais ou as nanopartículas aplicadas nos alimentos. Isto leva a unha visión tamén moi descoñecida sobre os riscos laborais que poden xerar os nanomateriais ou as nanopartículas; para os traballadores e traballadoras que os manipulan, sobre todo tendo en conta que son moitas as empresas e persoas traballadoras do sector que descoñecen que están manipulando nanomateriais.

Hai entidades, como a Organización de Consumidores e Usuarios da Unión Europea (BEUC), que denuncian a falta de información sobre a seguridade destes materiais e loitan pola exixencia de etiquetados que indiquen a presenza das nanopartículas e a prohibición das nocivas para a saúde das persoas ou do medio ambiente. Outras entidades, como a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), están a traballar para avaliar dita seguridade.

Abordar o problema destes riscos desde a prevención de riscos laborais non é tarefa fácil, pois non se teñen datos epidemiolóxicos, non hai moito coñecemento sobre os efectos negativos que produce a manipulación destes materiais sobre a seguridade e a saúde das persoas traballadoras (os estudos que existen son principalmente en animais) e non se dispón dun marco lexislativo específico para o seu regulamento.

A información dispoñible dos efectos dos nanomateriais sobre a saúde das persoas é aínda moi limitada, a maioría dos estudos céntranse en animais, pero os seus resultados no son concluíntes. Tamén é pouco accesible para as empresas.

Sen embargo, tendo en conta que se algunhas das partículas ou fibras de escala non nanométrica poden implicar riscos para a saúde e seguridade das persoas, os nanomateriais do mesmo material a escala nano poden ser igual ou máis prexudiciais que estes, pois o seu  tamaño, superficie, composición química, forma ou carga inflúen sobre as súas propiedades físico-químicas e suporase que terán un comportamento similar que no caso doutros axentes químicos.

Deste modo, os riscos derivados deste materiais, considerando súa natureza ou o proceso de obtención e/ou traballo son os seguintes:

·       Riscos de toxicidade: os efectos toxicolóxicos dos nanomateriais no organismo dependen dunha serie de factores, como son as vías de entrada no organismo (a vía respiratoria é a principal, pero tamén pode ser por vía dérmica ou dixestiva) e o nivel de exposición, os factores relacionados coa persoa traballadora e a toxicidade intrínseca do nanomaterial. En calquera caso, tense en conta que o pequeno tamaño pode facer que as partículas cheguen ao sangue e desde este a practicamente calquera órgano do corpo.

·         Lume e explosión, especialmente importantes porque inclúen materiais en po.

·         Asfixia, debido ao uso de gases que poden desprazar o oxíxeno.

·         Electrocución, por exemplo, debido á posibilidade de presenza no proceso plasmático.

Ademais disto, hai que ter en conta que na exposición a este riscos hai que considerar a perspectiva de xénero, pois homes e mulleres teñen diferenzas bioquímicas, fisiolóxicas e anatómicas que non se valoran, podendo desempeñar un papel determinante en como son absorbidas estas partículas no corpo e os seus efectos. A isto hai que engadirlle outras desigualdades de xénero que fan que as mulleres sexan máis vulnerables a determinados riscos.

O enfoque de perspectiva de xénero non revela moita información en materia de seguridade e saúde laboral, xa que non hai datos sobre o impacto sobre mulleres ou homes de forma individualizada, o que se sabe esténdese para ambos os dous sexos. Sen embargo, é necesario considerar que o pequeno tamaño da partícula, que fai que poda chegar aos diferentes órganos e tecidos a través do sangue, pode implicar posibles danos a nivel reprodutivo e na situación particular do embarazo e da lactación, podendo chegar ao feto ou ao neno/a lactante. Pero, de novo, non hai un marco normativo específico.

Aínda que existen numerosas incertezas sobre os riscos laborais asociados aos nanomateriais, e na situación particular das mulleres, debe seguirse o principio de precaución, que implica adoptar medidas preventivas coma se o problema fose certo, pendentes de posibles resultados futuros da investigación, que se espera que non se demoren.

Deste xeito, propóñense neste estudo implementar na empresa medidas preventivas a diferentes niveis:

·         Medidas técnicas.

·         Medidas de control: protección colectiva.

·         Medidas de tipo organizativo.

·         Equipos de protección individual.

Outro punto a destacar é a necesidade de avaliar e medir a exposición a nanomateriais no lugar de traballo e polo tanto de investigar para establecer os valores límite de exposición. Na actualidade soamente hai propostas dalgúns países para algúns materiais. Sinalar que non hai equipos de medida deseñados especificamente para nanopartículas ou nanomateriais.

Unha das preocupacións que tamén hai que corrixir canto antes é a esixencia de contar coas Fichas de Seguridade dos diferentes nanomateriais ou nanopartículas manipulados, para que as empresas e persoas traballadoras poidan saber con que traballan e como facelo do xeito máis seguro posible.

Para axudar na integración da perspectiva de xénero na PRL existen varias vías:

·       Formación e concienciación de todos os actores implicados na seguridade e saúde laboral, supresión de factores de desigualdade, deseño de postos de traballo e selección de equipos e EPI considerando os condicionantes da persoa (muller/home), vixilancia da saúde tendo en conta o factor xénero, etc.

·       Negociación colectiva: pode xerar un marco regulador que impoña medidas xenéricas que aseguren que determinados aspectos non queden á discrecionalidade ou vontade da empresa.

·       Plan de Igualdade: importante instrumento para axudar a paliar os factores de risco relacionados coa desigualdade de xénero.

Ademais, é fundamental que os estudos, estatísticas e investigacións sexan segmentados en función da variable sexo, para avanzar no coñecemento dos riscos diferenciais.



9.    BIBLIOGRAFÍA

ý        Adrián, G.; Arias, A. M.; Sgroppo, S. C. Nanotecnología y su aplicación en alimentos. Dispoñible en:

http://www.scielo.org.mx/scielo.php?pid=S2448-56912019000200302&script=sci_arttext

ý        Almengor, L. Nanotecnología en la industria alimentaria. Facultad de Ingeniería. Universidad Rafael Landivar. Dispoñible en:

https://docplayer.es/11144721-Nanotecnologia-en-la-industria-alimentaria.html

ý        Argote, J. I. Nanomateriales: Riesgos para su salud y recomendaciones en el manejo de nanopartículas en entornos laborales. Canales sectoriales. Protección Laboral. Dispoñible en:

https://www.interempresas.net/Proteccion-laboral/Articulos/250630-Nanomateriales-riesgos-salud-recomendaciones-manejo-nanoparticulas-entornos-laborales.html

ý        Agurtzane, M.; Marcos, L. M. Potencial Exposición a Nanomateriales en entidades de I + D + i. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/599872/Potencial+exposici%C3%B3n+a+nanomateriales+en+entidades+de+I%2BD%2Bi+-+A%C3%B1o+2019.pdf/35a41c98-dadb-48ea-809a-0beaa9b34430

ý        Batista, G. Aplicaciones biomédicas de nanopartículas con estructura core-shell. Facultad de Farmacia. Universidad de Sevilla. Dispoñible en:

https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/91948/BAUTISTA%20MONCADA%2C%20GEMA.pdf?sequence=1&isAllowed=y

ý        Bermejo, M. Protocolo médico de vigilancia sanitaria específico en trabajadores expuestos a nanomateriales. Aplicación actual. CSIC. Dispoñible en:

http://www.semanadelaciencia2013.csic.es/web/dlgma-delegacion-del-csic-en-madrid/eventos/-/contenido/a216c0c8-a624-460e-b82e-7e9feb1c8117

ý        Buenas prácticas para el manejo y uso seguro de nanopartículas en industrias del envase y embalaje. Mini-Guía. Nano Safe Pack.

ý        Campillo, B. E.; Zuleta, G. L. Bioética y nanotecnología. Dispoñible en:

http://www.scielo.org.co/pdf/rlsi/v11n1/v11n1a08.pdf

ý        Catalogue of Nano Companies in Spain 2017. Fundacion Phantoms. Dispoñible en:

https://www.nanospain.org/docs.php?p=d

ý        Científicas en cifras 2021. Unidad de Mujeres y Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación. Dispoñible en:

https://www.ciencia.gob.es/dam/jcr:97d627fb-af77-47c9-9e80-3c1c2b3d52e0/CientificasenCifras2021_ResumenEjecutivo.pdf

ý        ¿Cómo los nanomateriales afectan a la Nanoseguridad Laboral?. TIPs básicos para cualquier técnico de prevención. Fraternidad. Muprespa. Dispoñible en:

https://www.fraternidad.com/sites/default/files/inline-files/003%20ART%C3%8DCULO%20Nanoseguridad-Nanomateriales.pdf

ý        Condiciones de trabajo según género en España. INSST. 2015. Dispoñible en:
https://www.insst.es/documents/94886/538970/Condiciones+de+trabajo+seg%C3%BAn+g%C3%A9nero+en+Espa%C3%B1a+2015.pdf/40cb9579-e162-41dd-a798-c372b236a199

ý        Cuaderno Preventivo: La nanotecnología, un riesgo emergente. Secretaría de Política sindical de UGT de Catalunya-Salud Laboral. Dispoñible en:

http://www.ugt.cat/download/salut_laboral/higiene_industrial/nanotecnologia_2018_web.pdf

ý        De la Cruz, E. Exposición laboral a nanomateriales: Evaluación de la exposición y valores límite. ITENE. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/214929/Exposicion+laboral+.+Evaluacion+y+valores+l%C3%ADmite.pdf/9fde0fda-ce63-4cf6-8c3d-b938820c3749

ý        De Ariño, A. Nanotecnología y seguridad alimentaria.

ý        Directrices para la evaluación de riesgos y protección de la maternidad en el trabajo. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/96076/Directrices+para+la+evaluaci%C3%B3n+de+riesgos+y+protecci%C3%B3n+de+la+maternidad+en+el+trabajo/7caad3b7-f51a-423f-a723-fee50c8e16c7

ý        Domene, M. Nanotecnología: Luces y Sombras. Dispoñible en:

http://archivosseguridadlaboral-manueldomene.blogspot.com/2012/01/nanotecnologia-luces-y-sombras.html

ý        Fito López, C. Iniciativas para el estudio de los riesgos de la nanotecnología: LIFE + REACHNano-LIFE + NanoRISK y proyectos singulares. ITENE.

ý        Galera, A. El impacto de la nanotecnología sobre la Seguridad y Salud laboral. Centre Escific de Recerca per a la Millora e Innovació de les Empreses. Universitat Politècnica de Catalunya. ORP Journal. Dispoñible en:

https://www.orpjournal.com/index.php/ORPjournal/article/view/16

ý        Guía de buenas prácticas. Gestión de la PRL en trabajos con nanomateriales. Dispoñible en:

https://prevencion.activamutua.es

ý        Guía de Prevención de Riesgos Laborales. Nanomateriales. ADEGI. Dispoñible en:

https://www.adegi.es/download.php?arc=85y78rvgf8/Relaciones%20Laborales/Prevenci%C3%B3n/ADEGI_Nanomateriales_BAJA(1).pdf

ý        Guía para la prevención de riesgos laborales con enfoque de género. Ibermutuamur. Junta de Castilla y León. Dispoñible en:

https://trabajoyprevencion.jcyl.es/web/jcyl/TrabajoYPrevencion/es/Plantilla100Detalle/1284382939361/_/1267295847775/Redaccion

ý        Hoyas, E. M. Equipos de Protección Individual frente a nanomateriales. CNMP (Sevilla). INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/676214/Equipos+de+protecci%C3%B3n+individual+frente+a+nanomateriales.+D%C2%AA.+Eva+Mar%C3%ADa+Hoyas+Pablos.pdf/cefaa847-98cd-4b40-9a0b-71044ad8c88e

ý        Igualdad de género y nuevas tecnologías. Nanotecnologías. AWID. Asociación para los Derechos de la Mujer y el Desarrollo. Dispoñible en:

https://www.awid.org/sites/default/files/atoms/files/nanotecnolgia.pdf

ý        La evaluación de impacto en función del género en el ámbito de la industria. Emakunde-Instituto Vasco de la Mujer. 2014. Dispoñible en:

https://www.emakunde.euskadi.eus/contenidos/informacion/politicas_evaluaciones_2/es_def/adjuntos/materiales.sectoriales.industria.pdf

ý        La perspectiva de género en la Prevención de Riesgos Laborales. Osalan. 2010. Dispoñible en:

https://www.osalan.euskadi.eus/contenidos/informacion/info2011_perspectivagenero/es_informe/adjuntos/Perspectiva_Genero_InfOsalan.pdf

ý        La nanotoxicología y la evaluación del riesgo de las nanopartículas artificiales. Seguridad y Medio ambiente. Fundación Mapfre. Dispoñible en:

https://app.mapfre.com/fundacion/html/revistas/seguridad/n114/articulo1.html

ý        La PRL en la exposición de los trabajadores a las nanotecnologías. Junta de Castilla y León. UGT. Dispoñible en:

http://www.saludlaboral.ugtcyl.es/archivos/otras-publicaciones/prl-nanotecnologias.pdf

ý        Latorre, G. Nanopartículas como transportadores de fármacos a través de la piel. Facultad de Farmacia. Universidad de Sevilla. Dispoñible en:

https://idus.us.es/bitstream/handle/11441/91572/LATORRE%20CORDERO,%20GEMA.pdf?sequence=1&isAllowed=y

ý        Lizcano, J. Proyecciones económicas y sociales de la nanociencia y la nanotecnología. Universidad Autónoma de Madrid. Revista Encuentros Multidisciplinares. Dispoñible en:

https://repositorio.uam.es/bitstream/handle/10486/680433/EM_12_6.pdf?sequence=1&isAllowed=y

ý        Lobera, M. P.; Villalta, A.; Balas, F. Guía Técnica para la caracterización de la exposición laboral a nanomateriales. Fundación Prevent. Ciber-bbn. Instituto Universitario de Investigación en Nanociencia de Aragón. Universidad de Zaragoza. Dispoñible en:

http://fundacionprevent.com/files/document/guia-practica-para-la-caracterizacion-de-la-exposicion-laboral-a-nanomateriales-y-la-seleccion-de-medidas-preventivas-para.pdf

ý        Medidas preventivas y de control para nanopartículas y nanomateriais. ISTAS-CCOO. Dispoñible en:

http://istas.net/descargas/Medidas%20preventivas%20y%20de%20control%20para%20nanoparticulas%20y%20nanomateriales.pdf

ý        Mejías, Y.; Cabrera, N.; et al. La nanotecnología y sus posibilidades de aplicación en el campo científico-tecnológico. Dispoñible en:

http://scielo.sld.cu/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0864-34662009000300006

ý        Nano. Nanotecnología en España. Sistema Madrid. Comunidad de Madrid.

ý        Nanociencia y Nanotecnología en España. Un análisis de la situación presente y de la perspectiva de futuro. Red Española de Nanotecnología. Phantoms Foundation. Ministerio de Educación y Ciencia. Dispoñible en:

https://www.phantomsnet.net/Resources/files/NANOCIENCIA_NANOTECNOLOGIAalta.pdf

ý        Nanomateriales: ¿Qué son los nanomateriales?. Dispoñible en:

https://www.phi4tech.com/es

ý        Nanomateriales. Dispoñible en:

https://ec.europa.eu/health/scientific_committees

ý        Nanotecnología en la industria alimentaria. Info Alimenta.

ý        Nanotecnología en la industria alimentaria I: Aplicaciones. Revista Complutense de Ciencias Veterinarias 2016. Dispoñible en:

https://revistas.ucm.es/index.php/RCCV/article/view/53544

ý        Nanotecnología: Una pequeña solución a los grandes problemas. Dispoñible en:

https://www.iberdrola.com

ý        Notas Técnicas de Prevención. Coleccións. INSST. Dispoñible en:

www.insst.es

ü  NTP 797: Riesgos asociados a la nanotecnología.

ü  NTP 877: Evaluación del riesgo por exposición a nanopartículas mediante el uso de metodologías simplificadas.

ý        Oportunidades para la nanotecnología en los alimentos y piensos. EUFIC. Dispoñible en:

https://www.eufic.org/es/produccion-de-alimentos/articulo/opportunities-for-nanotechnology-in-food-and-feed/

ý        Rojo, J.M.; Zugasti, A.; Uribe, M.C.; Jiménez, R.; Cohen, E.; Gálvez, V.; Colorado, M. Seguridad y Salud en el trabajo con nanomateriales. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/514312/poster+sst+nanomateriales.pdf/443eb879-268b-4263-83ae-1db72ca11ce9?t=1605801005033

ý        Sánchez, R. Implicación e influencia de las nanotecnologías y los nanomateriales en Prevención de Riesgos Laborales. Consejería de Economía y Empleo. Dirección General de Trabajo y Prevención de Riesgos Laborales. Junta de Castilla y León. Dispoñible en:

http://trabajoyprevencion.jcyl.es/web/jcyl/TrabajoYPrevencion/es/Plantilla100Detalle/1255643695660/Publicacion/1284270802397/Redaccion

ý        Seguridad y Prevención Laboral en Nanotecnología. Educación Secundaria Argentina. Studocu.com

ý        Seguridad y Salud en el trabajo con nanomateriales. INSST. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documents/94886/96076/sst+nanomateriales/bd21b71f-d5ec-4ee8-8129-a4fa58480968

ý        Serena, P. A. El nanomundo en nuestras manos. Resolver grandes problemas del hombre y el ambiente manteniendo el principio de cautela. CSIC. Dispoñible en:

http://sitios.csic.es/web/dlgma-delegacion-del-csic-en-madrid/inicio/-/contenido/a216c0c8-a624-460e-b82e-7e9feb1c8117

ý        Sierra, A. J. Potencial exposición a nanomateriales en entidades de I+D+i. Lurederra. Dispoñible en:

https://www.insst.es/documentacion/catalogo-de-publicaciones/potencial-exposicion-a-nanomateriales-en-entidades-de-i-d-i-ano-2019

ý        ¿Son los nanomateriales un riesgo para mi salud y seguridad en el trabajo? Una guía para la información y sensibilización para trabajadoras y trabajadores de pequeñas empresas. ISTAS-CCOO.

ý        Torres, E.; Roland, F. Principio de precaución y nanotecnociencias. Dispoñible en:

https://www.scielo.br/j/bioet/a/MjRZ9RJz9y4QXg7xXbfQ5QK/?format=pdf&lang=es

ý        Veiga-Álvarez, A.; Sánchez, D.; Martínez-Negro, M.; et al. Riesgos para la salud y recomendaciones en el manejo de nanopartículas en los entornos laborales. Dispoñible en:

https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0465-546X2015000200002

ý        Villanueva-Felez, A.; Woolley, R.; Cañibano-Sánchez, C. Un análisis de género de las estrategias de colaboración de los científicos españoles en nanotecnología. Ingenio (CSIC-UPV) Universidad Politécnica de Valencia. Dispoñible en:

https://www.ingenio.upv.es/es/investigacion/conferencias/un-analisis-de-genero-de-las-estrategias-de-colaboracion-de-los

ý        Veiga-Álvarez, A.; Sánchez, D.; Martínez-Negro, M.; et al. ¿Qué es la nanotecnología?. Dispoñible en:

https://www.chemicalsafetyfacts.org/es/nanotecnologia

 



[1] https://revistas.ucm.es/index.php/RCCV/article/view/53544

[2] https://www.nanospain.org/docs.php?p=d

[3] Clúster: Conxunto de átomos ou moléculas, cun tamaño intermedio entre unha molécula e un sólido masivo. Teñen enlaces metal-metal.

[4] Baseados na chamada biomimesis, aplicación de esquemas de funcionamento propios da natureza e dos seres vivos a ferramentas creadas polo home.

[5] Aglomerado: Conxunto de partículas, debilmente ligadas, nos que a extensión da superficie externa resultante é similar a suma das extensións das superficies dos distintos compoñentes.

[6] Agregado: Unha partícula composta de partículas fortemente ligadas ou fusionadas.

[8] Hipospadias: defecto de nacemento en varóns, nos que a abertura á uretra (o tubo polo que pasa a urina da vexiga para saír do corpo), non está na punta do pene.

[9] Citotóxicos: axentes ou substancias que danan ou matan as células dos tecidos.

[10] Ovoxénese: proceso de formación de gametos femininos, células sexuais femininas e óvulos.

[11] Espermatoxénese: proceso de formación dos espermatozoides ou gametos masculinos .