Ir al contenido

Monforte de Lemos acolleu hoxe o Foro Vivenda Ribeira Sacra para avanzar cara a un pacto territorial pola vivenda

A xornada, organizada pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next xunto coa CEL e a CEO, reuniu administracións, profesionais, expertos, empresas e representantes políticos para abordar un dos principais retos de futuro da comarca

O Parador de Turismo de Monforte de Lemos acolleu hoxe, venres 19 de xuño, o Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026, unha xornada de análise, debate e proposta arredor dun dos grandes desafíos que afronta o territorio: o acceso á vivenda e o seu papel como elemento clave para a fixación de poboación, a atracción de talento, o desenvolvemento económico e o equilibrio territorial.

O encontro estivo organizado pola Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next, xunto coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), e reuniu representantes institucionais, profesionais do urbanismo e da arquitectura, expertos en políticas de vivenda, entidades financeiras, emprendedores, organizacións empresariais e representantes das administracións públicas.

A iniciativa nace da preocupación existente na comarca pola falta de vivenda dispoñible, as dificultades de acceso para mozos, familias, novos residentes e traballadores, a necesidade de rehabilitar o parque inmobiliario existente e a importancia de mobilizar vivendas baleiras para poñelas ao servizo do desenvolvemento do territorio.

Desde Ribeira Sacra Next considérase que a vivenda debe abordarse como unha cuestión estratéxica e transversal. A falta de inmobles dispoñibles non só afecta á poboación residente, senón tamén á capacidade das empresas para atraer e fixar talento, á chegada de novos proxectos e á consolidación dun modelo de desenvolvemento sostible para a Ribeira Sacra.

Unha xornada para construír solucións compartidas

O foro desenvolveuse ao longo de toda a xornada, en horario de 9:30 a 19:30 horas, e estruturouse arredor de diferentes mesas de traballo nas que se analizaron os principais retos e oportunidades vinculados á vivenda no medio rural.

A programación comezou coa benvida oficial e coa presentación da xornada a cargo de representantes da CEL, da CEO e da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next.

A primeira mesa, dedicada ao diagnóstico, abordou a situación actual da vivenda na Ribeira Sacra e no medio rural galego, poñendo o foco nas principais dificultades existentes e nas oportunidades que poden abrirse para o territorio.

A segunda mesa centrouse nos instrumentos e ferramentas dispoñibles para facilitar o acceso á vivenda, impulsar a rehabilitación, mobilizar inmobles baleiros e favorecer a chegada de novos residentes e traballadores.

A continuación, a mesa sobre gobernanza analizou a necesidade de coordinación entre administracións, entidades profesionais, axentes económicos e sociedade civil para deseñar políticas eficaces, avaliar resultados e avanzar cara a solucións compartidas.

Xa pola tarde, representantes das principais formacións políticas con presenza no Parlamento de Galicia participaron nunha mesa dedicada á acción pública en materia de vivenda, na que expuxeron as súas propostas e visións sobre este reto.

A última mesa da xornada estivo centrada en explorar un pacto pola vivenda na Ribeira Sacra, co obxectivo de sentar as bases dun espazo estable de colaboración que permita dar continuidade ao traballo iniciado neste foro.

A vivenda como prioridade para o futuro da Ribeira Sacra

O Foro Vivenda Ribeira Sacra 2026 quere converterse nun punto de partida para abrir un proceso de reflexión e acción arredor da vivenda, entendido como un factor decisivo para o futuro demográfico, económico e social da comarca.

Entre os temas que se abordaron destacan a planificación territorial, a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, a mobilización de vivendas baleiras, as necesidades do tecido empresarial, o acceso á vivenda para novos residentes e traballadores, e as oportunidades que poden contribuír a garantir un desenvolvemento sostible e equilibrado da Ribeira Sacra.

A xornada contou coa colaboración de diferentes entidades públicas e privadas comprometidas co territorio, entre elas a Xunta de Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Lugo e Ourense, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e medios de comunicación como La Región e El Progreso.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.