A Confederación Empresarial de Ourense retoma en setembro a actividade de sensibilización en prevención de riscos laborais cun formato diferente: un monólogo divulgativo para falar de seguridade e saúde no traballo de maneira próxima e memorable.
A sesión, financiada pola Xunta de Galicia é de acceso gratuíto.
En qué consiste?
Monólogo de Carlos Tresandí: tratará sobre a seguridade e a saúde no traballo, utilizando diferentes argumentos e situacións para sensibilizar sobre as imprudencias que se cometen nunha empresa no traballo diario.
Análise técnica con Isabel Vázquez: despois do monólogo, avaliaranse os casos expostos e propoñeranse medidas preventivas concretas para aplicar no posto de traballo.
Datos da xornada
Data: xoves, 25 de setembro de 2025
Horario: 17:00–19:00 h
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1 – Ourense)
Obxectivos
Sensibilizar sobre os riscos máis frecuentes no contorno laboral.
Reforzar boas prácticas de seguridade e saúde a través de exemplos claros.
Achegar recomendacións útiles e aplicables de inmediato no posto.
Inscripción
Para participar, envía un correo a prevencion@ceo.es
Chama ao 988 39 11 10.
Ou inscríbete facendo click no seguinte botón: