Ir al contenido

ReActiva Ourense 2025

Busca de Emprego e Emprendemento

ReActiva Ourense 2025 – Emprendemento

Presentamos o «Plan ReActiva Ourense Emprendemento». Trátase dun programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.

O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar un asesoramento práctico e individualizado que posibilite proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado, desenvolver o Plan de Negocio/Mellora e establecer unha estratexia dixital e coñecer a súa verdadeira situación para poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Modelo de Negocio Canvas que disporá cada participante á finalización do mesmo.

Con este obxectivo, se desenvolve este programa dirixido ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que queiran consolidar o seu negocio, que posibilitará coñecer a verdadeira situación do proxecto e poder actuar en consecuencia sobre a base dunha análise de viabilidade económica do mesmo.

Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

A continuación indícanse as datas e horarios:

Pode ampliar a información dos contidos na seguinte ligazón do programa:  

participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición no seguinte botón:

Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es

ReActiva Ourense 2025 – Busca Emprego

Presentamos o “Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.

Levaranse a cabo un total de catro programas, o primeiro deles, do 27 de maio ao 3 de xuño. A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.

participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude.

Pode realizar a súa inscrición no seguinte boton:

Pode ampliar a información dos contidos na seguinte ligazón do programa:  

A continuación indícanse as datas e horarios dos catro programas que se levarán a cabo:

Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.