ReActiva Ourense 2026
Busca de Emprego e Emprendemento

ReActiva Ourense 2026 – Emprendemento
Presentamos o «Plan ReActiva Ourense Emprendemento». Trátase dun programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar un asesoramento práctico e individualizado que posibilite proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado, desenvolver o Plan de Negocio/Mellora e establecer unha estratexia dixital e coñecer a súa verdadeira situación para poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Modelo de Negocio Canvas que disporá cada participante á finalización do mesmo.
Con este obxectivo, se desenvolve este programa dirixido ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que queiran consolidar o seu negocio, que posibilitará coñecer a verdadeira situación do proxecto e poder actuar en consecuencia sobre a base dunha análise de viabilidade económica do mesmo.
A continuación indícanse as datas e horarios:
Pode ampliar a información dos contidos na seguinte ligazón do programa:
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición no seguinte botón:
Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es

ReActiva Ourense 2026 – Busca Emprego
Presentamos o “Plan ReActiva Ourense Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A continuación indícanse as datas e horarios dos catro programas que se levarán a cabo:
Pode ampliar a información dos contidos na seguinte ligazón do programa:
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición no seguinte botón:
Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es