Esta mañá, o presidente da Confederación Empresarial de Ourense, César Blanco, xunto con parte do equipo de goberno da entidade, mantivo un encontro con Executivas de Galicia co obxectivo de abrir novas vías de colaboración, compartir visións e avanzar na creación de sinerxías entre ambas organizacións.
Executivas de Galicia é unha asociación de mulleres directivas e empresarias con forte presenza en Ourense, comprometida coa promoción do liderado feminino, a corresponsabilidade e o networking profesional.
Desde a CEO valoramos moi positivamente este tipo de encontros, que permiten sumar esforzos, fortalecer o tecido empresarial e avanzar cara a un modelo máis diverso, colaborativo e sostible. Seguimos traballando xuntos para xerar oportunidades, talento e futuro para Ourense.
Durante a reunión estivo moi presente o accidente ferroviario ocorrido en Adamuz (Córdoba). Dende a CEO queremos trasladar toda a nosa solidariedade e apoio ás persoas afectadas e ás súas familias nestes momentos.