Hoxe, na Confederación Empresarial de Ourense, tivo lugar a presentación do novo Director Territorial de ABANCA en Ourense, José María Jardón Cancio, coa presenza de César Blanco, presidente da CEO, e o equipo de goberno da entidade.
Durante o encontro púxose en valor a boa relación existente entre ABANCA e o tecido empresarial ourensán, unha colaboración que se vén consolidando ao longo do tempo e que resulta clave para apoiar o crecemento das empresas da provincia. Así mesmo, destacouse a aposta de ABANCA pola súa expansión en Ourense, reforzando a súa presenza no territorio e o seu compromiso co desenvolvemento económico e empresarial.
Durante a reunión estivo moi presente o accidente ferroviario ocorrido en Adamuz (Córdoba). Dende a CEO trasladamos toda a nosa solidariedade e apoio ás persoas afectadas e ás súas familias nestes momentos tan difíciles.