Desde a Confederación Empresarial de #Ourense continuamos coa seguinte quenda ReActiva Ourense – Busca de #Emprego, un programa de empregabilidade e acompañamento activo dirixido a persoas que queren mellorar a súa procura #laboral e reforzar a súa marca persoal.
A través deste programa, as persoas participantes traballarán aspectos clave como o diagnóstico persoal, a identificación de áreas de mellora, a creación do seu proxecto profesional, a redacción dun bo currículo e a preparación de entrevistas de traballo.
📌 O programa inclúe:
✅ 15 horas de formación conxunta online
✅ 1 hora de mentoring individual por participante
✅ 2 horas de sesión presencial de #networking e Demoday
✅ Acompañamento práctico para presentar mellor a túa marca persoal
Prazas limitadas que se outorgarán por orde de inscrición.
Unha oportunidade para mellorar ferramentas, gañar confianza e afrontar a busca de emprego cunha estratexia máis clara e efectiva.
📲 Máis información e inscricións:
www.ceo.es/reactivaourense
📞 988 391 110
📩 reactivaourense@ceo.es
Aberto o prazo de inscrición para a nova quenda de ReActiva Ourense – Busca de Emprego
Contacta con la CEO
Estamos a tu disposición de lunes a viernes