Ir al contenido

CEO e Xunta destacan a importancia do proceso de xustificación para garantir o cobramento das axudas públicas

San Cibrao das Viñas, 10 de xuño de 2026. A correcta xustificación das axudas públicas foi o eixo central da xornada organizada por Conecta Ourense, iniciativa da Xunta de Galicia a través do Igape e da CEO.  Baixo o título ‘Teño unha axuda concedida… e agora que?’, a sesión estaba dirixida a empresas e profesionais interesados en coñecer as claves para asegurar o cobramento efectivo das subvencións concedidas.

Na presentación interviñeron José Antonio Rodríguez, presidente do colectivo empresarial do Polígono de San Cibrao, quen destacou a importancia de traballar cos aspectos prácticos e coa axuda de expertos para xustificar debidamente as subvencións. Pola súa banda a alcaldesa de San Cibrao, Marta Nóvoa,  fixo fincapé na grande cantidade de axudas que hai actualmente para o tecido empresarial, sobre todo por parte do Igape, un organismo ‘que coñece o territorio, traballa nel e sabe dos problemas das empresas’. Por último, Jaime Pereira, secretario xeral da CEO, emprazou ás empresas a achegarse a Conecta Ourense sempre que teñan proxectos que levar a cabo, para que desde esta oficina a CEO poida axudar ás empresas a detectar potencial, e localizar e conseguir os apoios públicos máis axeitados para cada caso.

Durante a sesión púxose de manifesto que a concesión dunha axuda non supón o final do proceso administrativo. Pola contra, a fase de xustificación constitúe un dos momentos máis decisivos, xa que os erros nesta etapa poden comprometer o cobramento da subvención ou mesmo derivar na obriga de reintegrar os importes percibidos.

Para entrar en materia nos erros máis frecuentes e as boas prácticas para evitalos, a sesión contou coa achega das subdirectoras do Igape Laura Almeida e Placeres Conde, e da responsable de Conecta Ourense, María Fernández. A xornada permitiu analizar eses erros que se producen na tramitación das axudas, entre eles a presentación de documentación incompleta, a falta de trazabilidade nos pagamentos, o incumprimento dos prazos establecidos ou a inclusión de gastos non subvencionables. As relatoras destacaron que unha parte moi importante das incidencias detectadas nos expedientes prodúcese precisamente na fase de xustificación, o que provoca atrasos na súa resolución e no pagamento das axudas. Por iso, entre as recomendacións trasladadas aos asistentes destacou a necesidade de planificar a xustificación desde o inicio do proxecto, revisar detalladamente as bases reguladoras, organizar adecuadamente toda a documentación e anticiparse aos prazos de presentación para evitar erros de última hora.

A sesión completouse cun caso práctico centrado nunha liña concreta de axudas, a de Exporta Empresas Galicia 2026, unha das convocatorias de referencia para apoiar os procesos de internacionalización das pemes galegas e das que maior dificultade técnica presenta á hora de xustificar. A través deste exemplo analizáronse os requisitos específicos da convocatoria, a documentación necesaria para a súa xustificación e as boas prácticas que permiten reducir incidencias e axilizar o cobramento.

Desde Conecta Ourense subliñouse que unha boa planificación e unha correcta organización documental son factores determinantes para converter unha axuda concedida nunha axuda efectivamente cobrada, contribuíndo así a que as empresas poidan aproveitar plenamente os recursos públicos postos á súa disposición.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.