Desde Conecta Ourense comprácenos informarvos do novo prazo de presentación de solicitudes do Programa Galicia Avanza 2026, ata o 7 de agosto de 2026.
Tras corrixirse a redacción dun dos requisitos, xa non é necesario ter facturación simultánea nos mercados nacional e internacional.
Agora poden participar empresas que tivesen facturación nos anos 2024 e 2025:
- No mercado nacional.
- No mercado internacional.
- Ou en ambos os mercados.
Deste xeito, Galicia Avanza ábrese tamén a pemes con experiencia comercial no mercado nacional que teñan produtos ou servizos innovadores e potencial para iniciar ou acelerar a súa expansión exterior.
O potencial de internacionalización, o carácter innovador da solución, os mercados obxectivo e a capacidade da empresa para afrontar o proceso internacional continuarán sendo aspectos fundamentais na selección.
As solicitudes xa presentadas seguen sendo válidas e poderán completarse, se fose necesario, durante o novo prazo.
Presenta a túa candidatura antes das 23:59 horas do 7 de agosto de 2026 aquí:
Se estades interesados en recibir máis información ou en valorar a participación da vosa empresa no Programa Galicia Avanza 2026, podedes poñervos en contacto connosco no 988 391 110 ou en conectaourense@ceo.es
Conecta Ourense é unha iniciativa impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Igape.