Ir al contenido

Arranca a terceira edición do programa que a CEO e a Xunta de Galicia poñen en marcha para medir e reducir a pegada de carbono no tecido empresarial

  • Consiste nun programa acelerado para obter resultados aplicables a calquera actividade na redución da pegada de carbono e conseguir parámetros máis sustentables
  • As empresas interesadas en participar proceden de distintas comarcas ourensás e sectores tan diversos como o vitivinícola, industrial, construción, automoción, ou recursos naturais entre outros
  • O 19 de maio na sesión final daranse a coñecer as accións e resultados das empresas participantes para chegar aos obxectivos fixados
  • Nas edicións anteriores, as empresas participantes acadaron plans concretos para reducir a súa pegada de carbono nun prazo establecido
  • A obtención dos selos acreditativos e cumprir cos parámetros de sostibilidade a nivel europeo son algúns dos obxectivos desta actividade de Conecta Ourense
  • A Xunta, a través de Igape, facilita que a Oficina Conecta Ourense da CEO poida por en marcha novamente esta iniciativa sostible

Ourense, 24 de marzo, 2026_ Hoxe tivo lugar a primeira sesión online informativa desta iniciativa que comezou hai dous anos para fomentar a transformación do tecido produtivo da provincia cara a modelos máis sostibles e innovadores.

O programa Pegada de Carbono da Oficina Conecta Ourense naceu co obxectivo de acompañar ás empresas na medición, xestión e redución da súa pegada de carbono, nun contexto marcado polo avance da normativa climática a nivel europeo, estatal e autonómico e pola crecente esixencia de transparencia en materia de sostibilidade. A iniciativa céntrase especialmente no cálculo das emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas aos alcances 1 e 2 —emisións directas e indirectas polo consumo enerxético— e na definición de estratexias eficaces de descarbonización aliñadas cos requisitos regulatorios actuais e futuros.

Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do Igape, presentou a sesión resaltando a importancia das dúas edicións previas deste programa e os bos resultados obtidos polas empresas que participaron anteriormente. Penedo falou tamén das iniciativas Conecta Ourense e Conecta Lugo, como estratéxicas e puxo en valor as propostas innovadoras que a CEO leva a cabo a través da súa Oficina Conecta Ourense.

Ao longo do programa as empresas participantes adquirirán as capacidades necesarias para calcular a súa pegada de carbono conforme a metodoloxías recoñecidas, identificar as súas principais fontes de emisión e establecer un ano base de referencia. Así mesmo, traballarán na elaboración de plans de redución a medio prazo, incorporando medidas concretas e obxectivos cuantificables, así como no deseño de estratexias de compensación e na preparación de informes de emisións. O itinerario inclúe tamén a avaliación de resultados, a posta en común de experiencias e o acompañamento en procesos como o rexistro oficial da pegada de carbono e a verificación de emisións, aspectos cada vez máis relevantes no marco normativo vixente.

A metodoloxía será de sesións formativas en liña, complementadas con reunións individuais de seguimento e unha sesión final presencial na que se presentarán os resultados e se compartirán experiencias empresariais. Este enfoque práctico busca non só facilitar o cumprimento normativo, senón tamén impulsar a competitividade empresarial, identificar oportunidades de aforro de custos e fomentar a integración do factor carbono na estratexia corporativa. As distintas sesións serán os días 14 e 21 de abril, e no mes de maio o 5 e o 19, data na que remata o programa coa posta en común dos resultados obtidos polas empresas.

Na sesión inicial de hoxe participou a experta en pegada de carbono Marta Sánchez, directora de PFS Grupo, consultora que guiará ás empresas participantes cara a esta medición da pegada de carbono.  O contexto actual do  cambio climático e a importancia da descarbonización, así como ao marco regulatorio que afecta ás organizacións foi o punto de partida das explicacións da relatora, quen abordou tamén os conceptos fundamentais da pegada de carbono, as súas distintas tipoloxías —organizacional, de produto e de evento— e os principios básicos para o seu cálculo, incluíndo a identificación de fontes de emisión, a delimitación de alcances e o uso de factores de emisión. Ademais, presentáronse as principais metodoloxías internacionais de referencia e analizáronse os riscos e oportunidades que o cambio climático supón para as empresas, desde o punto de vista regulatorio, reputacional e de mercado, destacando a pegada de carbono como unha ferramenta clave para a toma de decisións e a mellora da eficiencia operativa.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.