Ir al contenido

A CEO organiza a xornada “+Ciberseguridade” para reforzar a protección dixital das empresas

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organiza a xornada “+Ciberseguridade”, enmarcada no Proxecto de Formación en Ciberseguridade para as Empresas Españolas, unha iniciativa orientada a mellorar a protección dixital do tecido empresarial.

Este programa está impulsado por CEOE, Fundación CEOE e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, contando coa colaboración da Policía Nacional, Garda Civil e Fundación Hermes.

A xornada celebrarase o vindeiro luns, 13 de abril de 2026, ás 10:00 horas, na sede da CEO en Ourense.

Data: 13 de abril de 2026
Hora: 10:00 h
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense · Praza das Damas, 1 – 32005 Ourense

Esta sesión ten como finalidade reforzar a seguridade dixital das empresas, especialmente das pemes, microempresas e persoas autónomas, a través de accións de formación, concienciación e sensibilización en materia de ciberseguridade.

Durante a xornada abordaranse cuestións prácticas relacionadas coa seguridade dixital no ámbito empresarial, facendo especial fincapé en:
– A prevención de riscos e ameazas dixitais
– As boas prácticas para protexer a información empresarial
– A seguridade dos sistemas e dos procesos internos
– Recomendacións aplicables ao día a día das empresas

Esta iniciativa representa unha oportunidade para que as empresas adquiran coñecementos clave e ferramentas útiles que lles permitan reforzar a súa protección fronte aos riscos dixitais e avanzar cara a unha contorna máis segura e resiliente.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.