Ir al contenido

Deputación e CEO reforzan a súa colaboración para impulsar infraestruturas, solo industrial e investimento empresarial en Ourense

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) mantivo un encontro de traballo co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, no Pazo Provincial, co obxectivo de analizar e coordinar liñas de actuación conxuntas que contribúan ao crecemento económico da provincia.

Desde a CEO valoramos moi positivamente esta reunión, na que ambas institucións puxemos sobre a mesa cuestións estratéxicas para o futuro de Ourense: a mellora das conexións por estrada e tren, a ampliación da oferta de solo industrial e a captación de novos investimentos empresariais. Trátase de eixos fundamentais para fortalecer o tecido produtivo e garantir a competitividade do noso territorio.

O presidente da CEO, David Martínez, destacou a importancia de continuar traballando de maneira coordinada coa Deputación para trasladar ás administracións competentes as necesidades reais das empresas ourensás, especialmente no ámbito das infraestruturas. Unhas comunicacións eficientes son clave para facilitar a loxística, reducir custos e favorecer a implantación de novos proxectos empresariais.

No encontro tamén se abordou a situación actual do solo empresarial na provincia. A ampliación do polígono de Xinzo xa está rematada, as obras de ampliación do Polígono de San Cibrao están próximas á súa adxudicación, e avánzase nos trámites no de Pereiro, así como na creación de máis dun millón de metros cadrados de solo industrial na zona do Carballiño-Maside. Desde a CEO consideramos fundamental seguir ampliando esta oferta, xa que a dispoñibilidade de solo industrial competitivo é determinante para atraer investimento e consolidar proxectos empresariais.

Ademais, analizouse a necesidade de reforzar a formación adaptada ás demandas do mercado laboral, co fin de dar resposta á falta de man de obra cualificada en determinados sectores. Neste sentido, ambas entidades coincidiron na importancia de impulsar accións formativas aliñadas coas necesidades reais das empresas.

Outro dos asuntos tratados foi a problemática da vivenda, un factor que incide directamente na capacidade de atraer e fixar talento na provincia. A dispoñibilidade de vivenda accesible resulta clave para facilitar a chegada de novos traballadores e consolidar poboación, aspecto esencial para o desenvolvemento económico e social de Ourense.

Desde a CEO reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando en colaboración coa Deputación de Ourense para defender os intereses do tecido empresarial, impulsar as infraestruturas necesarias e crear as condicións axeitadas para xerar emprego, riqueza e oportunidades na nosa provincia.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.