Ir al contenido

A CEO acolle o Día Europeo para a Igualdade Salarial cunha xornada sobre transparencia retributiva e cumprimento normativo: 25 de febreiro

A sede da Confederación Empresarial de Ourense acollerá o vindeiro mércores, 25 de febreiro de 2026, a celebración do Día Europeo para a Igualdade Salarial, unha xornada organizada polo Campus de Igualdade da Xunta de Galicia no marco do programa de igualdade laboral.

O encontro terá lugar nas instalacións da CEO (Praza das Damas, 1, Ourense) en horario de 16.30 a 18.30 horas, con recepción e café de benvida ás 16.00 horas, e poderá seguirse tanto en modalidade presencial como por streaming.

O obxectivo xeral do taller é afondar na integración do principio de igual retribución por traballos iguais e de igual valor, ofrecendo ferramentas prácticas para a súa aplicación nas organizacións.

Entre os obxectivos específicos destacan:

– O estudo do principio de igualdade retributiva e das ferramentas para aplicar o concepto de traballo de igual valor.
– A análise dos complementos salariais e extrasalariais, incentivos e beneficios sociais desde unha perspectiva de xénero.
– A aplicación de criterios claros, obxectivos e neutros como garantía da igualdade retributiva.
– A valoración dos postos de traballo como base para a definición dunha política retributiva axustada ao marco normativo.
– As medidas de acción positiva para reducir ou eliminar a fenda salarial de xénero.
– O uso de ferramentas como o rexistro retributivo e a auditoría retributiva.
– As obrigas derivadas da futura transposición da Directiva (UE) 2023/970 sobre transparencia retributiva e vías de reparación e cumprimento efectivo.

A sesión será presentada por Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Beatriz Sueiro Padín, Inspectora de Traballo e Seguridade Social, abordará a igualdade e transparencia retributiva desde a perspectiva da Inspección de Traballo.

Pola súa parte, José Fernando Lousada Arochena, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, analizará a Directiva (UE) 2023/970 e as vías de reparación e cumprimento efectivo que reforzan o principio de igualdade de retribución.

O programa inclúe tamén dúas roldas de consultas para resolver dúbidas das persoas asistentes.

As persoas que desexen obter o certificado de aproveitamento deberán, ademais de asistir á xornada (presencialmente ou por streaming), superar satisfactoriamente polo menos o 70 % das cuestións do test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

Para asistencia presencial a través da seguinte ligazón:

Para seguimento por streaming, accedendo coas túas credenciais ao Campus en liña de Igualdade Laboral e inscribíndote no taller correspondente.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 24 de febreiro ás 23.59 horas.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.