Sesión informativa online: Programa Pegada de Carbono (Alcances 1 e 2)
Desde Conecta Ourense e co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE, organízase unha sesión informativa en formato online sobre o Programa Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2, dirixida a empresas interesadas en coñecer como medir e reducir o impacto climático da súa actividade.
A sesión celebrarase o vindeiro 24 de marzo ás 10:30 horas en modalidade online e ten como obxectivo principal proporcionar ás empresas unha visión clara e práctica sobre o cálculo da pegada de carbono, así como sobre as oportunidades que este proceso ofrece en termos de eficiencia, sustentabilidade e competitividade.
Durante a xornada abordaranse as claves para iniciar o cálculo da pegada de carbono empresarial, afondando na medición das emisións de gases de efecto invernadoiro e na identificación dos alcances 1 e 2. Así mesmo, explicarase como integrar criterios de sustentabilidade na xestión empresarial, contribuíndo a unha mellora real do rendemento e posicionamento das organizacións.
Ademais, presentarase o Programa Pegada de Carbono – Alcances 1 e 2, unha iniciativa que inclúe formación específica, asesoramento técnico personalizado e acompañamento no proceso de inscrición da pegada de carbono no Rexistro do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
Esta sesión representa unha oportunidade para que as empresas ourensás avancen cara a modelos de xestión máis sostibles, adaptándose ás novas esixencias normativas e reforzando a súa competitividade nun contorno cada vez máis orientado á sustentabilidade.
A inscrición está aberta a través do seguinte botón:
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 988 391 110 ou no correo electrónico conectaourense@ceo.es