Desde Conecta Ourense Rural, iniciativa impulsada pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) co apoio da Xunta de Galicia a través do IGAPE e en colaboración con AEVA, organizamos o encontro “O IGAPE e Conecta Ourense Rural: Apoios e servizos útiles para as empresas de Valdeorras”.
🗓 Martes, 3 de marzo
🕦 11:30 h
📍 Casa Grande de Viloira
Unha sesión práctica e orientada a resultados na que abordaremos:
✔️ Liñas de financiamento e préstamos
✔️ Galicia Exporta Empresas
✔️ Programa Re-acciona
✔️ Recursos da Oficina Económica de Galicia
✔️ Claves para presentar, executar e xustificar subvencións
Contaremos coa participación de Carla García Valcarce, técnica responsable das Oficinas Sur da Oficina Económica de Galicia, e habilitaremos un espazo de asesoramento individualizado e viño-networking para resolver dúbidas e xerar novas conexións profesionais.
Se tes unha empresa, es autónomo/a ou profesional da comarca, esta é unha oportunidade para acceder a información directa, actualizada e útil para impulsar o teu proxecto.
Inscrición previa obrigatoria: