Ir al contenido

CEO e Xunta achegan a Valdeorras os apoios do Igape e da Oficina Económica de Galicia nunha nova xornada de Conecta Ourense Rural

  • A Casa Grande de Viloira acolleu un encontro informativo e práctico dirixido ás empresas da comarca
  • A iniciativa, impulsada pola CEO co apoio da Xunta a través do Igape, ofreceu asesoramento técnico, explicación detallada das liñas activas e atención individualizada
  • A xornada contou con algo máis de medio centenar de asistentes de distintos sectores, tanto profesionais autónomos como emprendedores e representantes empresariais

Valdeorras, 3 de marzo de 2026._ A Casa Grande de Viloria foi escenario esta mañá dunha nova xornada da iniciativa Conecta Ourense Rural, promovida pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO) co apoio da Xunta de Galicia a través do Igape, e a colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva). Baixo o título “O Igape e Conecta Rural: apoios e servizos útiles para as empresas de Valdeorras”, o encontro reuniu a representantes institucionais, tecido empresarial da comarca e persoal técnico especializado co obxectivo de trasladar os apoios da Xunta e da oficina Conecta Ourense para dinamizar a actividade económica no rural ourensán.

A apertura institucional contou coa intervención de Carlos Manuel Terán, presidente de Aeva e David Martínez, presidente da CEO, quen salientaron a importancia de achegar información clara, recursos financeiros e acompañamento técnico ás empresas do rural, favorecendo a súa competitividade, modernización e consolidación. David Martínez engadiu ademais que Conecta Ourense Rural conxuga cunha das súas prioridades como presidente da confederación ‘materializar un apoio especial ao emprendemento no rural, porque no rural ourensán hai talento, ten potencial, e ten capacidade e futuro’.

Apoio da Xunta a través do Igape e da súa Oficina Económica

A xornada foi presentada e moderada por Amparo Rodríguez, da Oficina Conecta Ourense Valdeorras, quen deu paso ás intervencións e contidos da sesión.  Un dos eixos centrais do encontro foi a exposición actualizada das liñas activas do Igape e dos servizos da Oficina Económica de Galicia, que actúa como ventá única de asesoramento e acompañamento para autónomos, emprendedores e empresas en todas as fases dos seus proxectos.

Carla García, técnica responsable das Oficinas Sur do Igape, acompañada por María Fernández, responsable de Conecta Ourense, ofreceron unha panorámica detallada das convocatorias vixentes e das ferramentas dispoñibles, incidindo nas claves para preparar solicitudes con maiores garantías de éxito e nos erros máis frecuentes na presentación e xustificación dos expedientes. Durante a sesión explicouse o funcionamento da Oficina Económica de Galicia como punto único de atención, deseñado para reducir cargas administrativas e facilitar unha tramitación máis áxil e eficaz das axudas públicas.

Obradoiro práctico sobre financiamento, internacionalización e innovación

No segundo tramo da xornada desenvolveuse un obradoiro técnico práctico centrado na presentación de solicitudes e nas cuestións clave das principais liñas de interese para as empresas de Valdeorras. Entre os contidos abordados polas relatoras, destacaron as liñas de financiamento, tanto préstamos directos como instrumentos en colaboración con entidades financeiras e avalados polas Sociedades de Garantía Recíproca (SGR). Tamén tivo cabida o programa Galicia Exporta Empresas, dirixido a apoiar accións de promoción e internacionalización no exterior, así como as axudas específicas en Intelixencia Artificial (IA360), orientadas a impulsar a innovación mediante o uso de tecnoloxías avanzadas no tecido industrial e no sector TIC. Completouse esta parte coa explicación do programa Re-acciona, que ofrece asesoramento especializado para mellorar a competitividade, eficiencia e sostibilidade empresarial, e un avance das próximas axudas en materia de transformación dixital. Dentro desta sección abriuse un  espazo participativo no que as empresas asistentes puideron formular dúbidas prácticas e expoñer necesidades concretas relacionadas cos seus proxectos.

Asesoramento individualizado e networking

A xornada pechouse cun bloque de asesoramento individualizado e viño–networking, que permitiu o contacto directo entre as empresas e o persoal técnico da Oficina Económica do Igape, representantes das Sociedades de Garantía Recíproca e o equipo de Conecta Ourense.

Este formato reforzou o obxectivo da iniciativa: non só informar sobre as oportunidades existentes, senón acompañar de maneira efectiva ao tecido empresarial da comarca no deseño, tramitación e execución de proxectos, consolidando así a colaboración entre a CEO e a Xunta de Galicia para impulsar a dinamización económica do rural ourensán.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.