A Confederación Empresarial de Ourense retoma en setembro o Plan de Formación en Prevención de Riscos Laborais, unha iniciativa dirixida tanto a persoas traballadoras como a persoas desempregadas da provincia, co obxectivo de mellorar a súa capacitación e seguridade no entorno laboral.
As accións formativas, totalmente gratuítas e financiadas pola Xunta de Galicia, combinan contido teórico e práctico centrado nos riscos máis habituais e nas ferramentas necesarias para previlos. Están pensadas para mellorar a empregabilidade cunha formación útil, recoñecida e adaptada aos distintos sectores.
Cursos dispoñibles:
Curso básico de Prevención de Riscos Laborais – 60 horas
- Traballos en altura
- Traballos verticais
- Traballos en espazos confinados
- Riscos psicosociais: liderado e xestión psicosocial de conflitos no traballo
As sesións están estruturadas para facilitar a participación e o aproveitamento, con profesionais especializados e materiais adaptados aos distintos sectores.
Inscríbete
Para participar, podes cubrir directamente o formulario en liña ou, se o prefires, descargar a ficha de inscrición e enviala por correo electrónico ao enderezo prevencion@ceo.es