Ir al contenido

Xunta e Igape presentan as axudas para a implantación de modelos máis sostibles e responsables nas empresas galegas

  • O Igape e a CEO convocaron unha sesión en liña esta mañá para divulgar este novo programa de apoios da Xunta 
  • O obxectivo é estimular proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)
  • Esta liña, dotada cun millón de euros de investimento, está aberta desde mañá día 5 de agosto ata o 30 de setembro 
  • A sesión, convocada por Conecta Ourense contou coa intervención de Norberto Penedo, director da Área de Competitividade do Igape

Ourense, 4 de agosto de 2025_ A oficina Conecta Ourense puxo esta mañá o foco no programa da Xunta para fomentar modelos de negocio máis sostibles e responsables entre as pemes galegas, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social de Galicia. Estas axudas, das que o prazo de solicitude comeza mañá 5 de agosto, buscan estimular proxectos centrados no desenvolvemento e mellora dos chamados factores ASG: ambientais, sociais e de gobernanza. Trátase da segunda edición desta liña, dotada con 1 millón de euros, que busca fomentar modelos empresariais máis responsables, aliñados cos principios da economía circular e cos retos ambientais e sociais actuais.
 
Esta nova convocatoria abrangue actuacións que permitan avanzar en catro ámbitos: ambiental, social, de gobernanza e global, con medidas como a redución do consumo de recursos naturais, a mellora da eficiencia enerxética, a reutilización de residuos, o desenvolvemento de envases ecoeficientes ou a implantación de prácticas laborais éticas e programas de diversidade. Tamén se poden obter axudas para levar a cabo accións como auditorías de riscos ASG, certificacións B-Corp, análise de ciclo de vida dos produtos, mellora da transparencia financeira ou deseño de códigos de conduta empresarial.
 
A explicación dos pormenores foi a cargo do director de Competitividade Empresarial do Igape, Norberto Penedo, que foi presentado pola responsable da Oficina Conecta Ourense da CEO, María Fernández, quen incidiu na axuda que esta iniciativa presta ás empresas interesadas para obter máis información ou tramitas as solicitudes.
 
Pola súa banda, Norberto Penedo detallou os requisitos dos proxectos, indicando en primeiro lugar que a convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva co fin de facilitar a participación do maior número posible de beneficiarios que cumpran os requisitos, está dirixida a empresas, así como a persoas autónomas con centro de traballo en Galicia, e cobre ata o 80 % do custo dos investimentos subvencionables.
 
Penedo concretou tamén que as empresas poderán obter unha subvención máxima de 60.000 euros por proxecto, ou de ata 30.000 euros no caso de actuacións exclusivamente de consultoría, cun mínimo de investimento de 3.000 euros. A Xunta facilitará, ademais, o acceso a un anticipo do 80 % da axuda concedida, sen necesidade de garantías, co obxectivo de impulsar a posta en marcha inmediata dos proxectos.
 
Norberto Penedo concluiu que esta nova convocatoria significa unha aposta por unha economía máis verde, responsable e innovadora a través do compromiso da Xunta coa sostibilidade e a competitividade do tecido produtivo galego, e suliñou que ‘trátase de avanzar en algo que non só é necesario por cuestión de responsabilidade senón que cremos que pode ser unha base importante da competitividade das empresas’.

¡ TU ENVÍO SE HA REALIZADO CORRECTAMENTE !

Recibirás un correo electrónico con los datos que has introducido.

¿TIENES ALGUNA DUDA AL RESPECTO?

Si tienes alguna duda o quieres realizar algún cambio, ponte en contacto con nosotros.

Confederación Empresarial de Ourense
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.