A CEO organiza unha nova xornada presencial sobre pegada de carbono e axudas ASG no marco de Conecta Ourense

O próximo martes, 1 de xullo, celebrarase na sede da Confederación Empresarial de Ourense unha nova xornada organizada no marco da iniciativa Conecta Ourense, promovida pola CEO en colaboración co IGAPE.
Trátase dunha xornada aberta dirixida a empresas, profesionais e provedores de servizos ASG, na que se abordará como medir, reducir e rexistrar a pegada de carbono, así como acceder ás novas axudas ASG para poñer en marcha accións concretas en materia de sostibilidade.

Durante a xornada, que dará comezo ás 12:00 h, presentaranse os resultados e boas prácticas do Programa Pegada de Carbono, no que estará presente a experta na pegada de carbono e directora de PFS Grupo Galicia, Marta Sánchez Nande, e participarán nesta sesión representantes de empresas da provincia: Aglomerados y Construcciones Valdeorras (Acoval) | Basculantes Baycar | Iria Otero “Vinos con Memoria” | Megatech Industries Orense | Soluciones Técnicas Esdinela | Viña Costeira.

Tamén se presentarán as novas axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG) do IGAPE, e falarase das propostas de medidas para as axudas ASG por parte de empresas provedoras de servizos.
Este tipo de accións reafirman a aposta da CEO por impulsar un tecido empresarial innovador, preparado para afrontar os retos climáticos e normativos actuais, e aliñado cos obxectivos europeos en materia de transición ecolóxica.

📍 Sede da CEO – Praza das Damas, 1, Ourense
📅 1 de xullo de 2025 | 🕐 12:00 h
📲 Confirma a túa asistenciahttps://forms.gle/mgyUoChfq53oGt8R8
📞 Máis información: conectaourense@ceo.es | 988 391 110