Análise de perigos e puntos de control críticos

En relación as actividades de autocontrol nas empresas do sector alimentario, hoxe por hoxe, surxe a aplicación do sistema de perigos e puntos de control crítico (APPCC) considérase un medio imprescindibel e obrigatorio para garantir a hixiene dos produtos alimenticios xa que asegura o control dos perigos nas diferentes fases da cadea alimentaria.

Dende a publicación no B.O.E do R.D 2207/1995, do 25 de decembro de 1995 (froito da transposición da Directiva 93/43/CEE), polo que se establecen as normas de hixiene relativas aos produtos alimenticios, as empresas do sector alimentario son as responsables da hixiene dos seus establecementos.

Coa publicación do Real decreto 3484/2000 polo que se establece as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas, o rango do tipo de empresas que necesitan implantar sistemas de autocontrol viuse ampliado.

Por iso CEO, neste espazo trata de dar uns conceptos básicos sobre: en que consiste APPCC, ISO 22000 e outros servizos ao sector da alimentación.

Trátase dun enfoque específico para a identificación e valoración dos riscos e as normas asociadas coa fabricación, distribución e uso dun produto alimenticio determinado e a definición de medidas para o seu control.

APPCC é unha ferramenta que sistemáticamente identifica, evalúa e controla os perigos (potenciais) que son significativos para a seguridade dos alimentos.

Os principios do APPCC desenvolvidos pola comisión mixta do Codex Alimentarius FAO/OMS esixen que se establezan sistemas de seguridade alimentaría efectivos mediante a aplicación dun enfoque sistemático de análise de perigos e riscos.

Cada vez máis, as empresas que pertencen ao sector alimentario deben demostrar que teñen un sistema APPCC efectivo que cumpre cos diferentes requisitos nacionais.

O compromiso coas reglamentacións de hixiene alimentaria e a aplicación de técnicas de análise de riscos tales como APPCC incrementa o que xa parece ser un proceso complexo e en parte desalentador para as empresas do sector alimentario. No entanto, adoptar un enfoque formal para asegurar a seguridade alimentaria axuda ás empresas a demostrar o seu compromiso para cumprir cos requisitos da lexislación e dos clientes. Ademais pode axudar a protexerse fronte a algunhas dilixencias legais.

Sistemas de xestión de seguridade alimentariaDesde la publicación en el B.O.E del R.D 2207/1995, de 25 de diciembre de 1995 (fruto de la transposición de la Directiva 93/43/CEE), por el que se establecen las normas de higiene relativas a los productos alimenticios, las empresas del sector alimentario son las responsables de la higiene de sus establecimientos.

Sistemas de xestión de seguridade alimentaria