CEO

Que é a CEO?

A Confederación Empresarial de Ourense é unha organización empresarial multisectorial, constituída no ano 1977 e integrada por 80 asociacións empresariais que engloba unha cifra próxima ás 10.000 empresas. Unha organización que aglutina os intereses das súas asociacións e empresas, que actúa como representante ante os interlocutores sociais e presta, directa ou indirectamente, os servizos máis avanzados para fomentar a competitividade do tecido empresarial da provincia.

A CEO articúlase como entidade idónea para representar e defender os intereses daqueles colectivos empresariais que converxen no espírito que inspira a nosa forma de proceder: defensa firme dos nosos intereses, respecto polo ámbito que nos rodea, capacidade de innovación e anticipación, así como a vontade de participar no deseño do futuro.

A CEO é membro a nivel nacional da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e a nivel autonómico da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Co obxectivo de promover e defender eticamente os intereses das empresas ourensás, a CEO ofrece un servizo innovador e comprometido en resposta as súas necesidades presentes e futuras, de acordo co desenvolvemento social, natural e económico do seu ámbito mantendo a primordial misión de defender os intereses xerais e comúns dos empresarios ourensáns, fomentando e defendendo a iniciativa privada e a economía de libre mercado.