Qué facemos?

  • Resolución de consultas

    CEO pon a disposición dos seus asociados un equipo técnico formado por especialistas, nas seguintes áreas:

    • Xurídico-Laboral:
      • Asistencia a actos de conciliación.Asesoramento integral en materia de contratación: modalidades de contratos de traballo, bonificacións e subvencións.
      • Asistencia a actos de conciliación.
      • Asesoramento e interposición de recursos en vía administrativa en procedementos sancionadores en materia laboral e de Seguridade  Social.
    • Mercantil:
      • Asesoramento sobre o réxime legal das sociedades mercantís.
      • Asesoramento respecto ás diferentes modalidades de contratación no ámbito mercantil.
    • Administrativo:
      • Asesoramento e interposición de recursos en todo tipo de procedementos administrativos.
    • Económico-Fiscal:
      • Información en materia contable, económica e fiscal.
      • Información sobre impostos directos e indirectos, locais e estatatais, realización de estudos fiscais individualizados.
      • Tratamento fiscal do comercio internacional.
    • Negociación colectiva:
      • Asesoramento xeral, asistencia técnica e redacción dos convenios colectivos negociados dende a Organización.
    • Prevención de riscos laborais:
      • Información sobre a normativa e as obrigas existentes en materia de prevención de riscos laborais.
      • Revisión de sistemas de xestión da prevención implantados nas empresas.
    • Axudas e subvencións
      • Información sobre as axudas vixentes. Análisis das liñas aplicables a cada proxecto de investimento.
    • Comercio exterior
      • Información sobre procedementos de Importación-Exportación.
    • Calidade
      • Información sobre normas ISO e modelo EFQM.
    • Medio Ambiente
      • Información sobre a normativa local, autonómica, nacional e comunitaria en materia ambiental, réxime de infraccións e sancións, recursos
      • Lexislación aplicable a cada sector.
      • Asesoramento sobre impactos ambientais, xestión de residuos, normas de aplicación e xestores autorizados.
    • Arbitraxe de consumo
      • Realización de alegacións en materia de consumo, representación da empresa no Colexio Arbitral do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.
      • Actuación como asesor nas audiencias sinaladas para a celebración de arbitraxes de consumo.
    • Creación de empresas
      • Información do marco xurídico da actividade a emprender, forma xurídica mais idónea e as distintas liñas de axudas que pode solicitar o emprendedor
  • Publicacións

    Elaboración e distribución, entre outras, das seguintes publicacións:

    • – CEONOVAS –Publicación de corte empresarial e económico. Nela refíctense tanto as actividades que os socios ou a Confederación levan a cabo na sua vertente empresarial, coma reportaxes ou entrevistas de interese para estes, dando cabida a todos os asociados e asociacións integradas a participar a través de seccións específicas como Camiño do Éxito ou Empresas con tradición.
    • – Ceoinfo -Publicación en formato boletín, de carácter periódico, na que se recollen as principais novidades de interese para o colectivo empresarial Feiras, subvencións e axudas, novidades lexislativas ou actividades que se realizan na sé da Confederación, son os principais contidos de Ceoinfo.
    • – Ourense en cifras –Estudo que recolle os indicadores socioeconómicos e laborais da provincia de Ourense detallados por sectores e por bisbarras. Realízanse anualmente, converténdose así nunha imprescindible ferramenta de consulta para empresarios, profesionais e entidades, entre outros.
  • Servizos de Benchmarking CEOTOP

    Visitas a empresas consideradas “excelentes” nalgunha área de xestión (loxística, recursos humanos,…).

  • Formación e emprego

    • Desenvolvemento de cursos para traballadores.
    • Desenvolvemento de seminarios para directivos e mandos intermedios.
    • Desenvolvemento de cursos para desempregados.
    • Servizo integrado de selección e contratación de traballadores.
  • Elaboración de estudos e informes

    • Estudios económicos sectoriais.
    • Informes sobre cómo investir en diferentes países e consulta risco-país.
    • Estudos financeiros.
    • Informes xurídicos.
    • Informes comerciais completos de sociedades mercantís españolas (inclúe estado económico actual e solvencia prevista).
    • Información por fax ou correo electrónico dos concursos públicos que se convocan a nivel nacional de diferentes sectores ou actividades.
    • Entrega dos balances presentados no Rexistro Mercantil de calquera sociedade con domicilio social en España e as más importantes do extranxeiro.
    • Listados de empresas por sectores, facturación, poboación, nº de empregados, …
  • Acceso á información xeral

    • Convenios colectivos de toda España.
    • Lexislación mercantil, fiscal, laboral, social e administrativa (BOP, Boletíns de diferentes provincias, DOG, BOE, DOCE).
    • Indicadores económicos provinciais, autonómicos e estatais.
    • Comercio Exterior (inclúe exportacións / importacións realizadas por provincias a calquera país, volume de exportacións / importacións por produto, etc.).
    • Empresas Galegas (relación de empresas, sector, actividade,…).
    • Chan Empresarial de Galicia (relación de polígonos, infraestructuras, equipamentos, etc.).
    • Liñas de axudas autonómicas, estatais e europeas.
    • Asociacións constituídas en Galicia.
  • Biblioteca empresarial

    • O fondo documental da CEO áchase a disposición de todos os empresarios asociados: monografías sobre temas de actualidade, estudos, orzamentos xerais, publicacións periódicas, bases de datos especializadas, etc.
  • Outros servizos

    • Organización de conferencias, xornadas e seminarios de interese.
    • Salas para reunións.
    • Convocatoria de medios de comunicación para presentación de actos e roldas de prensa.