Convenio de colaboración coa Cruz Vermella

A Fundación C.E.O. ven desenvolvendo ao longo do 2009 unha intensa actividade no ámbito socio-asistencial a favor da nosa provincia. O último paso que se deu no camiño que ven percorrendo nos últimos meses é a firma dun convenio de colaboración con Cruz Vermella, organización humanitaria e de acción voluntaria cunha traxectoria internacional recoñecida.

A partir da firma de convenio, afoto firma cc cruz vermellambas organizacións xuntan esforzos nas actividades relacionadas co emprego, a formación, a investigación e a cooperación empresarial. Conscientes das necesidades e das barreiras ás que enfrontan certos colectivos poñeranse en marcha diversos programas e actividades enfocadas a alcanzar unha inserción laboral real e unha igualdade social de todas la personas con dificultades, intentando ademais detectar a través da investigación novas necesidades así como incidir na formación para dar un valor engadido á xestión dos RRHH respeto de aqueles empresarios e directivos que interactúan con determinados colectivos. Lograr a sua autonomía persoal e a sua completa integración na sociedade por medio da sua inserción laboral convértese en obxectivo prioritario para Cruz Vermella Ourense e Fundación C.E.O.

O contacto e o diálogo entre o empresario e a entidade social son un punto básico e imprescindible para dar a coñecer as vantaxes que supón para a empresa participar en iniciativas de inserción laboral e adaptar as actuacións das organizacións sociais ás necesidades e condicionamentos propios de cada empresa.

Proxecto Galicia Suma