-
-
Un foro social para a participación de distintos colectivos
-
![]() |
O I Encontro de Entidades de Acción Social, organizado pola Fundación Ceo en colaboración con Caixa Galicia, celebrabase o pasado 12 de maio no Liceo de Ourense, co obxectivo de xunta esforzos cara a unha maior integración empresa-sociedade. O compromiso empresarial adquirido dende a Fundación C.E.O. reflíctese na sua contribución na sensibilización, promoción e apoio a colectivos e entidades de ámbito social.
Esta acción pioneira supuxo o inicio dun foro de comunicación e de acción activo no que se interrelacionan os empresarios ourensáns e as entidades sociais citadas. O I Encontro de Entidades de Acción Social éo primeiro paso dun proxecto social de colaboración no que se comparten iniciativas e inquedanzas.
A este novo espazo de encontro, o primero destas características que tivo lugar na provincia de Ourense, acudiron Obra Social Caixa Galicia, que colaborou na organización, a Asociación para a Integración de Persoas con Minusvalía Física, Parálisis Cerebrar e Terceira Idade Dependente -Aixiña, Asociación Cultural Amigos Vía Prata–Camiño Mozárabe Ourense, Asociación Down Ourense, Asociaciación Española Contra o Cáncro, Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril, Centro de Menores Montefiz-Fundación Internacional O’BELÉN, Club de Leóns Ourense–As Burgas, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Fundación Gómez Franqueira – COREN, Fundación MENIÑOS, Organización Nacional de Cegos Españois e Rotary Club.
OBXECTIVOS
- Proporcionar un espazo adecuado para o coñecemento e o acercamento das principais asociacións da cidade.
- Crear un ambiente donde poidan explicar os seus proxectos e as actividades que realizan.
- Impulsar acordos de colaboración entre as distintas entidades.
- Realizar un coloquio donde poidan surxir sinerxias e proxectos futuros, e donde poidan participar a maioría das organizacións.
- Obter o compromiso e predisposición para futuros encontros.
![]() Imaxes da mesa central no acto de apertura que correu a cargo de D.Juan José Molinos Casal, Secretario Xeral da Fundación CEO. Tamén coa presencia de Dona Beatriz Fernández-Anguiano, Xerente de Sede e Zona Ourense de Obra Social Caixa Galicia |
![]() Clausura do acto por parte do presidente da Confederación Empresarial de Ourense, D. Francisco Rodríguez García |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |