Folletos e publicacións

  • Ourense en cifras

    Desemprego, exportaciós e importacións, siniestralidade laboral, evolución do IPC, sociedades constituidas, matriculación de vehículos… estes son só algúns dos indicadores económicos que presenta este libro, agrupados en sociolaborais, empresariais, Seguridade Social e Sector Exterior. É un instrumento que se pon ao alcance das distintas firmas e das institucións. Vai mais aló dunha mera recopilación de datos e o que busca é ser útil no día a día, así como mostrar a tendencia da provincia”. En canto a esta situación, o estudo revela que continúa a fractura entre a Galicia costeira e a interior, sendo cada vez más evidente. O estudo de Ourense en cifras pretende converterse nun anuario que reflicta, en edicións posteriores, os datos por comarcas e por sectores específicos, dado o peso específico

  • Manual básico de seguridade e hixiene no traballo

    revistaEste libro, na sua segunda edición, pretende expoñer de forma sinxela o contido da normativa vixente en Prevención de Riscos Laborais, clarificando os seus puntos escuros e tendo como obxectivo primordial ser un documento de fácil consulta, que comprende os aspectos fundamentais das novas disposicións legais.

    Esta edición actualizada recolle as últimas novidades introducidas polas normas publicadas, incluíndo un capítulo dedicado ao sector da construcción e as suas novidades lexislativas na materia, debido a que é éste un sector considerado tradicionalmente como perigoso.

    Nestes momentos estase a traballar na terceira edición do Manual Básico de Seguridade e Hixiene, actualizando os contidos da segunda e incluíndo as novas referencias lexislativas producidas nos correspondentes temas, co fin de manter actualizado o texto.

  • Zona de seguridade

A Confederación Empresarial de Ourense, no seu labor de divulgar e informar achega da seguridade e saúde laboral, e sempre contando co apoio da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, leva dende o ano 2003 publicando semanalmente no Suplemento Euro dos xornais A Rexión e Atlántico Diario, unha serie de artigos denominados Zona de Seguridade, nos que se abordan os diferentes aspectos da Seguridade Laboral. Co obxectivo de recompilar o traballo dos últimos años, a CEO, contando de novo co apoio da Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, editou o libro “Zona de Seguridad”, que recolle os artigos mais interesantes desta serie, distribuidos en grandes bloques como Conceptos Xerais, Ergonomía, Seguridade, Primeiros Auxilios, Hixiene Industrial…

  • Dereitos e obligacións do empresario

    Relación de dereitos  e obligacións do empresario no marco da relación xurídico-laboral, o contrato de traballo, o salario, a dirección, o asociacionismo, etc.

  • Vinte anos de conflictividade laboral en España

    CEOE pasa revista ao que foron os últimos vinte anos no campo da conflictividade social, e so seus efectos sobre a actividade empresarial en España. Inclúese unha ampla análise estatística xeográfica e sectorial.