Pacto Nacións Unidas

Logo Pacto Naciones Unidas

logo fundacion ceo

O 28 de setembro de 2005 tivo lugar o acto de firma do Pacto Mundial de Nacións Unidas na sé da CEO polo cal a nosa confederación empresarial adheriuse ao mesmo. O acto contou cun invitado de excepción, Joaquín Garralda, na sua calidade de secretario do pacto mundial da  ONU.

Este pacto mundial, unha iniciativa lanzada por Kofi Annan en 1999, é un instrumento de libre adhesión, e obriga ás entidades e empresas que o asinan a avanzar nas suas actividades no principio marcado por dez principios, entre os que destacan a protección dos dereitos humanos, a erradicación do traballo infantil, a loita contra a discriminación laboral e a corrupción, ou o respecto ambiental.

Coa nosa adhesión ao mesmo non estamos dicindo que as Pemes teñan un comportamento pouco social, senón o contrario: a Peme por esencia e definición non se entende sen a sua implicación na contorna socio económica na que desenvolve a sua actividade. A gran maioría manteñen un comportamiento ético, pero o gran problema é que non existía ata agora unha vía para trasladar á sociedade esa realidade, para diferenciar á gran maioría de empresas comprometidas con esa minoría que pode saltarse as regras do xogo na busca dun menor custo.

Firma pacto mundial foto 01

Firma pacto mundial foto 02

Imaxes da firma de adhesión.