• Catro anos de Excelencia

    Tras catro años recoñecendo o labor que as pequenas e medianas empresas levan a cabo na Eurorrexión, ésta foi, sen dúbida,  a edición da consolidación destes Premios. En 2004, e ó abrigo dun proxecto transfronteirizo de maior calado (os premios eran só unha das moitas actividades que se contemplaban) nacían estes galardóns, cunha finalidade temporal que o éxito da I Edición revocou, convertíndose na única actividade daquel proxecto que continuou con entidade propia ao longo destes anos, ata hoxe.
    premios exelencia - autoridades
    Dende o comienzo, 54 foron xa as empresas que recibiron este recoñecemiento público, que as destacou dentro do panorama empresarial como pioneiras, emprendedoras, decididas, comprometidas, audaces… segundo os seus méritos estivesen ligados á innovación, á internacionalización, á responsabilidade social ou a creación de empresas, sen olvidar a aqueles empresarios que recibiron a Mención Especial destes premios, humanizando e personalizando mais aínda cada un dos actos de entrega.
      premios excelencia - premiados
    O Foro para a Excelencia Empresarial eFundación CEO, responsables da idea, apostaron dende o inicio para que cada edición superase á anterior, tanto en calidade como en cantidade; e que o respaldo obtido fose testimonio da crecente importancia que vai adquirindo esta convocatoria, como referente dos premios gallegos ás pequenas e medianas empresas.