Previsel

    • III Salón da prevención e seguridade laboral

Expourense acolleu os días 16 e 18 de maio de 2008 a terceira edición de Previsel, Salón de Prevención e Seguridade Laboral, un salón patrocinado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e donde estiveron representados todos os axentes sociais involucrados na prevención (entidades públicas e persoais, sindicatos e servizos de prevención axenos). O principal obxectivo deste salón foi a fomentala cultura da prevención entre empresarios e traballadores e dar a coñecer aos responsables de seguridade de empresas de toda Galicia.

A consolidación da cultura preventiva, o avance da calidade na prevención e o avance continuado da inversión en I D i son xa unha realidade. A prevención de riscos laborais forma parte da cultura de toda empresa, así como da formación dos seus traballadores, co traballo dos distintos axentes do sector.

   

A III Edicción de Previsel volveuse a convertir nunha boa oportunidade para que os profesionais dos distintos sectores puideran intercambiar experiencias.

Xornadas técnicas

Este salón da prevención y seguridade laboral, foi ademais un escaparate donde as empresas que precisan dun servizo de prevención tiveron a oportunidade de coñecer os últimos productos e servizos. Así, un año mais, Previsel volveu a contar cun completo programa de xornadas técnicas que abordou temas como as enfermidades profesionais e o papel que xoga cada un dos axentes implicados na prevención destas ou a promoción de hábitos saudables (enfocados a productos químicos, enfermidades derivadas da execución do traballo ou trastornos músculo-esqueléticos).

Como novidades este ano abordouse o tema do coaching aplicado ao sector da prevención de riscos laborais. O coaching é unha ferramenta de desenvolvemento de directivos que ten como obxectivo asesoralos e formalos para lograr o seu funcionamento excelente cómo xestores ou executivos.

 

Outra das novidades desta terceira edición de Previsel foi a presentación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, o ISSGA, un organismo autónomo integrado pola Administración Autonómica e por axentes sociais e empresariais e que organiza o seu labor ao redor de sete áreas de actuación: seguridade no traballo; hixiene industrial; ergonomía; psicosociología aplicada; formación, divulgación e documentación; medicina do traballo e epidemioloxía, e mais a realización de estudos.

As xornadas técnicas de Previsel atenderon ademais a un dos sectores con maior índice de siniestralidade laboral, a construción. Nesta edición o tema elixido foi a prevención nos traballos con amianto. Esta mesa estivo organizada pola Asociación de Construción de Ourense ACO, e nela colaboraron a Confederación de Empresarios de Ourense e a Delegación Provincial da Consellería de Traballo.

                        
  • Participación en PREVISEL, o 1º Salón da Prevención e Seguridade Laboral en Ourense, xunto coa CEO, cun stand propio no que o visitante podíase acercar ó labor que realizan ambas entidades na sua actividade diaria.

    Neste Salón combinouse a presencia de expositores profesionais con xornadas técnicas e obradoiros prácticos. Dentro das xornadas técnicas tratáronse temas como a prevención e a protección de explosivos, a cultura da prevención e as experiencias empresariais ou a prevención como meta e o compromiso dos axentes laborais neste sentido.

    Os obradoiros prácticos incidiron sobre aspectos técnicos concretos dentro do mundo da prevención como son os primeros auxilios, o comportamiento ante situacións de perigosidade, o ruído, a vixilancia da saúde, a ergonomía ou a seguridade industrial.

    A CEO e mais concretamente a Fundación CEO, atendendo aos fins de interese xeral que lle son propios como institución, participou cun obradoiro sobre equiparación laboral de persoal con discapacidade no que as diferentes entidades que traballan neste ámbito (ONCE, COGAMI, DOWN, FAXPG, Aixiña) e que colaboraron neste taller, mostraron diferentes ferramentas para a adaptación de postos de traballo de persoas discapacitadas e como se afronta a prevención nestes casos. Ademais no taller contouse durante os 3 días con servizo de catering a cargo do Centro Especial de emprego tutelado por AIXIÑA, para todos os participantes das diferentes actividades desenvoltas no stand da Fundación CEO. Tamén se contoou ca presenza dun coche adaptado para discapacitados.

    Paralelamente á realización dos diferentes  talleres,  no recinto feiral tivo lugar o I Congreso de Técnicos de Asociacións Empresariais socias de EuresTransfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, no que se diron cita socios de ambos países e no que se trataron os aspectos fiscais e en materia de Seguridade Social no ámbito transfronteirizo, a prevención de riscos e as diferentes normativas no devandito ámbito. Ademais, dentro deste congreso, incluíuse a proxección da película “La suerte dormida” da directora Ángeles González Sinde, sobre a prevención de riscos laborais no mundo da construcción e o documental “Solas en la tierra” do director José Antonio Quirós, sobre un accidente mineiro ocurrido en Asturias no 1995 no Pozo Nicolasa no que faleceron 14 persoas.

    Por outro lado, o sábado 1 de abril, tivo lugar unha xornada que levaba como título “Cultura preventiva para autónomos. Traballar en solitario e motivación persoal”, na que, por un lado, a Directora Técnica do Instituto para Mandos Intermedios, Cristina Parera Pascual, tratou temas como o esforzo persoal de dirixir unha empresa, como optimizar o traballo, etc, e, por outro lado,  o fisioterapeuta José Manuel Vázquez Álvarez impartiu unha charla na que mediante un estudo biomecánico e un diagnóstico a 2 voluntarios, foi facendo unha valoración dalgunhas das causas de baixas nos traballadores e que podrían preverse se existise unha cultura preventiva adecuada.