Publicacións e documentos

Guía para a innovación nas PEMES

Guia para la innovacion

Cada día con maior intensidade óese falar deste concepto, da capacidade que ten a empresa, sexa grande ou pequena, de introducir nas súas estratexias de xestión aspectos relacionados co ámbito, incluíndo consideracións ambientais, sociais e éticas, que contribúen a facela merecedora dese recoñecemento como responsable ante a sociedade.
Innovación significa invitar a reflexionar sobre as raíces mesmas da esencia do empresario, achegarse ao elemento fundamental do que todo o colectivo participa, consciente ou inconscientemente.

Inconscientemente todos participamos da innovación porque é un principio cunha forte presenza no impulso primitivo, que anima ás persoas con iniciativa a querer emprender.

Todo empresario, como axente activador dos recursos únicos que el mesmo crea, leva a cabo unha tarefa intrinsecamente innovadora, na que as carencias do mercado se substitúense por propostas concretas.

Esta guía da Innovación nas Pemes ten como obxectivo principal concienciar directivos e profesionais da enorme relevancia que leva consigo esa poderosa capacidade xeradora que posúen.

Deste xeito, queremos impedir que, como sucede ás veces cos procesos que forman parte das nosas mecánicas habituais, a creatividade poida perder o seu carácter prioritario.

Na coxuntura actual na que vivimos, as posibilidades tecnolóxicas están igualando a capacidade competitiva das empresas, e o próximo fenómeno industrial pode surxir dende calquera punto do mundo, incluídos, por suposto, Ourense e Galicia.

Para que as nosa firmas non perdan a oportunidade de situarse á vanguardia do progreso, só existe un camiño:

O que ven determinado polo talento, a investigación e a actualización continua dos coñecementos.

Estes son los alicerces que sustentan o novo modelo económico que queremos aplicar na nosa terra, e son tamén as liñas maestras que conducen o discurso da “Guía para a Innovación nas Pemes”.

Nesta guía, o lector vai a atopar unha explicación exhaustiva sobre as cuestións fundamentais que afectan á creatividade, familiarizándose coa cultura da I+D e atopando todas as respuestas que precisa.

Ao adentrarse nas suas páxinas descubrirá que innovar significa aplicar o talento, inventar, modificalo establecido para dar forma a unha realidade nova.

Ademáis, grazas ao espírito práctico e ameno que predomina na Guía, resulta moi fácil familiarizarse cos pasos que é necesario aplicar nos nosos  negocios, para integrar neles dinámicas de funcionamiento que den como resultado produtos singulares e diferenciados dos da competencia.

Asimesmo, o texto enriquécese con casos prácticos e cun completo directorio de institucións e organismos de apoio e servizo.

A través de devandito directorio, e dunha completa sección titulada  “Quen me pode axudar a innovar”, poderemos coñecer en profundidade as accións que están levando a cabo os actores máis importantes no campo en toda Galicia, e que beneficios poden extraer as empresas que interactúen con eles.

Algús dos seus representantes fixéronnos chegar diversas achegas e contidos que figurarán nos distintos apartados, engadindo deste xeito a sua visión particular sobre o asunto e completando o noso traballo.

O resultado é unha perspectiva integral do panorama da Innovación na nosa terra.

Na Guía destaca tamén a parte dedicada a algunhas das compañías premiadas na Categoría de Innovación dos Premios Transfronteirizos á Excelencia Empresarial, que organiza a Fundación CEO, nomes punteros dentro da I+D galega como son Abiasa, TLR Soft, Lambdastream o Edisa, por citar só uns cantos.

Guía da responsabilidade social corporativa para a PEME

portada

Co cometido de fomentar a Responsabilidade Social nas empresas, nace a Guía de Responsabilidade Social Corporativa na Peme, posta en marcha polo grupo de traballo creado pola Fundación CEO para tal fin. A Guía, que xorde como a primera iniciativa da Fundación tralo seu nacemento, desenvolve contidos destinados a facilitar o autodiagnóstico das pemes neste campo, e constitúe o primeiro paso para dotar ao tecido empresarial da provincia dunha ferramenta útil para a adopción de medidas responsables na xestión diaria das empresas.