Os libreiros contarán con 24 escritores para dinamizar a XXI edición da Feira do Libro Novo

IMG_6131_

O certame volta ó Paseo con 14 coloquios, presentación e sinatura de libros á desenvolver entre o 2 e o 7 de xuño

Ourense, 29 de maio de 2015. A trixésimo primeira edición da Feira do Libro Novo de Ourense abrirá as suas portas o próximo día 2 de xuño, e ata o día 7, coa presencia de doce casetas e con novedades con respecto ao ano pasado, xa que non haberá presencia de representantes portugueses, nin caseta outlet. Porén, a Deputación de Ourense contará cunha caseta na que presentará as suas publicacións, tanto as novedades, como todas as edicións dispoñibles do catálogo da institución. Ademáis, entre os libreiros participantes atópase unha librería de Vigo e Outra de Santiago, segundo afirmou onte na presentación Pilar Rodríguez, presidenta dos libreiros de Galicia.
Ademais de apuntar entre as novedades mais destacadas o cambio de emplazamento do certame, pois nesta edición volta a rua do Paseo no tramo ubicado nas inmediacións da Delegación de Defensa, a responsable da organización que agrupa ós libreiros galegos aproveitou a oportunidade para amosar “o mais vivo agradecemento á concellería de Cultura do concello de Ourense, polo trato dispensado e o apoio ofrecido. “Agora que temos a oportunidade de estar en eventos similares a iste en outras provincias galegas, dámonos conta de que en ningún sitio, nin de lonxe, existe un trato tan xeneroso cos libreiros como en Ourense”, afirmou con rotundidade Pilar Rodríguez, para engadir que “queremos que conste, para que se saiba, por iso é importante suliñalo”.
O presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense, José Manuel García Mosquera, pola sua parte, destacou que “como o ano pasado o acto de inauguración será traducido á linguaxe de signos”, grazas a colaboración da Federación de Persoas Sordas de Galicia, que tamén realizarán actividades durante a feira, como un contacontos en linguaxe de signos e un pequeño taller que permitirá coñecer un pouco mellor esta linguaxe, ao tempo que supón un apoio e reforzó ás actividades de fomento da lectura entre sectores minoritarios.

Durante os seis días de duración da feira realizaranse mais de 14 coloquios, presentación e sinaturas de libros, contando coa presenza de 24 escritores e personaxes do mundo do libro. Niste senso destaca a presentación dos premios de poesía “Cidade de Ourense” e o premio “Vicente Risco” de creación literaria. O pregón correrá a cargo do profesor, escritor e investigador ourensán Afonso Vázquez Monxardín.
Ao longo da feira os libreiros aplicarán un descontó do 10% na compra de libros. Todos os días haberá sorteo de lotes de libros e o sábado sortearase un lote de libros xunto cunha estancia para duas persoas nun balneario do grupo Caldaria. O obxectivo principal, segundo García Mosquera, é o de “fomentar a lectura entre os mais pequenos e os que non son tan pequenos”.
Pechou o acto Mercedes Gallego, xefa territorial de Cultura en Ourense, quen destacou os eventos e medidas destinadas pola Administración autonómica á promoción dos libros e da cultura, así como desexou éxito á iniciativa dos libreiros ourensáns no seu regreso á rua do Paseo.