“Adercou” xestiona axudas para proxectos públicos e privados destinados á potenciación e desenvolvemento do medio rural
“O rural ten posibilidades”, afirmou na CEO Beatriz Martínez, xerente de Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense), que agrupa a 17 concellos do entorno da cidade, incluido o de Ourense, durante unha xornada de promoción das “Líneas de axuda do Programa Leader 2014-2020”, organizada pola CEO e a propia Adercou. Engadiu que as iniciativas tratan de procurar “a revitalización do medio rural, afectado por unha profunda crise demográfica”.
O programa Leader 2014-2020 tén habilitadas axudas para proxectos que contribúan á potenciación do rural “a través da posta en marcha, creación, modernización ou ampliación de iniciativas empresariais nos concellos que forman parte do seu ámbito de actuación.
A xerente de Adercou aclarou que a aportación de diñeiro europeo está contemplada iniciativas públicas e tamén para outras de carácter privado, que foi ás que se referiu na sua intervención. Neste senso apuntou que un dos requisitos indispensables era que o investimento ten que ser feito dentro do territorio que abranguen os 17 concellos membros de Adercou, que son Amoeiro, Barbadás, Cartelle, Coles, Esgos, Gomesende, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Espadañedo.
A presentación estivo a cargo de Alejandro Cruz, vicepresidente da CEO, quen suliñou a necesidade de facer investimentos no medio rural para darlle vida e evitar a desertización demográfica que están sufrindo moitos pobos da provincia de Ourense. Apuntou que as axudas contempladas no programa Leader poden ser un estímulo para pór en marcha ideas empresariais vencelladas ó rural.