EMPRESAS DO RURAL ANTE OS NOVOS DESAFÍOS: INNOVACIÓN, DIXITALIZACIÓN E SOSTIBILIDADE PARA UN FUTURO COMPETITIVO
Presentamos Conecta Itinerante Rural, unha iniciativa da Oficina Conecta Ourense da Confederación Empresarial de Ourense, grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega de Innovación.

Que é CONECTA Rural Itinerante?
Esta iniciativa está deseñada para ofrecer ás empresas da contorna rural a oportunidade de acceder a servizos de asesoramento e apoio en áreas crave como a innovación, a dixitalización, a internacionalización e a sustentabilidade.
Os obxectivos da mesma son:
- Impulsar o crecemento empresarial e a innovación das pemes do rural.
- Fomentar o acceso a información, espazos de colaboración e asesoramento.
- Facilitar o acceso e aproveitamento de convocatorias públicas.
- Despois de identificar as áreas rurais estratéxicas, comezamos unha serie de visitas para poñer en marcha este proxecto, que tamén está aberto á solicitude por parte de axentes públicos e de calquera outra índole.
A próxima parada de Conecta Ourense Rural, está programada para a seguinte data:
📍 O Barco de Valdeorras 📅 7 de novembro 🕐 13:00 h. – Casa Grande de Viloira, Praza Ramón Otero Pedraio, 11, 32315 Viloira
Cal é a axenda de cada presentación?
- Descrición dos Servizos: exposición sobre como se ofrecerán servizos de asesoramento e apoio ás empresas do rural para facilitar o acceso ás convocatorias públicas.
- Próximas convocatorias de axudas: información sobre as futuras convocatorias para apoiar ás empresas na preparación dos seus proxectos.
- Taller de asesoramento conxunto: identificación de retos e exploración de solucións innovadoras adaptadas a cada empresa que poidan optar a axudas públicas.
- Asesoramento Individual: oportunidade para as empresas interesadas de recibir asesoramento personalizado.
- Viño-networking: espazo para intercambiar experiencias e establecer contactos.
Para resolver calquera dúbida, ou solicitar a programación dunha visita, contacte co equipo de Conecta Ourense da CEO:
📲 Chamando ao 988 391 110
📩 Escribe un email a conectaourense@ceo.es