O Barco, Allariz e Beade acollerán sesións informativas para presentar o mapa de axudas da Xunta

Iniciamos un Camiño de Futuro en Ourense colaborando coa Xunta de Galicia e os GDR provinciais (Grupo de Desenvolvemento Rural).
Camiño de Futuro son encontros informativos para trasladar ás empresas e autónomos todas as axudas públicas da Xunta na provincia ourensá e se desenvolverán en distintas localidades, para poder chegar de xeito máis directo e facer unha atención pormenorizada.
Estas xuntanzas informativas terán lugar neste mes de marzo, e os lugares nos que se convocan son O Barco de Valdeorras (luns 14), Allariz (mércores 16) e Beade (luns 21), todas elas ás 12 horas.
Nas distintas sesións participarán representantes dos organismos que dan a coñecer as súas axudas, como Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación ( GAIN), técnicos de IGAPE e GAIN, representantes dos GDR e xerentes de diferentes pemes galegas con experiencias en materia de innovación de éxito.
Se queres asistir para coñecer como se pode beneficiar a túa empresa deste mapa de axudas, podes inscribirte nas seguintes ligazóns, cumprimentando o formulario.
INSCRIPCIÓN O BARCO DE VALDEORRAS (14 DE MARZO)
INSCRIPCION ALLARIZ (16 DE MARZO)
INSCRIPCIÓN BEADE (21 DE MARZO)
A continuación podes tamén descargar o programa de cada encontro.