
Hoxe, como cada 28 de abril desde a Confederación Empresarial de Ourense celebramos coa OIT o Día Mundial para a Seguridade e a Saúde no Traballo.
Este ano baixo o lema Revolucionar a saúde e a seguridade: o papel da IA e a dixitalización no traballo
A dixitalización e a automatización están a transformar millóns de postos de traballo en todo o mundo, creando grandes oportunidades para mellorar a seguridade e a saúde no traballo.
A automatización e os sistemas de supervisión intelixentes poden reducir as exposicións perigosas, previr lesións e mellorar as condicións xerais de traballo. Con todo, estes avances tamén conlevan novos riscos potenciais que requiren respostas políticas proactivas e adaptables.