Desde Conecta Ourense, queremos informarlle da publicación no DOG nº 93 de hoxe, venres 16 de maio de 2025, da nova convocatoria de axudas do IGAPE dirixida a apoiar a proxección exterior das empresas galegas:
IG622A – GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2025
Tipo de procedemento: Concorrencia non competitiva (por orde de entrada)
Obxecto: apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais.
Beneficiarios:
- Pemes e autónomos con centro de traballo en Galicia e polo menos un traballador por conta allea.
- Startups certificadas por ENISA ou empresas con menos de 42 meses desde a súa constitución.
Intensidade da axuda:
- 70 % dos custos directos subvencionables
- 7 % de custos indirectos (cálculo automático)
Importes subvencionables:
- Gasto mínimo: 3.500 € (sen IVE)
- Gasto máximo: 150.000 € por empresa
Inicio do prazo de presentación: 26 de maio de 2025 ás 9:00 h
🔗 Acceso á resolución DOG IG622A – Galicia Exporta Empresas 2025
Con motivo desta publicación, convidámolo/a a participar na xornada formativa organizada por Conecta Ourense, coa colaboración do equipo técnico da Área de Internacionalización do IGAPE.
Será unha sesión práctica dirixida a explicar os requisitos clave da convocatoria, guiar ás empresas no proceso de solicitude e resolver dúbidas en directo. Ademais, as empresas asistentes poderán solicitar asesoramento individualizado para preparar e presentar correctamente a súa solicitude.
📅 Data: Martes 20 de maio de 2025
🕥 Hora: 10:30
📍 Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
💻 Formato: Sesión híbrida – presencial ou videconferencia
🔗 Formulario de inscrición: https://forms.gle/YGBdswwKUcDFyEqx5
Que tipo de accións poden ser subvencionadas?
✔️ Promoción internacional: Participación en feiras, eventos e misións comerciais (directas e inversas).
✔️ Márketing e comunicación internacional: Campañas para reforzar a imaxe da empresa en mercados exteriores.
✔️ Prospección de mercados: Estudos de competencia, benchmarking e boas prácticas.
✔️ Adaptación a mercados internacionais: Normativas, homologacións e requisitos técnicos.
✔️ Dixitalización: Tecnoloxías aplicadas á internacionalización.
Para máis información ou calquera aclaración, non dubide en contactar connosco:
📞 Teléfono: 988 391 110
📧 Correo electrónico: conectaourense@ceo.es
Agardamos contar coa súa participación nesta sesión clave para optimizar a internacionalización da súa empresa.